Tránsito de Mercurio

O tránsito de Mercurio é o paso, observado dende a Terra, deste planeta por diante do Sol. A aliñación destes tres astros (Sol, Mercurio e Terra) prodúcese por ter Mercurio un período orbital menor que o da Terra, e produce un efecto que, dende a Terra, só é comparable co tránsito de Venus. Neste efecto, Mercurio vese (por medio de telescopios ou outra amplificación, pois é demasiado pequeno o planeta e perigosa a luz solar para velo a ollo nu) como unha pequena mancha negra que vai trasladándose sobre a superficie solar. Como Mercurio ten a órbita nun plano diferente ó da eclíptica do noso planeta (7° de diferenza) fai que este fenómeno só ocorra unha vez cada varios anos.

Tránsito de Mercurio, en 2006. Ver que as manchas solares aparecen moito maiores que o planeta.

Para que o tránsito se produza, fai falla que a Terra estea preto dos nodos da órbita. A Terra atravesa cada ano a liña dos nodos da órbita de Mercurio o 8-9 de maio e o 10-11 de novembro. Se nesa data coincide unha conxunción inferior, é dicir, Mercurio máis próximo á Terra que o Sol, haberá tránsito. Hai certa periodicidade neste fenómeno, aínda sobmetido a regras das que deriva unha relación temporal complexa. É claro que ten que ser múltiplo do período sinódico. Mercurio adoita transitar o disco solar, de media, unhas 13 veces cada século, en intervalos de 3, 7, 10 e 13 anos.

O día 9 de maio de 2016 foi visible de xeito teórico (nubosidade) dende Galicia un tránsito, dende as 13:20 ás 20:40 horas (hora oficial en España)

Para ver o tránsito

Mirar o tránsito a ollo nu é perigoso, pois implica o mirar directamente ó Sol, o que fai que a retina se queime ós poucos segundos. Ademais, e como o tamaño aparente de Mercurio é moi pequeno, os filtros e lentes especiais para ver eclipses resultan inservibles. Para afeccionados proponse a proxección nunha pantalla cun telescopio equipado cun filtro solar, o que permite ver unha imaxe ampliada do Sol e evita riscos.[1]

Tránsitos na historia

Os pasos de Mercurio polo disco solar nos séculos XX e XXI son os seguintes:

12 de novembro de 19077 de novembro de 19147 de maio de 192410 de novembro de 1927
11 de maio de 193712 de novembro de 194014 de novembro de 19535 de maio de 1957
6 de novembro de 19609 de maio de 197010 de novembro de 197312 de novembro de 1986
6 de novembro de 199315 de novembro de 19997 de maio de 20038 de novembro de 2006
9 de maio de 201611 de novembro de 201913 de novembro de 20327 de novembro de 2039
7 de maio de 20499 de novembro de 205210 de maio de 206211 de novembro de 2065
14 de novembro de 20787 de novembro de 20858 de maio de 209510 de novembro de 2098
Trásitos de Mercurio, en detalle
Tránsitos de Mercurio
Data do momento medio do tránsitoHora (UTC)Notas
ComezoMedioFin
7 de novembro de 1631Observado por Pierre Gassendi.
13 de novembro de 1651Observado por Jeremy Shakerly en Surat, informado en carta a Henry Osbourne en xaneiro de 1652. Pénsase que Shakerly morreu na India arredor de 1655.[2]
3 de maio de 1661O día da coroación de rei Carlos II de Inglaterra. Observado por Christiaan Huygens en Londres.
7 de novembro de 1677Observado por Edmund Halley en Santa Helena, Richard Towneley en Lancashire, Jean Charles Gallet en Avignon; segundo a carta de John Flamsteed a Johannes Hevelius o 23 de maio de 1678 [3]
5 de novembro de 1743Para velo en toda a Terra, foron organizadas observacións científicas, coordinadas pro Joseph-Nicolas Delisle.
6 de maio de 1753 
9 de novembro de 176923:09Observado por Charles Green e James Cook dende Mercury Bay (Nova Celandia).[4] Anotouse que Mercurio ou ben non tiña atmosfera ou a tiña moi tenue.
9 de novembro de 180206:1608:5811:41Observado por William Herschel en Inglaterra[5]
12 de novembro de 181500:2002:3304:46 
5 de novembro de 182201:0402:2503:45 
5 de maio de 183209:0412:2515:47 
7 de novembro de 183517:3520:0822:41 
8 de maio de 184516:2419:3722:49 
9 de novembro de 184811:0713:4816:28 
12 de novembro de 186105:2107:1909:18 
5 de novembro de 186805:2807:1409:00 
6 de maio de 187815:1619:0022:44 
7 de novembro de 188122:1900:5703:36 
9 de maio de 189123:5702:2204:47 
10 de novembro de 189415:5818:3521:11 
14 de novembro de 190710:2412:0713:50 
7 de novembro de 191409:5712:0314:09 
8 de maio de 192421:4401:4105:38 
10 de novembro de 192703:0205:4608:29 
11 de maio de 193708:5308:5909:06Só visible como tránsito parcial no sur de África e Asia e en Australia Occidental.
11 de novembro de 194020:4923:2101:53 
14 de novembro de 195315:3716:5418:11 
6 de maio de 195723:5901:1402:30 
7 de novembro de 196014:3416:5319:12[6]
9 de maio de 197004:1908:1612:13[7]
10 de novembro de 197307:4710:3213:17[8]
13 de novembro de 198601:4304:0706:31[9]
6 de novembro de 199303:0603:5704:47[10]
15 de novembro de 1999
21:1521:4122:07[11] Tránsito parcial en Australia, a Antártida e a illa sur de Nova Celandia.
7 de maio de 200305:1307:5210:32[12]
8 de novembro de 2006
19:1221:4100:10[13]
9 de maio de 2016
11:1214:5718:42[14] Vese completo en Suramérica, este de Norteamérica, Europa Occidental. No resto do planeta, de xeito parcial (coincidindo co amencer ou o anoitecer) excepto en Australia e extremo oriente.
11 de novembro de 2019
12:3515:2018:04
13 de novembro de 203206:4108:5411:07 
7 de novembro de 203907:1708:4610:15 
7 de maio de 204911:0314:2417:44 
9 de novembro de 205223:5302:2905:06 
10 de maio de 206218:1621:3600:57 
11 de novembro de 206517:2420:0622:48 
14 de novembro de 207811:4213:4115:39 
7 de novembro de 208511:4213:3415:26 
8 de maio de 209517:2021:0500:50 
10 de novembro de 209804:3507:1609:57 
12 de maio de 210801:4004:1606:52 

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: