Teatro do Atlántico

O Teatro do Alántico[1] é unha compañía creada en 1985 por Xúlio Lago e María Barcala[2] en Culleredo, A Coruña. Esta compañía continúa, en certa medida, o labor que o primeiro deles e máis Dorotea Bárcena viñeran realizando con Teatro da Mari-Gaila, outra importante formación da década de 1970. Desde a súa posta en funcionamento, Xúlio Lago –como director– e María Barcala –case sempre participando como actriz– teñen desenvolvida unha traxectoria que sitúa este grupo entre un dos principais referentes no panorama escénico galego contemporáneo.

Teatro do Atlántico
TipoCompañía de Teatro
Fundación1985
LocalizaciónOuteiro de Arriba, 2l. Sésamo || 15189 - Culleredo (A Coruña)
FundadorXúlio Lago e María Barcala
IndustriaCultural
editar datos en Wikidata ]

Así, ademais de contar en moitas ocasións co favor do público, Teatro do Atlántico é tamén unha compañía moi valorada entre o sector da crítica. Este recoñecemento baséase en espectáculos de coidada figura que presentan nos escenarios galegos tanto textos de produción propia coma foráneos, case sempre do século XX, aínda que nalgúns casos tamén pezas anteriores.

Historia

A continuada actividade da compañía sintetízase en máis de trinta producións representadas principalmente en Galiza, ademais de na maioría das comunidades do estado e en numerosas cidades en Portugal, Arxentina, Uruguai e Venezuela, sendo sempre todas elas representadas en galego. Trinta e tres anos dedicados a un traballo de creación á vez que unha actividade de xestión, participando nas múltiples iniciativas abordadas polos sectores máis comprometidos da profesión, aqueles que están activos sempre no intento de reformar substancialmente as precarias condicións nas que, en termos xerais, se vai desenvolvendo a actividade teatral tamén en Galiza.

Este período tivo malos momentos, como ter que renunciar, por afogo económico a unha das actividades complementarias consideradas de enorme importancia: O capítulo de publicacións arredor de cada espectáculo, a publicación do texto íntegro da obra con estudos diversos sobre o autor, época, universo temático, entre outras cousas. Ademais, a figura de Franco estivo presente despois de xa rematada a ditadura, polo que o xeito co que as institucións públicas e os medios de comunicación tratan a Arte Dramático na comunidade galega, provocou que a traxectoria da compañía até agora tivese momentos de frustración e desilusión.

A compañía expresaba a vontade de centrar a súa actividade en Galiza e na lingua galega co obxectivo de seren punto de referencia para unha cidadanía, un contorno xeográfico e político preciso, recoñecíbel nas súas circunstancias e abarcábel para a acción desta pequena compañía. Unha compañía que non pretendía triunfar nin conquistar o mercado, senón relacionarse cun público concreto, ser parte desa sociedade dun xeito máis profundo e que sente a necesidade que cambiar a realidade, sobre todo a realidade política e social de Galiza.

Co Teatro do Atlántico iníciase unha etapa na que se pon especial atención á palabra como vehículo de expresión e comunicación dramática, mais non un realismo tradicional. A compañía céntrase na creación de escenografías, espazos e ritmos afastados do naturalismo convencional, en traballos interpretativos arriscados etc. sempre ao servizo de textos e de autores de contrastada calidade literaria e interese dramático, encarnados á súa vez por actores e actrices.

As circunstancias do universo feminino na sociedade contemporánea foi un dos temas máis frecuentes da compañía, presente en moitas producións. A muller foi en gran medida protagonista do repertorio, transitando entre a paixón amorosa, heterosexual u homosexual, a opresión, a loita polas liberdades e os dereitos da muller, a rebelión dunha muller contra a violencia de xénero.

Na súa última etapa, segundo recolle a revista ADE teatro: Revista de la Asociación de Directores de Escena de España, Teatro do Atlántico veu apostando por montaxes baseadas case sempre en pezas dramáticas que profundan na natureza humana desde unha perspectiva galega que non esquece o universal. Así pois, esta compañía desenvolveu unha traxectoria que a converteu nunha das máis estábeis, diferenciadas e importantes do panorama escénico galego.

A compañía leva realizadas máis de trinta producións entre as que podemos subliñar Casa de Bonecas, de Ibsen; A noite das Tríbades de Per Olov Enquist; Amor de don Perlimplin con Belisa no Xardín, de García Lorca; O cerco de Leningrado, de Sanchis Sinisterra; O encoro, de Conor McPherson; A raíña da beleza de Leenane, de Martin McDonagh; Unha primavera para Aldara, de Teresa Moure ou Memoria de Helena e María, de Roberto Salgueiro.

As producións de Teatro do Atlántico participaron en varios festivais nacionais e internacionais de teatro: Palencia, Festival Iberoamericano de Cádiz, F.I.T.E.I. (Porto), Festival Latinoamericano de Córdoba (Arxentina), Muestra Internacional de Teatro de Caracas (Venezuela), Muestra de Teatro de las Autonomías "Villa de Madrid", Festeixo (Viana do Castelo), Mostra Internacional de teatro (MIT) de Ribadavia, Festival Galaico-Portugués de Cariño, Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, Mostra de Teatro de Cee, Festival de Carballo etc.

Representacións teatrais

Ano de estreaObraAutor ou autoraActores e actrices
1985XoanaManuel LourenzoLuísa Merelas, Pilar Pagant, Manuel Carlos Alonso, Matilde Blanco
1986A maravillosa historia de Marly, A vampira da vila de CrucesCarlos QueirozMaría Barcala, Xúlio Lago
1987QuartettHeiner MüllerMaría Barcala, Xúlio Lago
1988Eu, Gulliver FerreiroCelso Emilio FerreiroMaría Barcala, Xúlio Lago
1989Liberdade Bremana[3]Rainer W. FassbinderMaría Barcala, Antonio F. Simón, Gonzalo Uriarte, Roberto Vidal Bolaño, Miguel Pernas, Vicente Montoto, Fely Manzano, Xavier Gómez Pan, Rivadulla "Corcón", Manuel Areoso, Carmen Carpintero
1990Historia de NeereaRoberto SalgueiroAntonio F. Simón, Manuel Areoso, Gonzalo M. Uriarte, Paco Campos, Tuto Vázquez, Teresa Horro, Evaristo Calvo, María Barcala
1991OcasosManuel Lourenzo, Marguerite YourcenarMaría Barcala, Xúlio Lago
1993Non se ChoraRoberto CossaMaría Barcala, Patricia de Lorenzo, Luis Iglesia, Gonzalo M. Uriarte, Antonio F.Simón, Fely Manzano.
1995Tolos de amor

A casa de bonecas

Sam Shepard

Henrik Ibsen

María Barcala, Marcos Viéitez, Gonzalo M. Uriarte, Antonio F. Simón.

María Barcala, Marcos Viéitez, Gonzalo M. Uriarte, Antonio F. Simón, Flor Maceiras.

1996A noite das tríbadesPer Olov EnquistCasilda García, Gonzalo M. Uriarte, César Cambeiro, Sonia Rúa García.
1998Amor de Don Perlimplín con Belisa no xardín

Vellos tempos

Federico García Lorca

Harold Pinter

Gonzalo M. Uriarte, Mercedes Castro, Maxo Barjas, Casilda García, Sonia Rúa.

Susana Dans, Gonzalo M. Uriarte, María Barcala.

1998Seis poemas galegos (recital poético)Federico García Lorca
1999O cerco de LeningradoJosé Sanchís SinisterraSusana Dans, María Barcala.
2000Solo para PaquitaErnesto Caballero de las HerasMaría Barcala.
2001O cantar dos cantares (lectura escénica)Eduardo Blanco Amor
2002Pervertimento

Ecos e luces dun tempo e dun país (recital poético)

Vanzetti

José Sanchís Sinisterra

Luís Araújo

Xosé Vilarelle, Iolanda Muíños, Xoán C. Mejuto, María Barcala, Xúlio Lago.

María Pilar Martínez, María Barcala, Xúlio Lago.

Jouse García, Manuela Varela,Gonzalo M. Uriarte

2004O EncoroConor MuphersonGonzalo M. Uriarte, Toño Casais, Artur Trillo, Antonio Simón, María Barcala.
2005Memoria do 36: da República á Guerra Civil (recital poético)Pilocha, María Barcala, Xosé Luís Bernal, Xúlio Lago.
2006A raíña da beleza de LeenaneMartin McDonaghMaría Barcala, Teresa Horro, Marcos Vieitez, Rubén Riós.
2007A bombilla máxicaWoody AllenManu Fernández, Daniel Lago Barreiro, María Barcala, Dami Contreras, Lucía Regueiro, Gonzalo Martín Uriarte
2008Unha primavera para AldaraTeresa MoureMaría Barcala, Pilar Pereira, María Bouzas, Belén Constenla, Marcos Correa, Josi Lage, Lucía Regueiro, Amparo Malo, Agustín Vega, Xoán C. Mejuto.
2009O xogo de Yalta, AfterplayBrian FrielDamían Contreras, Victoria Pérez, María Barcala, Gonzalo M. Uriarte.
2010Memoria de Helena e MaríaRoberto Salgueiro GonzálezLucía Regueiro, María Barcala.
2011E.R. Algún día traballaremos xuntasJosep M. Miró i CorominaManuela Varela, María Barcala, Luísa Merelas, Susana Dans.
2013A Charca InútilDavid DesolaGonzalo M. Uriarte, Marcos Viéitez, María Barcala.
2015O Principio de Arquímedes[4]Josep M. Miró i Coromina.María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán, Marcos Viéitez.
2016Helena, Xuíxo a unha Lurpia [5]Miguel del ArcoMaría Barcala.
2018De abrentes e ocasos (Recital poético. Poesía galega contemporánea).María Barcala, Xúlio Lago, Aleixandre Lago.

Premios

Premios da Crítica de Galicia

No 2016, Teatro do Atlántico, recibe o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Artes Escénicas.

Premios María Casares

Os Premios de Teatro María Casares[6], de periodicidade anual, foron creados en 1997 pola AAAG a fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral. O Teatro do Atlántico levou, ao longo de diferentes anos, varios premios de distinta categoría; mellor actor ou actriz protagonista ou secundario, mellor dirección, mellor escenografía e mellor vestiario.

I Edición - 1997

Mellor actor protagonista→ Gonzalo Uriarte na obra A Noite das Tríbades.

Mellor actriz protagonista→ Casilda Alfaro na obra A Noite das Tríbades.

Mellor dirección→ Xúlio Lago na obra A Noite das Tríbades.

Mellor espectáculo→ A Noite das Tríbades.

IX Edición - 2005

Mellor actor secundario→ Toño Casais en O Encoro.

Mellor dirección→ Xúlio Lago na obra O Encoro.

XI Edición - 2007

Mellor adaptación/tradución→ Avelino González e Olga F. Nogueira na obra A raíña da beleza de Leenane.

Mellor dirección→ Xúlio Lago na obra A raíña da beleza de Leenane.

Mellor espectáculo→ pola obra A raíña da beleza de Leenane.

Neste mesmo ano foi nomeada María Barcala á mellor interpretación no papel protagonista na obra A raíña da beleza de Leenane.

XIII Edición -  2009

Mellor dirección→ Xúlio Lago na obra Unha primavera para Aldara.

Mellor actriz protagonista→ María Bouzas na obra Unha primavera para Aldara.

Mellor escenografía e mellor vestiario→ Carlos Alonso na obra Unha primavera para Aldara.

Mellor texto orixinal→ Teresa Moure na obra Unha primavera para Aldara.

Mellor iluminación→ Xúlio Lago na obra Unha primavera para Aldara.

Mellor espectáculo→ pola obra Unha primavera para Aldara.

XIV Edición - 2010

María Barcala foi nomeada a mellor vestiario na obra O xogo de Yalta, Afterplay.

XV Edición - 2011

María Barcala foi nomeada á mellor interpretación no papel protagonista pola obra Memoria de Helena e María.

XVIII Edición - 2014

Mellor adaptación/tradución→ Xosé Manuel Pazos Varela na obra A Charca Inútil.

XX Edición - 2016

Mellor espectáculo→ pola obra O Principio de Arquímedes.

Mellor actor secundario→ Alberto Roldán na obra O Principio de Arquímedes.

Mellor actor protagonista→ Toni Salgado obra O Principio de Arquímedes.

Mellor adaptación/tradución→ Afonso Becerra na obra O Principio de Arquímedes.

Mellor dirección→ Xúlio Lago na obra O Principio de Arquímedes.

Premios Compostela de Teatro

Creados no ano 1889 polo xornal compostelán El correo gallego. Estes premios, simbolizados a través dunha escultura deseñada por Carme Breixo, non teñen dotación económica senón que gardan o seu valor no prestixio profesional.

Pertencentes ao Teatro do Atlántico foron agasallados con este premio Xúlio Lago no 1991 pola mellor dirección en Historia de Neerea e María Barcala, no 1992, como mellor interpretación feminina en papel protagonista por Climenestra ou o Crime, Ocasos.

Premios Maruxa Villanueva

No ano 2015, María Barcala Porto foi nomeada mellor actriz protagonista grazas á súa participación na obra O Principio de Arquímedes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas