Xerardo Agrafoxo
historiador, profesor e escritor galego
Xerardo Agrafoxo Pérez, nado en Noia o 15 de outubro de 1952, é un profesor e escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1952 (71 anos) Noia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , escritor , historiador |
Lingua | Lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
Mestre de EXB e profesor de ensino medio en Boiro, é licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia[2] e doutor en Prehistoria pola Universidade de Santiago de Compostela,[3] e dedícase á investigación histórica especialmente sobre a Guerra civil española en Lousame e Noia.
Publicou varios traballos na revista de Noia Alameda.[4]
Obras
Ensaio
- Noia unha vila histórica. Dende a orixe ata a edade moderna (1987). Colexio Público de Lousame. 182 páxs.
- Poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña (1989). Dirección Xeral do Patrimonio Histório-Artístico da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. 242 páxs.
- Catrocentos anos na historia da Vila de Noia (1990). Toxosoutos. 250 páxs.
- A cultura castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota (1991). G. Sementeira. 100 páxs.
- O hábitat castrexo no val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra (1992). Toxosoutos. 208 páxs.
- Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia (1993). Toxosoutos. 196 páxs.
- A segunda república en Lousame e Noia. Radiografía dunha época (1993). Concello de Lousame. 347 páxs.
- Didáctica da historia moderna de Galicia. O antigo réxime (1995). Toxosoutos. 213 páxs.
- 1936, a guerra civil en Lousame e Noia. Testemuñas dunha represión (1995). Concello de Lousame. 493 páxs.
- Didáctica da historia contemporánea de Galicia (1997). Toxosoutos. 296 páxs.
- 1937, a guerra civil en Lousame e Noia. O fusilamento de David Mariño Ramos (1997). Concello de Lousame. 440 páxs.
- 1938-1939, a guerra civil en Lousame e Noia. O triple crime de Marselle, a traxedia do Baleares (1999). Concello de Lousame. 704 páxs.
- Memorias do franquismo (2002). Toxosoutos. 949 páxs.
- Crónicas dunha democracia. A transición política en Noia: os dous mandatos de Díaz Fornas (2006). Toxosoutos. 332 páxs.
- A revolta nacionalista. A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González (2006). Toxosoutos. 634 páxs.
- Biografía de María Mariño (2007). Galaxia. 176 páxs.
- María Mariño: Retrato dunha vida (2007). Fundación Caixa Galicia.
- Noia no cambio de século (2008). Toxosoutos. 584 páxs.
- Quen matou o Cantino? O 36 no Concello de Noia (2013). Xerais, Memoria. 160 páxs.
- Historia de Noia (2019). Deputación da Coruña. Non venal.
Narrativa
- O triángulo de Oscar Wilde (2003). Laiovento. 232 páxs. Relatos.[5] Foi traducida ao castelán.[6]
- Unha viaxe no Ford T (2004). 220 páxs.[7]
- O violinista de Malá Strana (2008). Galaxia. 228 páxs.
- A maleta de Victoria Kent (2015). Galaxia. 432 páxs.
Viaxes
- Viaxe á última revolución (2014). Galaxia. 372 páxs. 30 días de viaxe a Cuba.
- O país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal (2018). Galaxia. 324 páxs.[8]
- Nas terras vermellas do Brasil (2022). Noia: Toxosoutos. 296 páxs. ISBN 978-84-124910-6-7. Describe o periplo de 45 días realizado polo autor dende Recife a Río de Xaneiro pasando por Salvador de Baía, Belo Horizonte e São Paulo
Premios
- Premio García Barros no 2004 por Unha viaxe no Ford T.[9]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 14. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas
- Entrevista a Xerardo Agrafoxo feita polo alumnado de Literatura galega do século XX do MGB. Arquivado 13 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial