Shadow Racing Cars

[1] / [2] Shadow
Shadow Racing Cars logo.jpg
Nome completoShadow Racing Cars Inc.
Bandeira, Estados Unidos de América Estados Unidos
Baseada enNorthampton, Reino Unido
Tempadas en activo8 (1973-1980)
Número de pilotosFrancia Jean-Pierre Jarier
Australia Alan Jones
Tom Pryce
Peter Revson
DebutGran Premio de Suráfrica de 1973
Carreiras112
Campionatos de Construtores0
Campionatos de Pilotos0
Vitorias1
Pole positions3
Voltas Rápidas2
Puntos totais
Derradeiro GPGran Premio de Francia de 1980

Shadow Racing Cars foi un equipo de Fórmula 1, fundado e baseado inicialmente nos Estados Unidos aínda que posteriormente trasladouse a Reino Unido. O equipo foi titular dunha licenza estadounidense desde 1973 a 1975 e dunha licenza británica desde 1976 ata 1980, converténdose así no primeiro construtor en cambiar oficialmente a súa nacionalidade. A súa única vitoria en F1 logrouna como equipo británico.[3]

Historia

1971-1972 : Os primeiros anos da serie CanAm

A compañía foi fundada por Don Nichols en 1971 como Advanced Vehicle Systems, os coches foron chamados Shadows (sombras), deseñados por Trevor Harris participaron baixo o nome de Shadow Racing Inc. O primeiro Shadow, o Mk I, foi presentado nas CanAm series con George Follmer e Vic Elford como pilotos. O Mk.1 contou cun deseño innovador, con rodas moi pequenas de fricción baixa, aínda que o coche era rápido, non era o coche máis fiable na pista.

O equipo fíxose máis competitivo o ano seguinte, susbtituíron o coche de Harris por un deseño de Peter Bryant, foi o Ti22 "coche de titanio" debido algúns elementos do coche, con Jackie Oliver terminou oitavo no campionato CanAm. O equipo tamén atopou algo de apoio financeiro na Universal Oil Products (UOP).

Shadow chegou a dominar a serie de 1974, aínda que a estas alturas estaban competindo en gran medida contra os privados, os equipos oficialesde McLaren e Porsche abandonaran a serie.

1973-1974 : Comezo na Fórmula Un

O Hill Shadow DN1 de 1973 nunha demostración no Goodwood Festival of Speed de 2008.

Cara ao final de 1972, Nichols anunciou que entraría co seu equipo na Fórmula 1 co patrocinio de UOP e os coches deseñados por, Tony Southgate, quen deseñara o BRM que deu a Jean-Pierre Beltoise a vitoria no Gran Premio de Mónaco do ano anterior.

O equipo debutou na Fórmula Un no Gran Premio de Suráfrica de 1973 co chasis Shadow DN1. Estaban dispoñibles dous coches para os pilotos Jackie Oliver e George Follmer, así como un para o equipo privado de Graham Hill que pilotaba o seu coche baixo o nome Embassy Hill.

Para a tempada 1974, o equipo contratou a dous dos pilotos máis prometedores do momento, o americano Peter Revson e o francés Jean-Pierre Jarier. Durante unha práctica para o Gran Premio de Suráfrica, Revson morreu por un fallo na suspensión do seu DN3. Foi substituído por Tom Pryce.

1975-1977: Máximo éxito

DN7 con motor Matra pilotado por Jean-Pierre Jarier un feito illado durante o Gran Premio de Austria de 1975.
O DN9 foi copiado por Arrows antes de que unha orde xudicial prohibira a Arrows correr coa súa versión, o FA/1.

O novo DN5 pilotado por Jean-Pierre Jarier logrou a pole position nos dous primeiros Grandes Premios da tempada 1975 pero sufriu un fallo mecánico en ambas carreiras. O Shadow DN5 e a maioría dos coches de Fórmula 1 usaban motores Ford Cosworth DFV, que producían ao redor de 490 bhp. Pero, en 1975 Jarier pilotou outro coche, o DN7, e estaba equipado cun Matra V12 que producía ao redor de 550 bhp. A distancia entre eixes alargouse considerablemente para acomodar o motor francés moito máis grande e máis caro, aínda que debido a cuestións presupuestarias, o motor Matra do DN7 foi condenado a ser un feito illado. O novo compañeiro de equipo de Jarier, Tom Pryce, mostrou o seu talento ao gañar a carreira non de campionato, a Carreira de Campións ese mesmo ano. Pero Pryce, morreu nun estraño accidente que implicou un comisario no Gran Premio de Suráfrica de 1977.

O equipo substituíu a Pryce por Alan Jones, que só gañou un Gran Premio co equipo o Gran Premio de Austria do mesmo ano.

1978-1980: Declive

Logo da tempada 1977 Shadow entrou nun forte declive. Alan Jones abandonou para unirse a Williams en 1978. Nese mesmo período, a maioría do seu persoal e o seu patrocinador Franco Ambrosio abandonaron para formar o seu propio equipo, Arrows, fichando ao talentoso mozo Riccardo Patrese. Malia o patrocinio da tabaqueira Villiger e a fichaxe dos experimentados pilotos Clay Regazzoni e Hans Stuck para a tempada de 1978, os resultados foron pobres. En 1980 foron absorbidos por Theodore Racing, pero o primeiro chasis Shadow con efecto terra era desesperadamente non competitivo, só cualificou unha vez un coche en sete carreiras. O patrocinador abandonou e logo da sétima das 14 carreiras da tempada o equipo Shadow desapareceu.

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoChasisMotorPneu.Pilotos1234567891011121314151617PuntosPos
1973Shadow DN1Ford V8GARXBRARSAESPBELMONSWEFRAGBRNEDALEAUTITACANUSA9
Jackie OliverRetRetRet10RetRetRetRet8Ret11315
George Follmer63RetNTS14RetRet10RetRet101714
Brian RedmanDSC
1974Shadow DN1
Shadow DN3
Ford V8GARXBRARSAESPBELMONSWENEDFRAGBRALEAUTITACANUSA7
Peter RevsonRetRetDNP
Brian Redman718Ret
Bertil RoosRet
Tom PryceRetRet86Ret10RetNC
Jean-Pierre JarierRetRetDNPNC1335Ret12Ret88RetRet10
1975Shadow DN3
Shadow DN5
Shadow DN7
Ford V8
Matra V12
GARXBRARSAESPMONBELSWENEDFRAGBRALEAUTITAUSA9´5
Tom Pryce12Ret9RetRet6Ret6RetRet436NC
Jean-Pierre JarierNTSRetRet4RetRetRetRet814RetRetRetRet
1976Shadow DN5
Shadow DN5B
Shadow DN8
Ford V8GBRARSAUSWESPBELMONSWEFRAGBRALEAUTNEDITACANUSAXPN10
Tom Pryce37Ret81079848Ret4811RetRet
Jean-Pierre JarierRetRet7Ret981212911Ret1019181010
1977Shadow DN5B
Shadow DN8
Ford V8GARXBRARSAUSWESPMONBELSWEFRAGBRALEAUTNEDITAUSACANXPN23
Tom PryceNCRetRet
Alan JonesRetRet6517Ret7Ret1Ret3Ret44
Renzo ZorziRet6RetRetRet
Riccardo Patrese9RetRetRet1013Ret106
Jackie Oliver9
Arturo MerzarioRet
Jean-Pierre Jarier9
1978Shadow DN8
Snadow DN9
Ford V8GARXBRARSAUSWMONBELESPSWEFRAGBRALEAUTNEDITAUSACAN611º
Hans-Joachim Stuck17RetNSCNTSRetRetRet11115RetRetRetRetRetRet
Clay Regazzoni155NSC10NSCRet155RetRetNSCNCNSCNC14NSC
1979Shadow DN9Ford V8GARXBRARSAUSWESPBELMONFRAGBRALEAUTNEDITACANUSA310º
Jan LammersRet14RetRet1210NSC181110RetRetNSC9NSC
Elio de Angelis712Ret7RetRetNSC161211RetRetRetRet4
1980Shadow DN11
Shadow DN12
Ford V8GARXBRARSAUSWBELMONFRAGBRALEAUTNEDITACANUSA0NC
Stefan JohanssonNSCNSC
Geoff Lees13NSCNSCNSCNSC
David KennedyNSCNSCNSCNSCNSCNSCNSC

Notas

Ligazóns externas