RuPaul's Drag Race

programa de televisión dos Estados Unidos de América

RuPaul's Drag Race é un programa de televisión de telerrealidade estadounidense, o primeiro da franquía Drag Race, producido pola compañía World of Wonder para Logo TV, e a partir da 2017 para VH1. Está presentado por RuPaul e o seu obxectivo é dar coa "próxima superestrela drag dos Estados Unidos".[1] RuPaul ten o papel de anfitrioa, mentora e líder do xurado do programa, posto que as concursantes teñen que superan diferentes retos cada semana. O xurado componse, ademais, de Michelle Visage e varios convidados que critican e analizan o progreso das concursantes ao longo da competición. Até xaneiro de 2022, houbo 14 edicións e 14 gañadores do programa: BeBe Zahara Benet, Tyra Sanchez, Raja, Sharon Needles, Jinkx Monsoon, Bianca Del Rio, Violet Chachki, Bob the Drag Queen, Sasha Velour, Aquaria, Yvie Oddly, Jaida Essence Hall, Symone, e Willow Pil.

RuPaul's Drag Race
FormatoReality de televisión
Duración42-60 minutos
Producido porMichelle Visage e John Polly
Presentado porRuPaul
Localización(s)Estados Unidos de América
CadeaLogo TV (2009-2016)
VH1 (2017-actualidade)
Día da estrea2 de febreiro de 2009
Última emisiónactualidade
Nº de temporadas14
Nº de episodios191

Na rede
http://www.logotv.com/shows/rupauls-drag-race e https://www.mtv.com/shows/rupauls-drag-race
IMDB: tt1353056 Facebook: rupaulsdragrace Twitter: RuPaulsDragRace Instagram: rupaulsdragrace Youtube: UC0sEIyXXalzD1lbwm3D2xpA TikTok: rupaulsdragrace Netlix: 70187741Editar o valor em Wikidata

RuPaul's Drag Race abrangue 13 tempadas e inspirou os derivados RuPaul's Drag U, RuPaul's Drag Race All Stars e RuPaul's Secret Celebrity Drag Race. O programa converteuse no mellor valorado da programación de Logo TV,[2] e emítese de xeito internacional no Reino Unido, en Australia, no Canadá, nos Países Baixos e en Israel. Entre 2016 e 2020, RuPaul gañou cinco Premios Emmy consecutivos na categoría de Presentador Sobresaínte dun programa de telerrealidade. O propio programa levou o Premio Emy Primetime na categoría de Programa Sobresaínte de Telerrealidade nos anos 2018, 2019 e 2020, así como o Premio 21st GLAAD Media. Tamén foi candidato nos Premios da Crítica Televisiva nas categorías de Mellor Serie de Telerrealidade e Mellor Presentación de Programa de Telerrealidade, e nos Premios Emmy Creative Arts nas categorías de Maquillaxe. En 2018, o programa converteuse no primeiro en gañar á vez o Premio Emmy ao Mellor Presentador e Mellor Programa de Telerrealidade, fito que repetiu dende entón.[3][4][5] A décimo terceira tempada estreouse o 1 de xaneiro de 2021.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas