Presión

forza aplicada sobre unha superficie

Presión é a propiedade física que corresponde á forza aplicada sobre unha superficie (real ou imaxinaria).

Máis formalmente, a presión é a medida da compoñente normal da forza que actúa sobre unha superficie (área):

ou

onde:

  • p é a presión
  • F é a compoñente normal da forza.
  • A é a área

Aínda que a forza sexa unha magnitude vectorial, a presión é unha cantidade escalar, isto é, non ten dirección.A unidade no SI para medir a presión é o pascal (Pa), equivalente a unha forza de 1 newton por unha área de 1 metro cadrado (N/m2). A presión exercida pola atmosfera ao nivel do mar corresponde a 101 325 Pa, e ese valor é normalmente asociado a unha unidade chamada atmosfera patrón.

A presión relativa defínese como a diferenza entre a presión absoluta e a presión atmosférica. O aparello destinado a medir a presión relativa é o manómetro. A presión atmosférica mídese cun barómetro.

Para informacións sobre a presión interna exercida polo sangue no organismo humano, vexa presión arterial.

Outras unidades

Baria é a unidade de presión no sistema CGS e vale unha dyna/cm2

Bar é un múltiplo da Baria : 1 bar = 106 barias

Psi (pound per square inch), libra por polgada cadrada, é a unidade de presión no sistema inglés/americano

A táboa presenta os valores para a transformacións das unidades;

explo: 1 atm = 1,013.10+5  Pa

 AtmosferaPascalBariaBarmilibarmm Hgm H2Okgf/cm2
Atmosfera11,013.10+51,013.10+61,0131013   760,010,331,033
Pascal9,869.10-611010-50,017,501.10-31,020.10-41,019.10-5
Baria9,869.10-70,1110-60,0017,501.10-41,020.10-51,020.10-2
Bar0,9869100000100000011000750,110,201,020.10+4
milibar9,869.10-410010000,00110,75011,020.10-210,20
mm Hg1,316.10-3133,313331,333.10-31,33311,360.10-213,60
m H2O9,678.10-298079,807.10+49,807.10-298,0673,5610,100
kgf/cm20,9689,810.10-49,810.10+50,9810981,0735,810,001

Propiedades da presión nun medio fluído

  1. A presión nun punto dun fluído en repouso é igual en todas as direccións (principio de Pascal).
  2. A presión en todos os puntos situados nun mesmo plano horizontal dun fluído en repouso (e situado nun campo gravitatorio constante) é a mesma.
  3. Nun fluído en repouso a forza de contacto que exerce no interior do fluído unha parte deste sobre a outra é normal á superficie de contacto (Corolario: nun fluído en repouso a forza de contacto que exerce o fluído sobre a superficie sólida que o contén é normal a esta).
  4. A forza asociada á presión nun fluído ordinario en repouso diríxese sempre cara ao exterior do fluído, polo que debido ao principio de acción reacción, resulta nunha compresión para o fluído, xamais unha tracción.
  5. A superficie libre dun líquido en repouso (e situado nun campo gravitatorio constante) é sempre horizontal. Iso é certo só na superficie da Terra e a simple vista, debido á acción da gravidade non é constante. Se non hai accións gravitatorias, a superficie dun fluído é esférica e, polo tanto, non horizontal.
  6. Nos fluídos en repouso, un punto calquera dunha masa líquida está sometida a unha presión que é función unicamente da profundidade á que se encontra o punto. Outro punto á mesma profundidade, terá a mesma presión. Á superficie imaxinaria que pasa por ambos puntos denomínase superficie equipotencial de presión ou superficie isobárica.
🔥 Top keywords: