Marcus Morris

baloncestista estadounidense

Marcus Morris, nado o 2 de setembro de 1989 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA). Antes de ser profesional xogou na Universidade para os Kansas Jayhawks. É o irmán xemelgo de Markieff Morris, tamén xogador profesional.

Marcus Morris
Philadelphia 76ers – No. 5
PosiciónAla-pivote
Información persoal
Nacemento2 de setembro de 1989 (34 anos)
Filadelfia, Pensilvania
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial99 kg (218 lb)
Información da carreira
InstitutoPrep Charter
(Philadelphia, Pennsylvania)
APEX Academy
(Pennsauken, New Jersey)
UniversidadeKansas (2008–2011)
NBA Draft2011 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Houston Rockets
Carreiradende 2011
Historial de equipos
Houston Rockets (2011–2013)
→ Rio Grande Valley Vipers (2012)
Phoenix Suns (2013–2015)
Detroit Pistons (2015–2017)
Boston Celtics (2017–2019)
New York Knicks (2019–2020)
Los Angeles Clippers (2020–2023)
Philadelphia 76ers (2023–presente)

Traxectoria

O 23 de xuño de 2011, Morris foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Houston Rockets, unha posición por detrás do seu irmán Markieff Morris.

O 21 de febreiro de 2013, Morris foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2013, reuníndose así co seu irmán Markieff.[1]

O 9 de xullo de 2015, Morris foi traspasado xunto a Reggie Bullock e Danny Granger ós Detroit Pistons a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.[2]

O 7 de xullo de 2017, Morris foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Avery Bradley e unha elección da segunda rolda do Draft de 2019.[3]

O 16 de xullo de 2019, Morris asinou cos New York Knicks.[4]

O 6 de febreiro de 2020, os Knicks traspasaron a Morris ós Los Angeles Clippers nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Maurice Harkless ós Knicks, a Jerome Robinson ós Washington Wizards, e a Isaiah Thomas ós Clippers.[5]

O 1 de novembro de 2023, os Philadelphia 76ers adquiriron a Morris xunto a Nicolas Batum, Kenyon Martin Jr. e Robert Covington, a cambio de James Harden, P.J. Tucker e Filip Petrušev.[6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas