Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joan Capdevila Méndez, nado en Tàrrega (Lleida) o 3 de febreiro de 1978, é un futbolista español. Xoga de lateral esquerdo e o seu actual equipo é o FC Santa Coloma.
En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.
Produto da canteira do RCD Espanyol, debutou co RCD Espanyol B na tempada 1997–98. Ao ano seguinte debutou co Espanyol en Primeira División nun partido contra o Athletic Club (2–2). Na tempada 1999–00 foi contratado polo Atlético de Madrid.
Tras o descenso do Atlético de Madrid a Segunda División, Capdevila firmou co Deportivo da Coruña no verán de 2000. No club galego, ademais de ter un xogo regular e perfilarse como unha peza clave no equipo, gañou unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.
Na tempada 2007–08 firmou por tres anos co Villarreal CF, xogando practicamente tódolos partidos.
Capdevila debutou coa selección española o 16 de outubro de 2002, nun partido no que España empatou ante Paraguai (0–0), nun partido amigable disputado en Logroño (A Rioxa). O 17 de novembro de 2007 marcou o seu primeiro gol como internacional absoluto fronte a Suecia no Estadio Santiago Bernabéu.
Foi seleccionado polo técnico Luis Aragonés para disputar a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza. O 29 de xuño de 2008, Capdevila proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008 ante a Selección de fútbol de Alemaña. Capdevila disputou os 90 minutos da final. En xuño de 2009 disputou a Copa Confederacións en Suráfrica.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica. Joan Capdevila, Iker Casillas e Gerard Piqué foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os minutos do Mundial de Suráfrica 2010.
Tamén xogou oito partidos internacionais amigables coa selección de Cataluña.
- Deportivo
- Benfica
|
---|
Debut na UEFA Champions League |
|