Territorio Británico de Ultramar

Os catorce Territorios Británicos de Ultramar (British Overseas Territory (BOT), en inglés) son territorios baixo a xurisdición e soberanía do Reino Unido. Con todo, estas colonias non forman parte do Reino Unido, como é o caso de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.[1][2] Son aquelas partes do antigo Imperio Británico que non optaron pola independencia ou votaron para seguir sendo territorios británicos. A maior parte dos territorios habitados son internamente autónomos, o Reino Unido mantén a responsabilidade da defensa e as relacións exteriores. O resto están deshabitados ou teñen unha poboación transitoria de persoal militar ou científicos. Comparten a monarca británica (Isabel II) como xefe de Estado.

     Territorios británicos de ultramar.     Reino Unido.     Dependencias da Coroa.

O termo "territorio británico de ultramar" foi presentado pola Lei de territorios británicos de ultramar de 2002, substituíndo o termo dependencia británica, introducido pola Lei de nacionalidade británica de 1981. Antes do 1 de xaneiro de 1983, os territorios chamábanse oficialmente Colonias da Coroa Británica. Séguese utilizando o título de Colonia da Coroa para as Illas Malvinas e o Territorio Antártico Británico. Coa excepción do Territorio Antártico Británico e Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur (que hospedan só a funcionarios e persoal da estación de investigación) e o Territorio Británico do Océano Índico (utilizado como base militar ), os territorios manteñen poboacións civís permanentes. A residencia permanente dos case 7.000 civís que viven nas zonas de soberanía de Akrotiri e Dhekelia limítase aos cidadáns da República de Chipre.

En conxunto, os territorios abarcan unha poboación de ao redor de 250.000 persoas e unha superficie duns 1.727.570 km². A gran maioría distos, 1.700.000 km², constitúen o Territorio Antártico Británico.[3][4] O Reino Unido participa no Tratado Antártico[5] e, como parte dun acordo mutuo, o territorio Antártico británico é recoñecido por catro das outras nacións soberanas que fan demandas do territorio antártico.

Historia e características

Aínda que as dependencias da Coroa de Jersey, Guernsey e a Illa de Man tamén están baixo a soberanía da monarquía británica, están nunha relación constitucional diferente co Reino Unido.[6][7] Os territorios británicos de ultramar e as dependencias da Coroa son en si mesmos distintos dos Reinos da Commonwealth, un grupo de 15 países independentes (e o Reino Unido), que teñen ao rei Carlos III como o seu monarca reinante, e distintos da Commonwealth, unha asociación voluntaria de 53 países na súa maioría con vínculos históricos co Imperio británico (que tamén inclúe todos os reinos da Commonwealth).

A súa Maxestade a Raíña Isabel II é raíña destes territorios, como raíña do Reino Unido, a diferenza dos reinos da Commonwealth onde é raíña deses mesmos países (exm. Raíña do Canadá, Raíña de Australia...)

Hoxe en día os territorios dependentes non son administrados directamente polo Reino Unido senón que teñen o seu propio goberno que as administra, e o Reino Unido encárgase da súa protección, das relacións exteriores e asuntos de negocios.

O Parlamento Británico non ten representación destes territorios e foron rexeitadas propostas para incluílos como parte do Reino Unido.

O actual ministro responsable dos territorios é Alok Sharma MP, do Ministerio de Asuntos Exteriores. Xibraltar e a zonas de soberanía, con todo, son responsabilidade do Ministro de Europa, David Lidington MP, mentres que as Illas Malvinas son responsabilidade de Alan Duncan MP, tamén do Ministerio de Asuntos Exteriores.[8][9][10]

Cada territorio ten un gobernador elixido polo monarca do Reino Unido, que traballa como representante do «Goberno da súa Maxestade». Os gobernadores encárganse e teñen o poder da seguridade no territorio e da representación entre o territorio e o Goberno Británico; tamén disolven a lexislatura e actúan para facer cumprir as leis, dependendo do nivel de poder adoitan ser máis simbólicos ou teñen maior relevancia. Todos os gobernadores adoitan proceder do Reino Unido.

Os catorce territorios británico de ultramar son:[11]

BandeiraEscudoNomeLocalizaciónLemaAreaPoboaciónCapital
Akrotiri e Dhekelia (Akrotiri and Dhekelia)Chipre, Mar Mediterráneo255 km²[12]7.700 (chipriotas)
8.000 non-permanente (persoal militar do Reino Unido e as súas familias)
Episkopi Cantonment
AnguilaCaribe, océano Atlántico norteStrength and Endurance91 km²[13]13.500[14]The Valley
Bermudas (Bermuda)Océano Atlántico NorteQuo fata ferunt (latín: "Whither the Fates carry [us]")54 km²[15]64.000 (2007 estimada)[16]Hamilton
Territorio Antártico Británico (British Antarctic Territory).AntártidaResearch and discovery1.709.400 km²[13]0
50 non-permanente no inverno, sobre 400 no verano (persoal científico)[17]
Rothera (base principal)
Territorio Británico do Océano Índico (British Indian Ocean territory)Océano ÍndicoIn tutela nostra Limuria (latín: "Limuria is in our charge")46 km²[18]0
3.000 non-permanente (persoal militar e contratado do Reino Unico e dos EEUU)[19]
Diego García (base)
Illas Virxes Británicas (British Virgin Islands)Caribe, Océano Atlántico NorteVigilate (latín: "Be watchful")153 km²[20]27.000 (2005 estimada)[20]Road Town
Illas Caimán (Cayman Islands)Caribe, Océano Atlántico NorteHe hath founded it upon the seas264 km²[21]54.878 [21]George Town
Illas Malvinas (Falkland Islands)Océano Atlántico SurDesire the right12.173 km²[15]2.955 (censo 2006)[22]Stanley
XibraltarPenínsula Ibérica, EuropaNulli expugnabilis hosti (latín: "No enemy shall expel us")6´5 km²[23]28.800 (2005)[24]Xibraltar
MontserratCaribe, Océano Atlántico NorteA people of excellence, moulded by nature, nurtured by God101 km²[25]4.655 (2006 estimate)[25]Plymouth (abandonada pola erupción do volcán, de facto a capital é Brades)
Illas Pitcairn (Pitcairn Islands)Océano Pacífico43 km²
(all islands)[26]
56 (2013)Adamstown
Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha (Saint Helena, Ascension and Tristan da Cunha).Océano Atlántico SurLoyal and Unshakeable (Santa Helena)420 km²4.255 (Santa Helena; censo 2008)[27]Jamestown
880 (Ascension; estimada)[28]
1.000 non-permanente (Ascension; persoal militar do Reino Unido)[28]
Our faith is our strength (Tristan da Cunha)300 (Tristan da Cunha; estimada)[28]
9 non-permanente (Tristan da Cunha; persoal meteorolóxico)
5.530 (total; estimado)
Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur (South Georgia and South Sandwich Islands)Océano Atlántico SurLeo terram propriam protegat (latín: "Let the lion protect his own land")4066 km²[29]0
99 non-permanente (Persoal oficial e científico)[30]
King Edward Point
Turks e Caicos (Turks and Caicos Islands)Lucayan Archipelago, Océano Atlántico Norte"Beautiful by nature, clean by choice"430 km²[31]32.000 (censo 2006 estimado)[31]Cockburn Town
Total1.727.570 km²c. 250.000

Os territorios das Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e as Illas Malvinas están reclamdos pola Arxentina, o Territorio Antártico Británico pola Arxentina e Chile, Xibraltar por España e o Territorio Británico do Océano Índico por Mauricio e Seychelles.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: