Gran Premio de Mónaco de 2024

O Gran Premio de Mónaco de 2024 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 26 de maio de 2024 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco.

Gran Premio de Mónaco de 2024
Detalles da carreira[1]
Carreira 8 de 24 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data26 de maio de 2024
Nome oficialFormula 1 Grand Prix de Monaco 2024
LocalizaciónCircuíto de Mónaco
La Condamine e Monte Carlo, Mónaco
PercorridoPercorrido permanente de carreira
3,337 km
Distancia78 voltas, 260,286 km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto Charles LeclercFerrari
Tempo1:10.270
Volta rápida
Piloto Lewis HamiltonMercedes
Tempo1:14.165 na volta 63
Podio
Primeiro Charles LeclercFerrari
SegundoAustralia Oscar PiastriMcLaren-Mercedes
TerceiroEspaña Carlos SainzFerrari

Antecedentes

O evento celebrouse durante a fin de semana do 24 ao 26 de maio no Circuíto de Mónaco no Principado de Mónaco por 70ª vez na historia do circuíto.[2] O Gran Premio foi a oitava proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a 81ª edición do Gran Premio de Mónaco.[3]

Clasificación do campionato antes da carreira

De cara á fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 161 puntos, 48 puntos por diante de Charles Leclerc segundo e 54 por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 267 puntos, lideraba o Campionato de Construtores por diante de Ferrari e McLaren, segundo e terceiro con 212 e 154 puntos, respectivamente.[4]

Pneus dispoñibles

Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (os tres máis brandos da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usaran no evento.[5]

Pneus dispoñibles para Mónaco
Pneus para pista secaPneus para chuvia
Duros (Tipo C3)
sans_cadre
Medios (Tipo C4)
Brandos (Tipo C5)
    
Intermedios
   
      Chuvia

Práctica

Celbráronse tres sesións de adestramentos libres para o evento.[1] A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 24 de maio de 2024, ás 13:30 hora local. (UTC+2),[1] e encabezouna Lewis Hamilton de Mercedes por diante de Oscar Piastri de McLaren e o compañeiro de equipo de Hamilton, George Russell. Sacouse unha breve bandeira vermella despois de que Guanyu Zhou de Sauber esparexese restos pola curva 1 logo de bater co muro.[6] A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local,[1] e encabezouna Charles Leclerc da Ferrari por diante de Hamilton de Mercedes e Fernando Alonso do Aston Martin.[7] Celebrouse a terceira sesión de adestramentos libres o 25 de maio de 2024, ás 12:30 hora local, liderouna Leclerc por diante de Max Verstappen de Red Bull Racing e Hamilton.[1]

Cualificación

A cualificación celebrouse o 25 de maio de 2024, ás 16:00 hora local (UTC+2).[1]

Clasificación da cualificación

Pos.PilotoConstrutorTempos cualificaciónGrella
Q1Q2Q3
116 Charles LeclercFerrari1:11.5841:10.8251:10.2701
281 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes1:11.5001:10.7561:10.4242
355 Carlos SainzFerrari1:11.5431:11.0751:10.5183
44 Lando NorrisMcLaren-Mercedes1:11.7601:10.7321:10.5424
563 George RussellMercedes1:11.4921:10.9291:10.5435
61 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT1:11.7111:10.7451:10.5676
744 Lewis HamiltonMercedes1:11.5281:11.0561:10.6217
822 Yuki TsunodaRB-Honda RBPT1:11.8521:11.1061:10.8588
923 Alexander AlbonWilliams-Mercedes1:11.6231:11.2161:10.9489
1010 Pierre GaslyAlpine-Renault1:11.7141:10.8961:11.31110
1131 Esteban OconAlpine-Renault1:11.8871:11.28511
123 Daniel RicciardoRB-Honda RBPT1:11.7851:11.48212
1318 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes1:11.7281:11.56313
1414 Fernando AlonsoAston Martin Aramco-Mercedes1:12.01914
152 Logan SargeantWilliams-Mercedes1:12.02015
1611 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT1:12.06016
1777 Valtteri BottasKick Sauber-Ferrari1:12.51217
1824 Guanyu ZhouKick Sauber-Ferrari1:13.02818
DSC27 Nico HülkenbergHaas-Ferrari1:11.8761:11.44019[8]
DSC20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari1:11.8321:11.72520[9]
107% tempo: 1:16.594
Fonte:[10][11]

Carreira

A carreira celebrouse o 26 de maio de 2024, ás 15:00 hora local (UTC+2), e disputouso sobre 78 voltas.[1]

Informe da carreira

Na primeira curva, Carlos Sainz tivo unha picada nunha roda e perdeu moitas posicións. O piloto español de Ferrari sufriu unha colisión cun dos McLaren e tivo que afastarse. Por detrás, no segundo sector, Sergio Pérez sufriu un grave accidente tras tocar co muro e levarse por diante a os dous Haas de Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen, que saían desde o pit lane, os tres tivéronse que retirar. O choque provocou importantes danos nas barreiras e unha gran cantidade de restos espallados polas primeiras curvas poloque a carreira víu unha bandeira vermella, ademais, cando os Alpine saían de Portier, Esteban Ocon pechouse no camiño de Pierre Gasly, lanzando o coche do primeiro cara arriba. Ocon, que admitiu a responsabilidade do incidente, retirouse durante o período de bandeira vermella. A carreira reiniciouse as 15:45. A dirección de carreira considerou que as posicións para a saída serian as mesmas que na saída. Aínda que os coches pasaran polo primeiro sector, esa primeira volta accidentada considerarase "nula", en canto a posicións.

Leclerc mantivo o liderado tras o reinicio para gañar unha carreira en procesión por diante de Piastri, Sainz e Norris, a súa primeira vitoria dende o Gran Premio de Austria de 2022. Leclerc converteuse no primeiro piloto monegasco desde Louis Chiron en 1931 en gañar o seu Gran Premio de casa, e o primeiro en gañalo desde o comezo da Fórmula 1 en 1950.

Clasificación da carreira

Pos.PilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
116 Charles LeclercFerrari782:23:15.554125
281 Oscar PiastriMcLaren-Mercedes78+7.152218
355 Carlos SainzFerrari78+7.585315
44 Lando NorrisMcLaren-Mercedes78+8.650412
563 George RussellMercedes78+13.309510
61 Max VerstappenRed Bull Racing-Honda RBPT78+13.85368
744 Lewis HamiltonMercedes78+14.90877[12]
822 Yuki TsunodaRB-Honda RBPT77+1 volta84
923 Alexander AlbonWilliams-Mercedes77+1 volta92
1010 Pierre GaslyAlpine-Renault77+1 volta101
1114 Fernando AlonsoAston Martin Aramco-Mercedes76+2 voltas14
123 Daniel RicciardoRB-Honda RBPT76+2 voltas12
1377 Valtteri BottasKick Sauber-Ferrari76+2 voltas17
1418 Lance StrollAston Martin Aramco-Mercedes76+2 voltas13
152 Logan SargeantWilliams-Mercedes76+2 voltas15
1624 Guanyu ZhouKick Sauber-Ferrari76+2 voltas18
Ret31 Esteban OconAlpine-Renault0Danos por colisión11
Ret11 Sergio PérezRed Bull Racing-Honda RBPT0Collision16
Ret27 Nico HülkenbergHaas-Ferrari0Colisión19
Ret20 Kevin MagnussenHaas-Ferrari0Colisión20
Volta rápida: Lewis Hamilton (Mercedes) – 1:14.165 (volta 63)
Fonte:[11][13][14][15]

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
Pos.ConstrutorPuntos
1 Red Bull Racing-Honda RBPT276
2 Ferrari252
3 McLaren-Mercedes184
4 Mercedes96
5 Aston Martin Aramco-Mercedes44
Fonte:[16]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Carreira anterior:
Gran Premio da Emilia-Romaña de 2024
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2024
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2024
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2023
Gran Premio de MónacoCarreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 2025