Wesley Johnson

baloncestista estadounidense

Wesley JaMarr Johnson, nado o 11 de xullo de 1987 en Corsicana, Texas, é un ex-xogador e adestrador estadounidense de baloncesto profesional. Xogou na universidade para Syracuse e Iowa State. Foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Minnesota Timberwolves.[1][2] Actualmente traballa como asistente de desenvolvemento de xogadores para Los Angeles Clippers da NBA.

Wesley Johnson
Los Angeles Clippers
PosiciónAla / Escolta
CargoAsistente de desenvolvemento de xogadores
Información persoal
Nacemento11 de xullo de 1987 (36 anos)
Corsicana, Estados Unidos
Altura2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial98 kg (215 lb)
Información da carreira
InstitutoCorsicana (Texas)
UniversidadeIowa State (2006–2008)
Syracuse (2009–2010)
NBA Draft2010 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Minnesota Timberwolves
Carreira2010−2020
Historial de equipos
Minnesota Timberwolves (2010–2012)
Phoenix Suns (2012–2013)
Los Angeles Lakers (2013–2015)
Los Angeles Clippers (2015–2018)
New Orleans Pelicans (2018–2019)
Washington Wizards (2019)
Panathinaikos (2019–2020)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies NBA (2011)

Traxectoria profesional

Wesley Johnson foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Minnesota Timberwolves. O 18 de marzo de 2011, Johnson fixo a súa mellor marca de anotación na derrota de Minnesota contra Los Angeles Lakers, con 29 puntos e 11 de 21 tiros.

O 27 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Phoenix Suns nun traspaso entre tres equipos.[3]

O 15 de xullo de 2013, Johnson asinou cos Los Angeles Lakers.[4]

O 7 de febreiro de 2019, Johnson foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de Markieff Morris e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[5]

O 22 de xullo de 2019, anunciouse a fichaxe de Johnson por unha tempada polo Panathinaikos BC grego.[6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas