Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instituto Lucus Augusti de LugoDeclaración dos dereitos do neno e outras cousas nosas é unha obra publicada polo alumnado do Instituto Masculino de Lugo en 1973 co fin de difundir a declaración dos dereitos do neno e de poder recadar fondos para a excursión de fin de curso. Foi coordinada polo profesor Xesús Alonso Montero e publicada nas Ediciones Celta de Lugo .
O debuxo da portada é de Xoán L. do Rego Sandín.
O índice da obra, respectando a tipografía do orixinal, é:
A relación de estudantes colaboradores tal como se indica na obra (p. 7 e 8), ordenada por orde alfabética de apelidos (respectando a ortografía do orixinal):
Xesús Alonso Pimentel Constantino Alvite Muinelo Manuel Arias Bal Víctor Annesto Pérez Fernando Bal Nieves Pablo J. Barón Escamilla Manuel Besteiro López Xoán L. do Rego Santín Xosé Mª Fernández Caamaño Xosé A. Ferreiro Fernández Cesáreo Fouz Hemández Hipólito Fraga Ferreiro Xurxo García Armero Santiago Ricardo Gómez Polín Ramiro González Talavero Luis X. González Carro Xoán M. Hemández López Alvaro López Prieto Xosé A. López Vila Celso Matalobos Cerceda Humberto Mazoy Fernández Fernando Merino Prieto Carlos R. Mourelle Cillero Fernando Noya Arquero Froilán Pallín Seco Xosé L. Pallisé Meilán Antonio Parga Rifón Anxel X. Pedrosa Nogueira Alfonso Peruga Almaraz Antonio Reija Doval Xosé Eduardo Rey Moure Luis Ribeira Calvo Antonio Rodríguez Río Arcadio Silvosa Alonso Fernando Torres Canadell Xavier Valiño Neira Daniel Varela Gorgoso Xosé A. Vázquez Iglesias Francisco X. Vázquez Núñez Xosé L. Veiga Goy Xosé C. Yáñez López Alexandre Yáñez Pérez Contén a Declaración dos dereitos do neno traducida ao galego (p. 9). As cantigas populares son coplas de octosílabos con diversas combinacións de rima (p. 23). A escolma de poesía recolle composicións de Manuel Curros Enríquez , Antonio Noriega Varela , Luis Pimentel , Celso Emilio Ferreiro , Manuel María e Xosé Neira Vilas (p. 29). A escolma de narrativa recolle composicións populares e textos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Xosé Neira Vilas (p. 37). Nos libros para nenos, recóllense obras desde 1922, entre as que destaca As Roladas (1922) e o Método de lectura de Xosefa Iglesias Vilarelle (1932) (p. 45). No apéndice, recóllense propostas de dereitos realizadas polo alumnado de 3º entre as que se poden ler o 'dereito de voto', o 'dereito á diversión', o 'dereito de opinión no seo da familia', o 'dereito a podermos ver os exámenes despois de corrixidos e cualificados polo profesor', o 'dereito a termos un representante nas Cortes Españolas' ou o 'dereito a que non nos enganen con certas cousas, por exemplo co dos Reis Magos' (p. 51 e 52).