Tengrismo

Relixión

O tengrismo é unha relixión de Asia Central caracterizada polo xamanismo, o animismo, totemismo, poli e monoteísmo[1][2] e culto ós devanceiros. Foi a relixión principal dos turcos, os mongois, os húngaros, os xiongnu e os hunos,[3][4] e a relixión dos cinco antigos estados turcos: Khaganato Göktürk, Khaganato turco occidental, Gran Bulgaria, Imperio Búlgaro e Tourkia oriental (Xazaria). En Irk Bitig, Tengri é mencionado como Türük Tängrisi (Deus dos turcos).[5]

Símbolo empregado polos seguidores do tengrismo en Sakha.

O tengrismo foi defendido en círculos intelectuais das nacións turcas de Asia Central (incluíndo Tatarstán, Buriatia, Kirguizistán e Casaquistán) dende a disolución da Unión Soviética durante a década de 1990.[6] Aínda é practicado e existen movementos de recuperación en Sakha, Khakassia, República dos Tuva e outras nacións turcas en Siberia. O burkhanismo, un movemento semellante ó tengrismo, concéntrase na República de Altai.

Khukh tengri significa "ceo azul" en mongol, e os mongois aínda lle rezan a Munkh Khukh Tengri ("Eterno Ceo Azul") e Mongolia é chamada poeticamente "Terra do Eterno Ceo Azul" (Munkh Khukh Tengriin Oron) polos seus habitantes. Na moderna Turquía, o tengrismo é coñecido como Göktanrı dini ("relixión do Deus Ceo");[7] en turco "Gök" (ceo) e "Tanrı" (Deus), correspóndense cos khukh (azul) e Tengri (ceo) mongois, respectivamente. Segundo investigacións arqueolóxicas húngaras, a relixión do pobo húngaro até o final do século X (antes do cristianismo) era o tengrismo.[8]

Notas

🔥 Top keywords: