Cúpula de Ferro

A Cúpula de Ferro (hebreo: כִּפַּת בַּרְזֶל, árabe: گنبد آهنی, inglés: Iron Dome) é un sistema de defensa antiaérea israelí[1] deseñado por Rafael Advanced Defense Systems e Israel Aircraft Industries.[2] Este sistema deseñouse para interceptar e destruír mísiles de curto alcance e proxectís de artillaría disparados dende distancias de 4 a 70 km e que estivesen dirixidos cara áreas poboadas.[3][4] O goberno de Israel propúxose incrementar este rango dende os 70 km ata un máximo de 250 km, engadindo a capacidade de interceptar proxectís lanzados dende varias direccións ao mesmo tempo.[5]

Cúpula de Ferro
OrixeIsrael
Usado porIsrael, Acerbaixán e Estados Unidos de América
GuerrasGaza–Israel conflict, Operación Marxe Protectora, Operação Pilar Defensivo, Operation Guardian of the Walls e Bombardeio da Faixa de Gaza por Israel em 2022
Deseñado2005
FabricanteRafael Advanced Defense Systems e Israel Aerospace Industries
Construídos2
Peso90 quilogramos
Lonxitude3 metros
Diámetro160 milímetros
editar datos en Wikidata ]

Declarouse operacional e comezou a funcionar o 27 de marzo de 2011 preto de Beersheba.[6] O 7 de abril de 2011 o sistema interceptou un proxectil lanzado dende a Franxa de Gaza por primeira vez.[7] O 10 de marzo de 2012 The Jerusalem Post informou que o sistema conseguira derribar o 90% dos proxectís lanzados dende Gaza con obxectivos en áreas poboadas,[4] e en novembro de 2012 os informes oficiais do goberno israelí reportaron que o sistema levaba interceptado máis de 400 proxectís.[8][9]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: