Museo de Belas Artes de Asturias

museo de Oviedo, Asturias

5°50′37″O / 43.3617, -5.84372

O Museo de Belas Artes de Asturias (en asturiano: Muséu de Belles Artes d'Asturies) é o museo de arte máis importante de Asturias, ocupando tres históricos edificios da cidade de Oviedo: o Palacio de Velarde, a Casa de Oviedo-Portal e a ampliación na Casa de Solís-Carbajal, nas rúas da Rúa e Santa Ana. Conta con obras de autores como Francisco de Goya, El Greco, Umberto Pettinicchio, Pablo Picasso, Carreño Miranda, José de Ribera, algúns retablos de pintura flamenga e italiana e artistas contemporáneos.

Museo de Belas Artes de Asturias
Museo de Belas Artes de Asturias.
PaísEspaña España
CidadeOviedo, Asturias Asturias
TipoMuseo de Arte
AdministradorPrincipado de Asturias
Concello de Oviedo
Construciónséculo XVII - XVIII
Inauguración19 de maio de 1980
Superficie45.000 m² (total)
12.000 m² (exposición)
Visitantes108 863 (2018)
Na rede
https://www.museobbaa.com/
Facebook: museobellasartesasturias Twitter: mbellasartesas Instagram: museobbaaasturias BNE: XX128252 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

Foi inaugurado o 19 de maio de 1980 a partir da colección de arte propiedade da antiga Deputación Provincial de Oviedo, agora dependente da Consellería de Cultura do Principado de Asturias, e está sufragado con fondos do Principado e do Concello de Oviedo.

O museo conta cunha colección integrada por case 15 000 obras, entre pintura (unhas 1 500), escultura, debuxo, gravado e artes industriais (unhas 4 000 pezas),[1] aínda que realmente dispón dunha exhibición permanente de 800.[2] Contén pinturas de artistas españois -salientando os asturianos- e estranxeiros (salientando a pintura italiana e flamenga), ademais de esculturas, fotografías e obxectos de vidro e louza. En 2017, a colección sumou 33 obras importantes doadas por Plácido Arango Arias.[3]

En 2015, e logo de oito anos de reformas interrompidas pola aparición de restos romanos e medievais, inaugurouse a ampliación do museo, que correu a cargo do arquitecto navarro Francisco Beloqui Mangado, e coa que duplicou a súa superficie (de 4 000 a case 8 000 metros cadrados).[1] Con isto, o museo consegue ter unha fachada cara a praza da Catedral de Oviedo. O acceso ó museo é de balde e conta ademais con exposicións de carácter temporal, ciclos de cinema e obradoiros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas