Blackburn Rovers F.C.

O Blackburn Rovers Football Club é un equipo de fútbol inglés da Premier League con sede na cidade de Blackburn, Lancashire. O club foi fundado en 1875, sendo un dos membros fundadores da Football League en 1888. É un dos únicos tres clubs ingleses que foi membro fundador tanto da Football League como da Premier League, xunto co Aston Villa e o Everton. En 1890 o Rovers trasladouse ao seu actual terreo de xogo como local, Ewood Park. Antes da formación da Premiership en 1992, a meirande parte dos éxitos do club eran anteriores a 1930, cando gañaran a liga e a FA Cup en varias ocasións. Con todo, un descenso en 1966 significou 26 tempadas seguidas fóra da máxima categoría do fútbol inglés.

Blackburn Rovers
NomeBlackburn Rovers Football Club
Alcume(s)Rovers,
Blue and Whites,
The Riversiders,
The Mighty Blue & Whites
Fundación1875
EstadioEwood Park,
Blackburn, Inglaterra
Inauguración1890
Capacidade31.367
PresidenteInglaterra Steve Waggott
AdestradorInglaterra Tony Mowbray
LigaChampionship
2018–1915º
Na rede
http://www.rovers.co.uk/
Facebook: 1Rovers Twitter: rovers Instagram: rovers Youtube: UCg4185wSpo9swSCSUEYUGTg Pinterest: onerovers TikTok: rovers Discogs: 3442293 Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

En 1992 o Blackburn ascende á nova Premier League un ano despois de ser tomado polo barón do aceiro local Jack Walker, que fichou a Kenny Dalglish como adestrador con moito éxito, xa que en 1995, despois de gastar millóns en fichaxes como Alan Shearer ou Chris Sutton, gañan o campionato da Premier League. Porén, a ledicia non durou moito e o club descende de novo en 1999, regresando tan só dous anos despois, xusto despois da morte de Walker, permanecendo nesta categoría dende aquela. Durante esta época o equipo clasificouse á Copa da UEFA en catro ocasións: unha como campión de League Cup, dúas como sexto clasificado da Premier League e outra a través da Copa Intertoto. A temporada 2009-10 marcou a tempada número 70 do club na elite do fútbol inglés non consecutiva. O lema do club é a expresión latina: "Arte et labore", é dicir "Habilidade e traballo duro".

Historia

O Blackburn Rovers foi fundado o 5 de novembro de 1875. En 1912 gañou o seu primeiro título de Liga e en 1914 o seu segundo. En 1995 gañou o seu terceiro e, até o de agora último, título da Premier League.

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta dividida en dúas metades, a metade dereita azul con manga branca e a metade esquerda branca con manga azul, pantalón e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta dividida en dúas metades, a metade dereita negra con manga vermella e a metade esquerda vermella con manga negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio

Artigo principal: Ewood Park.

O actual estadio do Rovers é Ewood Park, aínda que antes de trasladarse ao mesmo en 1890 xogou noutros recintos deportivos, entre os que se atopan Oozehead Ground (1876-77), Pleasington Cricket Ground (1877-78), Alexandra Meadows (1878-81) e Leamington Road (1881-90).

Xogadores

Categoría principal: Xogadores do Blackburn Rovers FC.

Cadro actual

Cadro actualizado a 17 de febreiro de 2020.[1]

PostoPaísXogador
1POR Christian Walton
2DEF Ryan Nyambe
3DEF Derrick Williams
4MED Bradley Johnson
6MED Richie Smallwood
7DIA Adam Armstrong
8MED Joe Rothwell
9DIA Sam Gallagher
10DIA Danny Graham
11MED Harry Chapman
12DIA Dominic Samuel
13POR Jayson Leutwiler
14DEF Charlie Mulgrew
17DEF Amari'i Bell
18MED Jacob Davenport
PostoPaísXogador
19MED Stewart Downing
20DIA Ben Brereton
22MED Lewis Holtby
23MED Bradley Dack
24DEF Tosin Adarabioyo
26DEF Darragh Lenihan
27MED Lewis Travis
29MED Corry Evans
31MED Elliott Bennett
34DIA Daniel Butterworth
35DEF Joe Grayson
37MED Joe Rankin-Costello
38DEF Tyler Magloire
39MED John Buckley

Récords de xogadores

As estatísticas só inclúen partidos da Premier League (dende 1992), incluídos os períodos dentro do club. Datos a 13 de agosto de 2010.[2] Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Blackburn Rovers.

Partidos xogados

Brad Friedel.
#NomePeríodoApariciónsGoles
1 Brad Friedel2000–20082611
2 Morten Gamst Pedersen2004–actualidade26034
3 Brett Emerton2003–201124713
4 Tim Sherwood1992–199923525
5 Tugay Kerimoğlu2001–200923310
6 Colin Hendry1991–19982048
7 Jason Wilcox1992–199919227
8 Lucas Neill2001–20071885
9 Stuart Ripley1992–199818713
10 Garry Flitcroft1996–200618611

Máximos goleadores

Alan Shearer.
#NomePeríodoGolesApariciónsGoles por partido
1 Alan Shearer1992–19961121380.812
2 Chris Sutton1994–1999471300.362
3 Kevin Gallacher1993–1999461390.715
4 Benni McCarthy2006–201036950.379
5 Morten Gamst Pedersen2004–actualidade342600.131
6 Andy Cole2001–200427830.325
7 Jason Wilcox1992–1999271920.141
8 Tim Sherwood1992–1999252350.106
9 Jason Roberts2006–2012231340.172
10 Roque Santa Cruz2007–200923570.404

Galardóns individuais

Máximo goleador de Europa

Os seguintes xogadores foron os máximos goleadores de toda Europa (antes da instauración en 1968 do premio Bota de Ouro) mentres xogaban para o Blackburn Rovers:

  • Jack Southworth (26 goles) – 1891
  • Ted Harper (43 goles) – 1926

Palmarés

Nacional

Liga

Copas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: