Iván Pérez

futbolista español
(Redirección desde «Iván Pérez Maceira»)

Iván Pérez Maceira, nado o 11 de novembro de 1985 en Santiago de Compostela, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista no Somozas da Segunda División B.

Iván Pérez
Información persoal
NomeIván Pérez Maceira
Nacemento16 de novembro de 1985 (38 anos)
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Altura1,71 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualSomozas
Carreira xuvenil
Laracha
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2006–2009Deportivo B81(25)
2009–2011Deportivo20(0)
2010–2011Ponferradina (ces.)15(0)
2011–2012Montañeros23(2)
2012–2014Lugo49(3)
2015Compostela12(1)
2015–2016Panegialios6(0)
2016Talavera10(0)
2016−UD Somozas
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 8 de agosto de 2016editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Procedente do filial branquiazul, no verán de 2009 Iván Pérez ascende ao primeiro equipo e firma o seu primeiro contrato profesional. Durante a tempada 2010–11 xogou cedido na SD Ponferradina en Segunda División. Iniciada a tempada 2011–12 fichou polo Montañeros CF, despois de facer a pretempada co Deportivo e quedar sen ficha. Na temporada 2012-13 comezaría a adestrar co CD Lugo, aínda que sen contar con ficha no equipo. Tras probar sorte na Superliga danesa, no Randers, finalmente pasaría a formar parte do cadro de xogadores albivermello o 12 de decembro. Tras finalizar contrato en 2014 o Lugo decide non renovalo. Tras estar todo o ano restante sen equipo, asina no mercado de inverno de 2015 polo Compostela.

Clubs

ClubCategoríaAnoPXGoles
Deportivo BTerceira2006-20072813
Deportivo BSegunda B2007-2008154
Deportivo BSegunda B2008-2009388
DeportivoPrimeira2009-2010240
PonferradinaSegunda2010-2011150
MontañerosSegunda B2011-2012232
LugoSegunda2012-2013182
CompostelaSegunda B2015121
PanegialiosSegunda (Grecia)2015-201660
TalaveraSegunda B2016100

Véxase tamén

Ligazóns externas