Meleagris

xénero de aves

Meleagris
Pavos

Rango fósil: Mioceno tardío - Holoceno
23 - 0 Ma [1]

Pavo común (Meleagris gallopavo)

Pavo ocelado (Meleagris ocellata)
Pavo ocelado (Meleagris ocellata)

Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Aves
Subclase:Neornithes
Infraclase:Neognathae
Superorde:Galloanserae
Orde:Galliformes
Familia:Meleagridinae
Xénero:Meleagris
Linnaeus, 1758
Xéneros
Véxase o texto

Meleagris é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos faisánidos e subfamilia dos meleagridinos.

O xénero inclúe tan só dúas especies que habitan en América,[2] o pavo común (Meleagris gallopavo), que é orixinario dos Estados Unidos e México, e o pavo ocelado, (Meleagris ocellata), que é endémico das selvas da península do Iucatán.[3][4][5][6]

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[7]

Etimoloxía

O nome científico do xénero, Meleagris, Linneo tirouno do grego antigo μελεαγρίς meleagrís, 'galiña de Guinea'.[8]

Especies

Na actualidade só se coñecen no xénero dúas especies actualmente viventes,[7][9] e outras dús extintas:

Características

Tanto o macho como a femia teñen a cabeza espida e unha plumaxe de cor cobriza, negra, castaña ou esbrancuxada, pero o macho posúe unhas excrecencias carnosas, chamadas carúnculas, que penduran da cabeza e o pescozo, e un destacado guecho de plumas colgando do peito. Miden até 1,17 m de longo, sendo as aves máis grandes dos bosques en que habitan e, como na maioría das moitas especies de galiformes, o macho é máis grande que a femia e con máis colorido. En estado salvaxe os machos de M. gallopavo pesan entre 8 e 10 kg e as femias entre 4 e 5 kg, pero os animais domesticados alcanzan pesos maiores (15 kg os machos), xa que a selección durante séculos e os diferentes procedementos de reprodución e alimentación tenderon a lograr un alto rendemento de carne para a alimentación humana.

Comportamento

Os pavos aliméntanse principalmente de landras, sementes e insectos. En estado silvestre viven en grupos de até 20 individuos en lugares achegados a árbores. Usualmente camiñan aínda que poden voar. Durante o cortexo o macho atrae a femia con sons e espónxase elevando as súas plumas e abrindo a cola en abano. A femia fecundada pon de 8 a 15 ovos nun niño oculto entre a vexetación, que logo incuba durante 25 ou 30 días até que saen os pitos, nidífugos, que, aínda que se alimentan pola súa conta, dependen da protección da nai.[13]

Rexistro fósil

Existen espécimes fósiles de meleagridinos do mioceno mioceno inferior dos Estados Unidos (hai aproximadamente 23 millóns de anos), como Rhegminornis,[14] e Proagriocharis (do mioceno superior-plioceno inferior).[15]

Relación co home

O pavo común salvaxe domesticouse por primeira vez en México hai xa máis de mil anos, e exportouse a Europa no século XVI. A comezos do século XX empezou a desaparecer, como especie silvestre, en gran parte dos Estados Unidos.

Actualmente a cría de pavos domésticos é unha industria a grande escala en Norteamérica e Europa. É ben coñecido o feito de que o pavo é o prato preferido para celebracións como o Nadal e o Día de Acción de Grazas nos Estados Unidos.[13]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
  • Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: