Trojan F1

Trojan
Nome completoTrojan Tauranac Racing (1974)
Bandeira
Baseada en
Tempadas en activo1 (1974
Número de pilotosTim Schenken
DebutGran Premio de España de 1974
Carreiras8 (6 saídas)
Campionatos de Construtores0
Campionatos de Pilotos0
Vitorias0
Pole positions0
Voltas Rápidas0
Puntos totais0
Derradeiro GPGran Premio de Italia de 1974

Trojan foi un fabricante de automóbiles de Fórmula Un do Reino Unido.

O fabricante de automóbiles Trojan Limitada foi fundada por Leslie Hounsfield en 1914 en Purley Way, Croydon, no sur de Londres producía coches e, sobre todo furgonetas de repartimento ata 1964.

Ao redor de 1960, a fábrica de Trojan foi vendida a Peter Agg que vendía scooters Lambretta no mercado británico. En 1962, adquiriu o dereito a fabricar o microcoche Heinkel e a liña de produción trasladouse de Dundalk, Irlanda a Croydon, Surrey. A produción continuou ata 1965, producindo preto de 6.000 coches. Tamén en 1962, Trojan adquiriu o negocio de autos deportivos Elva e empezou a facer o Mk IV Elva Courier.

Isto á súa vez levou á fabricación de coches de carreiras do equipo McLaren ata que a produción de vehículos, finalmente cesou na década de 1970. Trojan limitada segue existindo como unha compañía independente, aínda que a fábrica foi vendida na década de 1970.

Participou en oito grandes premios, entrando nun total de 8 coches. En 1974 David Purley gañou o Brighton Speed Trials pilotando un Trojan-Chevrolet T101. O McLaren M1 produciuno Peter Agg's Lambretta Trojan Group en Rye, Sussex. Construíron 200 McLaren durante dez anos.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave)

AnoChasisMotorPneu.Pilotos123456789101112131415Pts.Pos.
1974Trojan T103Ford V8FARXBRARSAESPBELMONSUENEDFRARUALEAUTITACANUSA0NC
Tim Schenken1410RetNSCRetNSC10Ret

Véxase tamén

Outros artigos

  • Trojan (automoción)

Ligazóns externas