Rol de xénero

comportamentos e actitudes sociais que se consideran aceptables, axeitados ou desexables para cada xénero

Os roles de xénero son crenzas, ideas preconcibidas e prexuízos que foron construídos e pasaron culturalmente en sociedades ó longo do tempo, e que reparten os atributos das persoas entre homes e mulleres, limitando as súas respectivas expectativas de vida e posibilidades de desenvolvemento persoal.[1]

Nenas que xogan con bonecas e os nenos con coches.

A socioloxía estuda os roles sociais de xénero no comportamento de homes e mulleres, así como as importantes diferenzas que existen na división de roles entre ambos sexos, que dependen de cada sociedade, cultura, lugar e tempo determinados. Están moi presentes na nosa sociedade: nos medios de comunicación, na publicidade, na linguaxe, na asignación de responsabilidades e obrigas no eido familiar e no desenvolvemento das relacións emocionais. Por exemplo, no mundo occidental, un dos roles asignados tradicionalmente a homes é o de ser responsable das actividades produtivas e as actividades de representación política, mentres que un dos roles asignados tradicionalmente para as mulleres é a de ser responsable das relacións afectivas e coidar da familia e das persoas dependentes.[1]

Na década de 1970 comezouse a falar do xénero dunha persoa referido á construción dos diferentes roles que a sociedade asocia ó sexo, macho ou femia, home ou muller, basicamente substituíndo a verba sexo por xénero, o cal asumía implicitamente que muller equivalía a feminidade e home a masculinidade. A partir dos anos 90, o posmodernismo fixo que este xeito de entender a sexualidade e a sociedade, dual cos conceptos masculino e feminino, era case sempre propio dunha sociedade androcéntrica e patriarcal, que ademais consideraba inferior o feminino. En troques, outros modelos consideran que ningunha persoa é soamente feminina ou masculina e que estes conceptos son "construcións teóricas de contido incerto" e poñen en cuestión os diferentes roles de xénero, atribuíndolles só funcións limitantes, condicionantes e reducionistas na construción da propia identidade e da liberdade persoal.[2][3][4]

Notas

🔥 Top keywords: