Paul Thomas Anderson

director, guionista e produtor estadounidense

Paul Thomas Anderson, nado en Studio City, un barrio dos Ánxeles (California) o 26 de xuño de 1970 é un director, guionista e produtor estadounidense.

Infotaula de personaPaul Thomas Anderson

(2007) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Studio City, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVal de San Fernando
Los Angeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
Colexio Montclair Escola Preparatoria
The Buckley School (en) Traducir
Cushing Academy (en) Traducir
Campbell Hall School (en) Traducir
Emerson College (en) Traducir
Santa Monica College
John Thomas Dye School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , director de fotografía , produtor de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaMaya Rudolph (2001–) Editar o valor em Wikidata
FillosPearl Anderson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000759 Allocine: 35733 Rottentomatoes: celebrity/paul_thomas_anderson Allmovie: p231996 TCM: 351361
Musicbrainz: 03e4599b-6e99-41c4-bb54-94f5f96a9048 Discogs: 1938831 Allmusic: mn0001296008 WikiTree: Anderson-33610 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Paul Thomas Anderson naceu en 1970, fillo de Edwina Gough e Ernie Anderson.[1][2] Ernie foi actor de voz e presentador dun programa de terror en Cleveland titulado "Ghoulardi" (que logo daría nome á produtora de Paul Thomas Anderson).[1][2] Anderson creceu no Val de San Fernando.[3] Tivo unha relación complexa coa súa nai, máis estaba próximo ao seu pai, que o apoiou para converterse en guionista e director.[4] Estivo involucrado na creación de cinema e nunca tivo outro plan que ser director.[5] Fixo o seu primeiro filme con oito anos[6] e comezou a gravar vídeos coa cámara Betamax que o seu pai comprou en 1982. Comezou a escribir na adolescencia.

Escribiu e filmou a súa primeira produción real no instituto usando o diñeiro que gañou limpando gaiolas nunha tenda de animais.[7] O filme foi un falso documental de trinta minutos titulado The Dirk Diggler Story (1988), sobre un actor pornográfico inspirado en John Holmes, que foi tamén a inspiración para Boogie Nights.[4]

Anderson pasou dous semestres no Emerson College e dous días na Universidade de Nova York antes de comezar a súa carreira como axudante de produción en telefilmes, vídeos musicais e concursos.[8][9] Con algún diñeiro que gañara en apostas, a tarxeta de crédito da súa moza e 10 000 dólares que o seu pai gardara para a universidade decidiu facer un filme de vinte minutos que sería a súa "universidade".[8] O filme foi Cigarettes & Coffee (1993), que se viu no Festival de Sundance de 1993.

En 1996 realizou a súa primeira longametraxe, Sydney, retitulada como Hard Eight.[4] O filme foi exhibido na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes.[10][11]

O filme que lanzou a Anderson foi Boogie Nights (1997),[7][12] que tamén reviviu a carreira de Burt Reynolds[13][14] e deu os seus primeiros grandes papeis a Mark Wahlberg[15] e Julianne Moore.[16]

Tralo éxito de Boogie Nights, a produtora New Line dixo a Anderson que podía facer o que quixese no seu seguinte filme e deulle o control creativo.[4] A pesra de que inicialmente Anderson quixo facer un filme "pequeno e íntimo", o guión creceu e converteuse no filme coral Magnolia (1999).[17][18] A continuación decidiu que quería traballar con Adam Sandler nun filme de noventa minutos.[12][17] Foi a comedia romántica Punch-Drunk Love (2002), con Emily Watson.

There Will Be Blood (2007) estaba en parte baseado na novela Oil!, de Upton Sinclair[19] e valeulle a Daniel Day-Lewis o Oscar ao mellor actor.[20] The Master (2012) trata sobre un "intelectual carismático" que comeza unha nova relixión na década de 1950.[21] Aínda que o filme non fai ningunha referencia, está "amplamente asumido que está baseado na Ciencioloxía."[22] O seguinte traballo foi Puro vicio (2014), baseada na novela de Thomas Pynchon.

Filmografía

Longametraxes

AnoFilmeAcreditado comoRotten Tomatoes[23]Metacritic[24]
DirectorGuionistaProdutor
1996Hard Eight (tamén coñecida como Sydney)  Si  Si83%78
1997Boogie Nights  Si  Si  Si92%85
1999Magnolia  Si  Si  Si84%77
2002Punch-Drunk Love  Si  Si  Si79%78
2007There Will Be Blood  Si  Si  Si91%92
2012The Master  Si  Si  Si85%86
2014Puro vicio  Si  Si  Si72%81
2017Phantom Thread  Si  Si  Si
Media84%82

Documentais

  • Junun (2015)

Curtametraxes

  • The Dirk Diggler Story (1988)
  • Cigarettes & Coffee (1993)
  • Flagpole Special (1998)
  • Couch (2002)

Vídeos musicais

  • "Try" by Michael Penn (1997)
  • "Across the Universe" by Fiona Apple (1998)
  • "Fast as You Can" by Fiona Apple (1999)
  • "Save Me" by Aimee Mann (1999)
  • "Limp" by Fiona Apple (2000)
  • "Paper Bag" by Fiona Apple (2000)
  • "Here We Go" by Jon Brion (2002)
  • "Hot Knife" by Fiona Apple (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: