José Manuel Traba López

futbolista galego

José Manuel Traba López, nado en Fisterra o 29 de setembro de 1957, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e é o segundo máximo goleador da historia do Deportivo da Coruña, con 108 goles.[1]

José Manuel Traba
Información persoal
NomeJosé Manuel Traba López
Nacemento29 de setembro de 1957
Lugar de nacementoFisterra
Altura1,79 m.
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
Santa Margarita SD
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1975Fabril
1975–1988Deportivo da Coruña276(93)
1977–1978Compostela (cedido)35(23)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Naceu en Fisterra e criouse con seus avós, pois seus pais emigraron aos Países Baixos.[2] Aos 14 anos foi estudar á Coruña, ao Colexio de Mestría Industrial. Xogou no equipo do colexio e logo pasou ao Santa Margarita SD, primeiro no equipo xuvenil e logo no primeiro equipo ao que chegou con só 16 anos.[3]

En xaneiro de 1975, con 17 anos, foi fichado polo Deportivo da Coruña, e asignado inicialmente ao Fabril.[4] Debutou co Deportivo na tempada 1975–76 en Segunda División. Fíxoo no Estadio de Balaídos nun derbi fronte ao Celta de Vigo. Tras dúas tempadas nas que apenas dispuxo de minutos foi cedido en 1977 ao Compostela, en Segunda División B. Co equipo santiagués anotou 23 goles en 35 partidos, rematando como máximo goleador da categoría, aínda que o equipo acabou descendendo.[5]

Volveu logo á Coruña, onde compartiu dianteira con Alfonso Castro primeiro e con José Luis Vara e Vicente Celeiro despois. Mantivo un gran rexistro goleador durante case todas as tempadas e converteuse no máximo goleador da historia do club. Aos 29 anos rompeu unha tibia, e aínda que volveu aos terreos de xogo, o seu rendemento non volveu ser o mesmo.[3] Retirouse ao remate da tempada 1987–88 tras 13 anos como xogador do Deportivo.

Selección española

Foi internacional coa selección española xuvenil, coa que disputou o Campionato Europeo de 1976 en Hungría, onde o combinado español chegou ata semifinais, caendo eliminados fronte á Unión Soviética. Logrou a medalla de bronce.[6]

Tras a retirada

Despois de deixar o fútbol dedicouse ao mundo da banca e logo ao da radio, traballando como comentarista deportivo na Radio Galega.[3][7]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas