Saltar ao contido

Privilexio do branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O privilexio do branco (en francés, privilège du blanc; en italiano, privilegio del bianco) é concedido a certas raíñas católicas e consortes de monarcas católicos. Mediante este privilexio, poden vestir de branco nunha audiencia co Papa, mentres que para as demais mulleres é obrigatorio vestiren de negro.

Historiaeditar a fonte

Este privilexio trátase dunha concesión ás raíñas e consortes católicas como símbolo de agradecemento ás casas reais que se mantiveron fieis á Igrexa católica cando outros reinos se converteron ás igrexas protestantes.[1]

O protocolo formal vaticano para as audiencias papais esixía que as mulleres utilizasen vestido negro de manga longa sen escote, saia por baixo do xeonllo e mantela. Aos homes esixíaselles frac, con chaleco e bolboreta de piqué brancos. Tamén están permitidos os traxes típicos do propio país.[2]

Desde os anos 80 os códigos da etiqueta vaticana convertéronse en opcionais.[3] Así, diversos invitados, diplomáticos e xefes de Estado optaron polo traxe de gravata na misa de inauguración de Bieito XVI en 2005.

Usoeditar a fonte

Actualmente poden vestir de branco:

As raíñas de España son as únicas que o poden combinar cunha peita.

Só teñen o “privilexio do branco” as raíñas ou consortes de catro monarquías católicas:

Non teñen este privilexio outras monarquías católicas, como María Kinsky de Wchinitz e Tettau, de Liechtenstein ou Masenate Mohato Seeiso, de Lesoto, nin as monarquías anglicanas ou luteranas, como Reino Unido, Noruega, Suecia ou Dinamarca. Tampouco ten dito privilexio a raíña consorte Máxima dos Países Baixos, malia non renunciar ao catolicismo ao contraer matrimonio.

Tamén posúe este dereito a Princesa de Nápoles, como consorte do pretendente ao trono de Italia e princesa da Casa de Savoia. As princesas de Italia, malia non seren raíñas, tamén fixeron uso deste privilexio.[4]

Nos últimos anos, O Vaticano non é tan estrito co protocolo da indumentaria. De feito, Cherie Blair, a esposa de Tony Blair, exprimeiro ministro do Reino Unido e católico converso, acudiu vestida de branco á audiencia papal.[5]

Lista de ocasións de usoeditar a fonte

O privilexio do branco non é usado en todos os casos, só nas seguintes ocasións, as máis sinaladas no Vaticano.

DataRaíña/Princesa/DignatariaPapaNotas
14 de outubro de 2018Raíña Sofía de EspañaFranciscoCanonización de Paulo VI
4 de setembro de 2016Raíña Sofía de EspañaFranciscoCanonización de Santa Tareixa de Calcuta
21 de marzo de 2016Gran Duquesa María Tareixa de LuxemburgoFranciscoAudiencia privada
18 de xaneiro de 2016Princesa Charlene de MónacoFranciscoVisita de Estado ao Vaticano
9 de marzo de 2015Raíña Matilde de BélxicaFranciscoAudiencia privada
30 de xuño de 2014Raíña Letizia de EspañaFranciscoAudiencia privada
27 de abril de 2014Raíña Sofía de EspañaFranciscoCanonización de Xoán XXIII e Xoán Paulo II
27 de abril de 2014Raíña Paola de BélxicaFranciscoCanonización de Xoán XXIII e Xoán Paulo II
27 de abril de 2014Gran Duquesa María Teresa de LuxemburgoFranciscoCanonización de Xoán XXIII e Xoán Paulo II
19 de marzo de 2013Raíña Paola de BélxicaFranciscoMisa Inaugural do papa Francisco
19 de marzo de 2013Gran Duquesa María Teresa de LuxemburgoFranciscoMisa Inaugural do papa Francisco
12 de xaneiro de 2013Princesa Charlene de MónacoBieito XVIAudiencia privada
1 de maio de 2011Gran Duquesa María Teresa de LuxemburgoBieito XVIBeatificación do papa Xoán Paulo II
1 de maio de 2011Raíña Paola de BélxicaBieito XVIBeatificación do papa Xoán Paulo II
10 de outubro de 2009Raíña Paola de BélxicaBieito XVI[6][7]Audiencia privada
8 de maio de 2006Gran Duquesa María Teresa de LuxemburgoBieito XVIAudiencia privada[6][7]
24 de abril de 2005Raíña Sofía de EspañaBieito XVIMisa Inaugural do papa Bieito XVI[6][7]
24 de abril de 2005Gran Duquesa María Teresa de LuxemburgoBieito XVIMisa Inaugural do papa Bieito XVI[6][7]
3 de outubro de 2004Raíña Fabiola de BélxicaXoán Paulo IIBeatificación de Carlos I de Austria e IV de Hungría
18 de maio de 2003Princesa Mariña de NápolesXoán Paulo IIAniversario do papa Xoán Paulo II
23 de marzo de 2003Gran Duquesa María Teresa de LuxemburgoXoán Paulo IIAudiencia privada[8]
15 de maio de 1998Raíña Paola de BélxicaXoán Paulo IIAudiencia privada[6]
30 de abril de 1981Raíña Sofía de EspañaXoán Paulo IIAudiencia privada[7]
22 de outubro de 1978Gran Duquesa Xosefina Carlota de LuxemburgoXoán Paulo IIMisa Inaugural do papa Xoán Paulo II[7]
22 de outubro de 1978Raíña Sofía de EspañaXoán Paulo IIMisa Inaugural do papa Xoán Paulo II[7]
3 de setembro de 1978Raíña Fabiola de BélxicaXoán Paulo IMisa Inaugural do papa Xoán Paulo I[7]
3 de setembro de 1978Gran Duquesa Josefina Carlota de LuxemburgoXoán Paulo IMisa Inaugural do papa Xoán Paulo I[7]
3 de setembro de 1978Raíña Sofía de EspañaXoán Paulo IMisa Inaugural do papa Xoán Paulo I[7]
10 de febreiro de 1977Raíña Sofía de EspañaPaulo VIAudiencia privada[7]
6 de maio de 1965Gran Duquesa Xosefina Carlota de LuxemburgoPaulo VIAudiencia privada
9 de xuño de 1961Raíña Fabiola de BélxicaXoán XXIIIAudiencia privada[7]
27 de decembro de 1939Raíña Helena de ItaliaPío XIIRecepción no Palacio do Quirinale
27 de decembro de 1939Princesa María Xosé do PiamontePío XIIRecepción no Palacio do Quirinale
23 de xaneiro de 1939Princesa María de SavoiaPío XIAudiencia privada despois do matrimonio
8 de xaneiro de 1930Princesa María Xosé do PiamontePío XIAudiencia privada despis do matrimonio
28 de decembro de 1929Princesa María Adelaida de SavoiaPío XIAudiencia privada [9]
7 de decembro de 1929Princesa Xoana de SavoiaPío XI[10]Audiencia privada
7 de decembro de 1929Princesa María de SavoiaPío XIAudiencia privada[10]
5 de decembro de 1929Raíña Helena de ItaliaPío XIAudiencia privada[7]
7 de xuño de 1929Raíña Helena de ItaliaPío XIAudiencia privada
19 de novembro de 1923Raíña Vitoria Uxía de BattenbergPío XIAudiencia privada

Notaseditar a fonte

🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial