Kenyanthropus platyops

especie de homínido extinto
(Redirección desde «Kenyanthropus»)

Kenyanthropus platyops
Rango fósil: Piacenziense (Plioceno tardío)

Réplica do cranio KNM-WT-4000, museo en Brno
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Orde:Primates
Familia:Hominidae
Tribo:Hominini
Xénero:''Kenyanthropus
Especie:'' K. platyops''
Nome binomial
Kenyanthropus platyops
Leakey M.G. et al., 2001[1]

Kenyanthropus platyops é o nome proposto para unha especie de homínido para a que se atopou un cranio fósil en 1999. O achado foi feito por un equipo dirixido por Meave Leakey e a súa filla Louise Leakey, en Kenya, nunha rexión semidesértica preto do lago Turkana. O fósil data duns 3,5 millóns de anos (Piacenziano, Plioceno). Ten características moi interesantes, xa que ten trazos faciais planos e delicados e dentes relativamente pequenos.

Os científicos propuxeron definir o xénero Kenyanthropus, xa que o cranio atopado mostra unha mestura equilibrada de trazos de Australopithecus e Homo, segundo os descubridores aseméllase a outro fósil KNM-ER 1470 atopado hai uns anos nesa rexión, clasificado como Homo rudolfensis, e cunha datación moito menor, uns 1,8 millóns de anos. Porén, dado que o espécime tipo, KNM-WT-4000,[2] está terribelmente distorsionado, algúns autores non o consideran un xénero ou especie válido e que podería tratarse simplemente dun exemplar de Australopithecus afarensis[3] ou debido á falta de máis evidencia para definir un novo xénero, ao mellor podería ser designado como Australopithecus platyops.[4]

Un estudo dos caracteres craniodentais dos homínidos determinou que "non hai un apoio convincente para a hipótese de que Kenyanthropus platyops mostre afinidades especialmente estreitas co Homo rudolfensis". Pola contra, K. platyops forma parte do mesmo clado, tanto con Australopithecus africanus como cos xéneros Paranthropus e Homo no seu conxunto. Se K. platyops é unha especie válida, estas relacións suxiren que tanto Paranthropus como Homo diverxeron doutros homínidos moito antes do que se supoñía anteriormente.[5]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos