Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

Partido político

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG)
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderCamilo Nogueira
Historia
Fundación1984
Disolución1996
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo democrático
Federalismo
Nacionalismo galego
Socialdemocracia
Ecoloxismo
Pacifismo

Traxectoria

Celebrou o seu Congreso Constituínte o 24 de xuño de 1984 da fusión de Esquerda Galega e o Partido Socialista Galego, logo dun período de conversas que durou un ano. O seu principal dirixente foi Camilo Nogueira.

En 1993 formou con sectores galeguistas de centro unha nova Unidade Galega, e nas eleccións xerais e autonómicas de 1993 concorreu na coalición UG-EU, diante o fracaso electoral unha parte da organización confluíu con EU formando Esquerda Unida-Esquerda Galega e a outra integrouse no BNG como Unidade Galega. Ese mesmo ano o partido tiña un total de 1130 militantes en 67 agrupacións locais, a máis numerosa era a de Vigo con 160 militantes[1].

Adhesivo dos Colectivos de Xuventude do PSG-EG co lema "Mulleres pola paz". O partido tiña unhas fortes conviccións pacifistas.

Resultados electorais

ElecciónsVotos%Deputados/concelleirosAlcaldes
Eleccións municipais de 1983 en Galicia[a]28.9952,21%
48 / 4.033
2 / 312
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 198571.5995,71%
3 / 71
-
Eleccións xerais de 198645.5743,57%
0 / 350
-
Eleccións municipais de 1987 en Galicia57.0624,25%
60 / 4.040
1 / 312
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 198950.0473,79%
2 / 75
-
Eleccións xerais de 198934,.1312,59%
0 / 350
-
Eleccións municipais de 1991 en Galicia39.1162,83%
48 / 4.033
1 / 313
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993[b]44.9023,09%
0 / 75
-
Eleccións xerais de 1993[c]74.6054,75%
0 / 350
-

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

  • Izquierda de los Pueblos (1987)