Yeremay Hernández

futbolista español

Yeremay Hernández Cubas, tamén coñecido como Peke, nado nas Palmas de Gran Canaria o 10 de decembro de 2002, é un futbolista español que xoga de mediapunta no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.

Yeremay
Información persoal
NomeYeremay Hernández Cubas
Nacemento10 de decembro de 2002
Lugar de nacementoAs Palmas de Gran Canaria
PosiciónMediapunta
Información de club
Club actualDeportivo da Coruña
Número10
Carreira xuvenil
–2015UD Las Palmas
2015–2017Real Madrid
2017–2021Deportivo da Coruña
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2020–2022Fabril36(8)
2021–Deportivo da Coruña49(6)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 24 de marzo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Formouse nas canteiras da UD Las Palmas e do Real Madrid, e aos 15 anos incorporouse ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña.[1] Completou na Coruña a súa etapa de cadete, pasando logo ao equipo xuvenil, co que se proclamou campión da División de Honra e da Copa de Campións na tempada 2020/21. Esa mesma tempada debutou co Fabril de Juan Carlos Valerón na Terceira División, xogando 17 partidos e marcando tres goles.

Continuou como xogador do Fabril na seguinte tempada, xa con Óscar Gilsanz como adestrador, e comezou a ser convocado por Borja Jiménez para o primeiro equipo. O 1 de decembro de 2021 debutou co Deportivo da Coruña en partido oficial, na primeira rolda da Copa do Rei 2021/22 contra o UCAM Murcia na Condomina. Entrou na segunda parte como substituto de Menudo, e realizou unha destacada actuación, marcando na prórroga o terceiro gol do seu equipo, e dándolle unha asistencia a Quiles, para que este fixera o cuarto (3-4).[2] Tres días despois debutou na Primeira División RFEF contra o Racing de Ferrol na Malata, substituíndo na segunda parte a Villares. Pechou a tempada con 19 encontros co filial e 9 co primeiro equipo.

Para a tempada 2022/23 o Deportivo inscribiuno xa como xogador do primeiro equipo a tódolos efectos.[3] O 18 de abril de 2024 renovou co Deportivo até o 30 de xuño de 2030.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas