Joaquín Losada Espinosa

relixioso galego

Xaquín Losada Espinosa, nado en Moldes (Boborás) o 28 de agosto de 1925[1] e finado en Salamanca o 11 de xaneiro de 2000,[2] foi un xesuíta galego.[3][4][5]

Infotaula de personaJoaquín Losada Espinosa
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1925 Editar o valor em Wikidata
Moldes, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , frade Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAntón Losada Diéguez Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuís Losada Espinosa e Antón Losada Espinosa Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1730874

Traxectoria

Pazo de Moldes.

Neto de Miguel Losada Losada, quinto fillo de Antón Losada Diéguez (cuarto da segunda muller, Mercedes Espinosa Cervela) e irmán máis vello de Luís Losada Espinosa,[6] en 1942 comezou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, carreira que abandonou o ano seguinte para ingresar na Compañía de Xesús. Estudou en Salamanca (clásicas), na Universidade Pontificia Comillas (filosofía e teoloxía), de volta na de Santiago (historia) e en Roma. Dirixiu o Colexio Maior da Pontificia Comillas, da que foi vicerreitor, e foi profesor na Complutense de Madrid.

Obra

Publicou máis dun cento de traballos de temas eclesiásticos,[7] entre eles:

  • Distintas imágenes de la Iglesia, 1983, ISBN 84-348-1206-1.
  • La Iglesia como sacramento de reconciliación, 1986.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía