Armiño

mamífero mustélido, de pel moi suave, de cor parda no verán e branca no inverno

O armiño ou doniña branca (Mustela erminea) é unha especie de mustélido moi espallado por Europa. É un dos carnívoros máis pequenos do mundo; viven nos bosques e nas estepas; atópase xeralmente en campo aberto. Adoita establecer o seu fogar baixo unha morea de pedras ou nun tobo coidadosamente agochado no corazón dunha matogueira espiñenta. Parece ser que as sebes son o seu lugar favorito. O armiño aliméntase principalmente de roedores, que axexa ata dentro das seus tobos.

Armiño
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Mammalia
Subclase:Theria
Infraclase:Placentalia
Orde:Carnivora
Suborde:Caniformia
Familia:Mustelidae
Subfamilia:Mustelinae
Xénero:Mustela
Especie:M. erminea
Nome binomial
Mustela erminea
(Carl von Linné, 1758)
Distribución en Galiza
Distribución en Galiza

Distribución en Galiza
Distribución no mundo (verde: nativa, vermello: introducida)
Distribución no mundo
(verde: nativa, vermello: introducida)

Distribución no mundo
(verde: nativa, vermello: introducida)

Malia ser un dos carnívoros máis pequenos do mundo, é tamén un dos máis sanguinarios. O armiño ten o corpo alongado e extraordinariamente flexible. No verán, a súa pelaxe tórnase parda no lombo e branca ou branca amarelenta en todo el ou soamente en parte. Mais sempre conserva o extremo da súa longa cola de cor negra, o que é en toda época un bo trazo para a súa identificación. O seu peso varía entre os 100 e os 300 gramos.

Nunca se puido afirmar que o armiño sexa nocturno, ou pola contra diúrno, xa que é imposible observalo en todo momento do día ou da noite. Pasa o día en varias fases de actividade entrecurtada por períodos de sono máis ou menos prolongados. O armiño é terrestre e non rube, aínda que está dotado dunha grande axilidade. Nas chairas e nas rexións meridionais, conserva a súa pelaxe marrón co bandullo branco durante todo o ano. Na montaña e nas rexións máis frías muda de cor logo da súa muda de outono, tornándose enteiramente branco. Soamente o pincel de pelos que adorna o remate da súa cola permanece sempre negro.

Antigamente cazábase o armiño pola súa suave pel, dunha gran calidade, e da que se confeccionaban abrigos. Actualmente, existe a tendencia de substituír a pel do armiño pola de visón americano, igualmente fermoso mais non tan custoso.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: