Henri Seyrig

arqueólogo e numismático francés


Henri Arnold Seyrig, nado o 10 de novembro de 1895 en Héricourt, Alto Saona, e finado o 21 de xaneiro de 1973 en Neuchâtel, Suíza, foi un arqueólogo e numismático francés.[1][2]

Infotaula de personaHenri Seyrig
Biografía
Nacemento(fr) Henri Arnold Seyrig Editar o valor em Wikidata
10 de novembro de 1895
Héricourt (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1973
Neuchâtel.
Suíza Suíza
Causa da mortedoenza Editar o valor em Wikidata
Director Escola do Louvre
1960 – 1962
← Edmond Sidet (en) TraducirJean Chatelain (pt) Traducir →
Director of the Museums of France (en) Traducir
1960 – 1962 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa.
Educación- Universidade de París.
- Escola Francesa de Atenas.
Coñecido por- Director da Escola do Louvre.
- Director do Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente.
- Director dos Museos de Francia.
Actividade
Campo de traballoArqueoloxía e numismática.
Ocupaciónarqueólogo , historiador , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresVictor Bérard Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHermine de Saussure
FillosDelphine Seyrig, Francis Seyrig (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesThéophile Seyrig (pt) Traducir (avó) Editar o valor em Wikidata
Premios
- (1952): Medalla Huntington (ANS).
- (1961): Medalla da RNS.

WikiTree: Seyrig-2

Foi membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, e é coñecido fundamentalmente por ter ocupado o posto de director xeral de Antigüidades de Siria e o Líbano no período de soberanía francesa, e posteriormente por ter creado o Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente, que dirixiu ata 1967, cando se xubilou.

Estivo casado con Hermine de Saussure (1901-1984), tataraneta de Horace Bénédict de Saussure.[3] A súa filla foi a actriz Delphine Seyrig e o seu fillo o compositor de música cinematográfica Francis Seyrig.[4]

Traxectoria

Henri Seyrig era membro dunha familia de industriais alsaciana e suíza que profesaba a fe calvinista; fillo de Abel Seyrig, garda forestal, e de Julia Lacroix. Aos seus tres anos, a familia instalouse en Mulhouse, onde recibiu a educación primaria e aprendeu alemán.[4]

No curso 1913-1914 estudou na Universidade de Oxford, mais tivo que deter os seus estudos por mor da súa participación na primeira guerra mundial na fronte de Verdún, que o fixo merecedor da Cruz de Guerra; posteriormente interveu tamén co exército francés de Oriente en Tesalónica.[4][5]

Logo do armisticio, Seyrig continuou os estudos clásicos e graduouse na Universidade Sorbona, e baixo a dirección de Victor Bérard con quen preparou unha memoria de licenciatura sobre a Casa Homérica. En 1922 acadou acreditación para impartir de gramática e linguas clásicas e tamén aprobou o ingreso nas Escola Francesa de Atenas, onde colleu amizade con Fernand Chapouthier. Os seguintes anos pasounos en Grecia, primeiro como científico (1922-1928) e posteriormente como secretario xeral desa institución (1928).[2][4][5]

A súa carreira sufriu un punto de inflexión en 1929, cando René Dussaud, o pai da arqueoloxía siria, o recomendou para o posto de director xeral de Antigüidades de Siria e do Líbano en Beirut, baixo mandato francés.[6] Seyring converteuse nun dos principais reorganziadores da investigación arqueolóxica en Siria, primeiro desde ese posto (1929-1941) e máis tarde como director do Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente -IFAPO- (1946-1960 e 1962-1967).[4][5]

Entre 1942 e 1945 foi agregado cultural da Francia libre nos Estados Unidos, e entre 1945 e 1965 foi profesor na Universidade de París.[2][5]

O seu labor como arqueólogo foi cada vez máis coñecido e o seu nome "ligouse ás grandes obras arqueolóxicas".[6] Así as cousas, foi nomeado como director dos Museos de Francia e da Escola do Louvre (1960-1962) por André Malraux, daquela ministro de Cultura.

Henri Seyrig mantivo contactos con numerosas figuras da cultura e da arte contemporáneas, como Henri Matisse, Fernand Léger, Joan Miró, Aimé Césaire, André Breton e, sinaladamente, Le Corbusier.

Ingresou na Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, en 1933 como membro correspondente e en 1952 como membro pleno,[7] e na Academia Británica en 1955, como membro correspondente.[8] Ademais, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade Yale.[2]

Seyrig chegou a conformar unha importante colección de selos de chumbo bizantinos, que agora se atopa no Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París. Algunhas antigüidades da súa posesión foron doadas ao Museo Louvre de París.[9]

Recoñecementos

Publicacións

Seyrig foi un autor prolífico de artigos nas revistas arqueolóxicas e numismáticas máis sobranceiras do seu tempo. Saliéntanse aquí algunhas das súas monografías máis relevantes:[12][13]

Monografías

  • (1938). Antiquités syriennes. P. Geuthner, París.
  • (1950). Notes in Syrian Coins. American Numismatic Society. Numismatic notes & monographs, 119.
  • (1968). Le temple de Bêl à Palmyre. P. Geuthner, París.
  • (1973). Trésors du Levant anciens et nouveaux. P. Geuthner, París.
  • (1985). Scripta varia. mélanges d'archéologie et d'histoire. P. Geuthner, París.
  • (1986). Scripta numismatica. P. Geuthner, París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía