Dama do Lago
Ferramentas
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
A Dona do lago ou a Dama do lago é un personaxe das lendas artúricas con varios papeis: dálle a espada Excalibur ao rei Artur, guía o rei ferido cara a Avalon despois da batalla de Camlann, encanta a Merlín e ademais educa a Lanzarote do Lago. Na mitoloxía celta, a dona do Lago ou a fada Viviane era a señora que rexía Ávalon -a illa da antiga sabedoría-. Era neta de Diana a cazadora, filla do rei de Northumberland ou de Dionás. Os distintos autores e copistas déronlle á dona do Lago diversos nomes: Niniana, Viviana, Nimue, Ninie ou Viviane.
O personaxe pasou a ter un lugar de relevancia na literatura artúrica, a cal axudou á súa difusión na cultura occidental. Aparece en moitas das obras medievais sobre o rei Artur. A primeira vez que aparece nunha obra literaria é a finais do século XII en Lancelot, o Cabaleiro da Carreta, de Chrétien de Troyes, aínda que non se identificaba polo seu nome aínda, exercendo o seu papel de madriña ou nai adoptiva do cabaleiro da mesa redonda Sir Lanzarote do Lago. Nesta obra, a Dona do Lago entrega un anel máxico a Lanzarote, o cal o protexerá de calquera encantamento. Esta alusión ao carácter máxico do personaxe toma forma cando no ciclo Lanzarote-Grial se menciona a ela expresamente como fada. N´A morte de Artur, de Sir Thomas Malory, a Dama do Lago é quen fai entrega a Artur da lendaria espada Excalibur.
A Dama do Lago é responsábel da desaparición de Merlín, ao pechalo por toda a eternidade nunha cova, aproveitando a influencia que ten sobre o mago namorado. Segundo o Lanzarote en prosa, Merlín ensinou os seus segredos máxicos a Viviane, pola promesa que esta lle fixo de que, en pago, ela lle entregaría o seu amor. No entanto, Viviane aproveita o coñecemento destes segredos para pechar a Merlín. O mago xa vira o seu propio destino, pero non foi quen de o evitar, o cal supón que Viviane posuía un poder extraordinariamente forte para manipular e encantar, incluso a un gran feiticeiro.
Nalgunhas versións da historia artúrica, a Dama deu a Arturo a elixir entre unha copa, unha lanza, un prato e unha espada, como símbolo da unión de Camelot con Ávalon. Tras elixir Artur a Excalibur, foi creada unha funda onde se gardaba a espada que tiña o poder de non deixar derramar nin unha soa gota de sangue ao portador da espada.
Cando Artur morreu, a espada foi devolta a Ávalon, de onde nunca máis volveu a saír. A dama do Lago educou a Morgana (xa que ao principio Morgana ía ser entregada a un convento, mais Viviana negouse) na antiga relixión, e elixiuna como sucesora cando ela morrese. Entregoulla a Artur nun ritual (os lumes de Beltane) onde ningún dos dous se coñecían, e concibiron un fillo chamado Mordred.
Outras historias contan que a Dama do Lago era a máxima sacerdotisa de Ávalon, chamada tamén Viviane, irmá de Igrainne (nai de Arturo e Morgana), irmá de Morgause (tía de Arturo e Morgana, e mai adoptiva de Mordred), irmá de Ninie (amante de Merlín, e filla de Merlín de Bretaña).A Dama do lago quería que a nova relixión (o cristianismo) e a vella relixión (a da deusa e o hastado) convivisen xuntas, cousa que os sacerdotes cristiáns non querían; así que Ávalon, os ritos de Beltane, a deusa e o caldeiro, o hastado e a vella relixión desapareceron nas néboas, deixando só o recordo.
O rei Artur e a Materia de Bretaña | ||
---|---|---|
Principais personaxes | Rei Artur · Constantino · Sir Héctor · Duque de Cornualla · Xenevra · Igraine · Isolda · Dama do Lago · Rei Lot · Rei Mark · Merlín · Mordred · Morgana · Morgause · Uther Pendragon | |
Cabaleiros da Táboa Redonda | Agravain · Bagdemagus · Bedivere · Bors · Breunor (La Cote Mal Taillée) · Calogrenant · Caradoc · Dagonet · Dinadan · Gaheris · Galaaz · Gareth · Galván · Geraint · Griflet · Héctor de Maris · Kay · Lamorak · Lancelot · Leodegrance · Lionel · Lucan · Maleagant · Marhaus · Palamedes · Pelleas · Pellinore · Perceval · Safir · Sagramore · Segwarides · Tor · Tristán · Uriens · Ywain · Ywain o Bastardo | |
Obxectos | ||
Lugares | ||
Nos medios de masas | ||
Outros |