Abuso sexual infantil

Abuso sexual de menores, abuso sexual infantil ou abuso sexual de nenos é unha forma de abuso infantil na que un adulto ou adolescente máis vello usa un neno para a estimulación sexual.[1][2] Formas de abuso sexual infantil inclúen pedir ou forzar o neno a participar en actividades sexuais (independentemente do resultado), exposición indecente (dos órganos xenitais, mamilas femininas, etc) a un neno coa intención de satisfacer os seus propios desexos sexuais, ou para intimidar o neno, ter contacto físico sexual cun neno, ou usar un neno para producir pornografía infantil.[1][3][4]

Os efectos do abuso sexual de nenos pode incluír depresión,[5] ansiedade, trastorno de estrés postraumático complexo, propensión de máis vitimización na idade adulta, e lesión física no neno, entre outros problemas. O abuso sexual por parte dun membro da familia é unha forma de incesto e pode resultar en trauma psicolóxico máis serio e de longo prazo, especialmente no caso de incesto parental.

Notas

🔥 Top keywords: