Gran Premio de Suecia de 1974

O Gran Premio de Suecia de 1974 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 9 de xuño de 1974 no Scandinavian Raceway en Anderstorp, Suecia. Foi a sétima carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1974.

Gran Premio de Suecia de 1974
Detalles da carreira
Carreira 7 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1974.
Trazado do circuíto de Escandinavia
Trazado do circuíto de Escandinavia
Data9 de xuño de 1974
Nome oficialGran Premio de Suecia
LocalizaciónScandinavian Raceway, Anderstorp, Suecia
PercorridoCircuíto permanente
4.018 km km
Distancia80 voltas, 321´440 km. km
ClimaSeco, asollado
Pole position
PilotoFrancia Patrick DepaillerTyrrell-Ford
Tempo1:24.758[1]
Volta rápida
PilotoFrancia Patrick DepaillerTyrrell-Ford
Tempo1:27.262[2] na volta 72
Podio
PrimeiroUnión Sudafricana Jody ScheckterTyrrell-Ford
SegundoFrancia Patrick DepaillerTyrrell-Ford
Terceiro James HuntHesketh-Ford

A carreira foi totalmente dominada polos dous Tyrrell - Cosworth 007 de Jody Scheckter e Patrick Depailler. Depailler logrou a pole position, pero Scheckter gañoulle por 0.380 segundos na carreira, para sumar a súa primeira vitoria. Esta carreira marcou a primeira vitoria dun piloto surafricano nunha carreira do Campionato do Mundo.

Resumo da carreira

Logo de Mónaco, apareceron algunhas caras novas. Brian Redman retirouse da Fórmula Un, para ser substituído por Bertil Roos, mentres que Reine Wisell fíxose cargo do March de Hans-Joachim Stuck e Leo Kinnunen fixo o seu debut.

Os dous Tyrrells de Depailler e Scheckter monopolizaron a primeira fila e dominaron a carreira. Ronnie Peterson retirouse na volta 8 cun fallo na transmisión, que pronto sería seguido de Clay Regazzoni con problemas co cambio. Niki Lauda e James Hunt tiveron un duelo magnífico durante 20 voltas antes de que Hunt o superara na volta 66 e comezara a recortar a vantaxe dos Tyrrells 2 segundos por volta. Ao final, Scheckter logrou a súa primeira vitoria nunha carreira por 0.38 seg. e Hesketh logrou un excelente podio, os seus primeiros puntos na Fórmula Un. Graham Hill gañou o seu primeiro punto no campionato desde 1972.

Vern Schuppan (Ensing-Ford), primeiro reserva, comezou ilegalmente desde o 26º posto da grella e terminou a carreira antes de ser descualificado.

Clasificación

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
13 Jody ScheckterTyrrell-Ford801:58:31.39129
24 Patrick DepaillerTyrrell-Ford80+ 0.38016
324 James HuntHesketh-Ford80+ 3.32564
45 Emerson FittipaldiMcLaren-Ford80+ 53.50793
517 Jean-Pierre JarierShadow-Ford80+ 1:16.40382
626 Graham HillLola-Ford79+ 1 volta151
727 Guy EdwardsLola-Ford79+ 1 volta18
821 Tom BelsøIso Marlboro-Ford79+ 1 volta21
98 Rikky von OpelBrabham-Ford79+ 1 volta20
1010 Vittorio BrambillaMarch-Ford78Motor17
1128 John WatsonBrabham-Ford77+ 3 voltas14
DSC22 Vern SchuppanEnsign-Ford77Descualificado26
Ret12 Niki LaudaFerrari70Caixa de cambios3
Ret9 Reine WisellMarch-Ford59Suspensión16
Ret6 Denny HulmeMcLaren-Ford56Suspensión12
Ret19 Jochen MassSurtees-Ford53Suspensión22
Ret7 Carlos ReutemannBrabham-Ford30Fuga aceite10
Ret2 Jacky IckxLotus-Ford27Motor7
Ret11 Clay RegazzoniFerrari24Caixa de cambios4
Ret18 Carlos PaceSurtees-Ford15Dirección24
Ret1 Ronnie PetersonLotus-Ford8Palier5
Ret23 Leo KinnunenSurtees-Ford8Motor25
Ret33 Mike HailwoodMcLaren-Ford5Fuga combustible11
Ret14 Jean-Pierre BeltoiseBRM3Motor13
Ret16 Bertil RoosShadow-Ford2Caixa de cambios23
Ret15 Henri PescaroloBRM0Lume19
NTS20 Richard RobartsIso Marlboro-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 McLaren-Ford40
2 Ferrari30
3 Tyrrell-Ford25
4 Lotus-Ford13
5 Brabham-Ford10
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1974
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1974
Carreira seguinte:
Gran Premio dos Países Baixos de 1974
Carreira anterior:
Gran Premio de Suecia de 1973
Gran Premio de SueciaCarreira seguinte:
Gran Premio de Suecia de 1975

Notas

Ligazóns externas

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.