Sobremesa

derradeiro prato que se serve no curso dunha comida

Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces.

Sobremesas variadas.

Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns froitos secos (noces, castañas asadas).

Etimoloxía

O nome é unha extensión de sobremesa, é dicir, do período de tempo en que os comensais permanecen á mesa despois de comeren, xeralmente falando, xa que é nese momento cando se serve.

Na lingua galega, sobremesa vén da construción morfolóxica sobre + mesa, significando sobre 'despois', 'aquilo que sucede máis tarde', e mesa significando 'comida principal que se consome á mesa'. Polo tanto, sobremesa significa despois da mesa ou aquilo que sucede á comida principal.

Historia

Amendoados de Allariz.
Filloas, típica sobremesa do entroido en Galicia.

As primeiras sobremesas eran alimentos servidos en cru, como panais de mel, e froitos secos, como dátiles.

Non foi até a Idade Media, cando o azucre comezou a fabricarse, en que a xente empezou a gozar de máis sobremesas doces, pero incluso entón o azucre era tan caro que se reservaba só para os ricos, e en ocasións moi especiais.

A orixe de sobremesas conxeladas, como o xeado e os sorbetes remóntanse tamén á Idade Media, cando a realeza consumía xeo doce con sabor a mel ou a xarope de froitas.[1]

Tamén na Idade Media, nos banquetes da corte francesa, pratos que hoxe consideramos como sobremesa, e que podían consistir en preparacións doces e salgadas, non pechaban a comida, senón que ían seguidos por outros dous servizos, o issue de table e o boutehors, alimentos compostos de viño e especias de cámara (así chamadas porque sa pasaba a unha cámara á parte para degustalas), especias ou froitas confeitadas en azucre ou mel: xenxibre, coandro, fiúncho, anís, nougat de piñóns, doce de marmelo, abelás e pistachos confeitados. Estas especias de cámara gozaban de gran reputación, pois considerábase que facilitaban a dixestión, de xeito que eran máis ben medicamentos que doces, e por iso eran frecuentemente preparadas por boticarios e dadas aos enfermos.[2]

Antes do século XIX, que conduciu, por un lado, ao xurdimento da clase media e, por outro, á mecanización da industria azucreira, os doces eran un privilexio da aristocracia. Cando o azucre se fixo máis barato medrou, paralelamente, o desenvolvemento e a popularización das sobremesas.

En moitas culturas, como a chinesa, non se espera a chegar ao final da comida, servíndose unha mestura de doces e saborosos pratos ao longo da comida.

Doces e sobremesas típicas de tempada

Hai algunhas sobremesas que se consomen especialmente nalgunhas datas significadas. En Galicia, por exemplo:

En entroido
En Pascua
En Santos e defuntos
  • Bolos de vento (chulas), ósos de santo.
En Nadal

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas


 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

🔥 Top keywords: