Unión monetaria

En economía, unha unión monetaria é a situación na cal dous ou máis países acordan compartir a mesma moeda, aínda que non é necesario que teñan maior integración económica, como no caso dunha unión económica, na cal existe adicionalmente unión aduaneira e mercado común.

Tipos de unión monetaria

Unións monetarias.

Existen basicamente tres tipos de unións monetarias:

  1. Informal: baseada na adopción unilateral dunha divisa estranxeira.
  2. Formal: baseada na adopción dunha divisa estranxeira en virtude dun acordo bilateral ou multilateral coa autoridade emisora, e en ocasións apoiada pola emisión dunha moeda local baixo un réxime de tipo de cambio fixo.
  3. Formal con política común: baseada no establecemento por un número de países dunha política monetaria e unha autoridade emisora común para a súa divisa compartida.

A teoría da zona monetaria óptima trata sobre a cuestión de como determinar que rexións xeográficas deberían compartir unha divisa co obxectivo de maximizar a súa eficiencia económica.

Unións monetarias existentes

Cada unión monetaria e aduaneira e unión económica e monetaria tamén ten unha unión monetaria.

DivisaUniónUsuariosEst.StatusPoboaciónPIB (nominal $)
Franco CFAEmitida por Instituto Emisor Ultramarino (Francia) Benín
Burkina Faso
Costa do Marfil
Guinea-Bissau
Malí
Níxer
Senegal
Togo
Camerún
República Centroafricana
Chad
República do Congo
Guinea Ecuatorial
Gabón
1945Formal, política común700750000000000000050.000.000
Franco CFPEmitida por Instituto Emisor Ultramarino (Francia) Polinesia Francesa
Nova Caledonia
Wallis e Futuna
1945Formal, política común7005528000000000000528.000
Dólar do Caribe OrientalUnión Monetaria do Caribe Oriental da OECS Anguila
Antiga e Barbuda
Dominica
Granada
Montserrat
Saint Kitts e Nevis
Santa Lucía
San Vicente e as Granadinas
1965Formal, política común
EMU de-facto para os membros da Comunidade do Caribe[1]
7005625000000000000625.000
EuroEurozona

Andorra
Kosovo
Mónaco
Montenegro
San Marino
Cidade do Vaticano

1999/2002Formal, política común e EMU para os membros da UE
Formal para Mónaco e Akrotiri e Dhekelia
Informal para Andorra, Kosovo, Montenegro
Formal para o resto
7008328655062000000328.655.062
Dólar de Singapur
Dólar de Brunei
Xestionada conxuntamente pola Autoridade Monetaria de Singapur Brunei
Singapur
1967Formal; divisas mutuamente intercambiables70065137000000000005.137.000701036438000000000036.438.000.000
Dram armenio Armenia
República de Artsakh
1994Informal70063368900000000003.368.900701018715000000000018.715.000.000
Dólar australiano Australia Kiribati
Nauru
Tuvalu
1966Informal700722557000000000022.557.000
Libra esterlinaZona esterlina Reino Unido1939Formal, existen variantes locais700762321000000000062.321.000
Coroa norueguesa NoruegaFormal70064900000000000004.900.000
Rupia india Bután
India
Nepal
1974Informal
Uso menor no Nepal
70091215083000000001.215.083.000
Dólar neozelandés Nova Zelandia Illas Cook
Niue
Illas Pitcairn
1967Informal70064411000000000004.411.000
Novo shekel Israel
Palestina
1927/1986Informal700711738000000000011.738.000
Dinar xordano Xordania
Territorios palestinos (só Cisxordania)
Informal70068922000000000008.922.000
Rublo ruso Abkhazia
Rusia
Osetia do Sur
2008Informal7008142177000000000142.177.000
Rand surafricanoÁrea Monetaria Común Lesoto
Namibia
Suráfrica
Eswatini
1974Formal
Unión monetaria e aduaneira de facto para os membros da Unión Aduaneira de África Austral
700752924669000000052.924.6697011316936000000000316.936.000.000
Franco suízo Liechtenstein
Suíza
1920Informal
desde 1924, creación dunha unión aduaneira e un mercado común parte da AELC dentro dunha EMU de facto
70067774546000000007.774.5467011497171000000000497.171.000.000
Lira turca Turquía
República Turca do Norte de Chipre
1983Informal700775081100000000075.081.1007005734043000000000734.043
Dólar dos Estados Unidos Estados Unidos Ecuador
O Salvador
Panamá
Illas Marshall
Micronesia
Palau
Timor Leste
Turks e Caicos
Illas Virxes Británicas
1904
(soamente Panamá)
Informal7008339300000000000339.300.000

Propostas

ComunidadeDivisaRexiónData obxectivoNotes
Alianza Bolivariana para os Pobos de Nosa América - Tratado de Comercio dos PobosSUCREAmérica latina
/Caribe
2010Está previsto que comece como unha divisa electrónica na que participen todos os países da Alianza Bolivariana para as Américas.
Comunidade Africana OrientalXilin de África OrientalÁfrica2015
Comunidade Africana OrientalAsia2020[2]
Zona Monetaria de África OccidentalEcoÁfrica2020Dentro da Comunidade Económica de Estados de África Occidental, planea eventualmente fusionarse co Franco CFA de África Occidental
ASEAN+3Unión Monetaria AsiáticaAsiaExiste un tratado de libre comercio parcialmente acordado
Consello de Cooperación para os Estados Árabes do GolfoKhaleejiGolfo Pérsicoentre 2013-2020[3][4]Omán e os Emiratos Árabes Unidos non teñen intención de adoptar inicialmente a moeda, pero poderían facelo máis tarde.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Antigas unións monetarias
🔥 Top keywords: