Libra (constelación)

Libra ou Balanza[1] (símbolo , Unicode ♎), é a sétima constelación do zodíaco no firmamento. Bastante discreta, non ten estrelas de primeira magnitude, estando situada entre Virgo ó oeste e Scorpius ó leste, notablemente máis chamativas. Coma se evidencia polos nomes da súas estrelas máis brillantes, foi nalgún momento parte das pinzas do escorpión: así, Zubenelgenubi (α Librae) significa "pinza do sur" e Zubeneschamali (β Librae) "pinza do norte". Visualmente α e β son as travesas de equilibrio da balanza, mentres que γ e σ son os pratos.

Libra
Libra
Nome latinoLibra
AbreviaturaLib
XenitivoLibrae
SimboloxíaA Balanza
Ascensión recta15 h
Declinación−15°
Área538 graos cadrados

Rango 29º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

2
Estrela máis brillanteZubeneschamali (β Lib)

(magnitude ap. 2.6)

Choiva de meteoros
  • Líbridas de Maio
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +65° e −90°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xuño

Estrelas principais

Representación medieval de Libra
  • α Librae (Zubenelgenubi), estrela binaria cunhas compoñentes que se atopan separadas algo menos de 4 minutos de arco.
  • β Librae (Zubeneschamali), a máis brillante da constelación con magnitude 2,61 ha sido descrita frecuentemente como unha estrela verde. De tipo espectral B8V é unha estrela 130 veces máis luminosa co Sol.
  • γ Librae (Zubenelakrab), xigante amarela de magnitude 3,91.
  • ι Librae, denominación que engloba a dúas estrelas distintas: ι1 Librae, estrela múltiple de magnitude 4,54 a 376 anos luz, e ι2 Librae, estrela branca a 219 anos luz.
  • σ Librae (Brachium ou Zubenhakrabi), xigante vermella e variable semirregular, cun brillo que varía entre magnitude 3,2 e 3,46 nun período de 20 días.
  • υ Librae, xigante laranxa de magnitude 3,58.
  • 23 Librae, anana amarela cun planeta extrasolar.
  • Gliese 570 (HR 5568), sistema estelar triplo ó que acompaña unha distante anana marrón.
  • Gliese 581 (HO Librae), anana vermella ó seu redor descubríronse tres planetas extrasolares.

Obxectos Notables do espazo profundo

  • NGC 5897, cúmulo globular de magnitude 8,6 fácil de observar, con algo máis de 7 minutos de arco de diámetro. Atópase facilmente a pouco máis dun grao e medio ó sueste de ι Librae.
  • NGC 5898 e NGC 5903, dúas galaxias elípticas de magnitudes 11,4 e 11,2; localízanse ó leste de Brachium (σ Librae).
  • NGC 5728 galaxia espiral de magnitude 11,4 situada ó suroeste de Zubenelgenubi (α Librae).
  • NGC 5885, tamén unha galaxia espiral, de magnitude 11,8 e situada a 50 minutos de arco ó suroeste de Zubeneschamali (β Librae).

Mitoloxía

Libra, a Balanza.

A constelación, que orixinalmente formaba parte das pinzas de Escorpio, é a máis nova do zodíaco e a única que non representa un ser vivo. Na mitoloxía grega, esta constelación figura coma a balanza sostida por Hera, deusa do matrimonio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: