Xosé Ricardo Losada
escritor galego
Xosé Ricardo Losada Vicente, nado en Rianxo o 3 de xullo de 1961, é un profesor e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xullo de 1961 (62 anos) Rianxo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , catedrático |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de filosofía e valores éticos no IES Félix Muriel de Rianxo. Socio fundador e secretario da Asociación Cultural Barbantia. Colabora en varias revistas culturais como Alameda, Casa da Gramática ou A Trabe de Ouro. Colabora regularmente no suplemento cultural mensual A Voz de Barbantia.
Obras
Narrativa
- O xene da chuvia (2005). Ediciós do Castro. Relatos.
- Bótame deste mar fóra (2017). Toxosoutos.
- A casa xunto ao volcán (2019). Galaxia. 204 páxs. II Premio Viadutos de Novela.
- O rosario e a buguina (2021). Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-9151-728-3.[1] Recrea os últimos meses de vida do poeta Manuel Antonio e o conflito que ten coa súa nai por motivos relixiosos.[2]
- Un inferno frío (2024). Noia: Tososoutos. 126 páxs. ISBN 978-84-128122-9-9.
Ensaio
- Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, 2015, Xerais.
- Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego, 2018, Galaxia, ISBN 978-84-9151-162-5
Edición
- Premio Faustino Rey Romero Isorna (Rianxo): dez anos de poesía, 1998-2007, 2008, Concello de Rianxo.
- Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica, 2013, Concello de Rianxo.
Obras colectivas
- Luces da cidade.
- Voces na guerra.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios
- 2005: III Concurso de contos Liceo de Noia.[3]
- 2019: II Premio Viadutos de Novela pola obra A casa xunto ao volcán.[4]
- 2020: Premio Torrente Ballester de narrativa por O rosario e a buguina.[5]
- 2023: XXII Certame literario de aventuras Antón Avilés de Taramancos, promovido polo Concello de Noia polo relato "Un inverno frío".[6]
Notas
🔥 Top keywords: PortadaLuísa VillaltaPaulino PereiroEspecial:ProcurarDía das Letras GalegasEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaRosario Porto OrtegaMaría do Socorro Ortega RomeroEslovaquiaJean SimmonsHindemburg Melão Jr.NeptunoLucas PérezWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialAlfonso Basterra CamporroNova CaledoniaChevrolet CamaroLista de xentilicios de concellos galegosFerhan e Ferzan ÖnderPartido GalegoTonhito de PoiWikipedia:Artigos de calidadeRaquel AtanesAdalia bipunctataCaso Asunta BasterraWikipedia:Acerca deEmydocephalus annulatusRosalía de CastroNomes da folla do piñeiro en GaliciaGaliciaMíriam FerradánsPosicións sexuaisWikipedia:Portal da comunidadeRosalía Fernández Rial