Clemente Biondetti

Clemente Biondetti nado o 18 de agosto de 1898 e finado o 24 de febreiro de 1955, foi un piloto de carreiras italiano.[1] Biondetti naceu nunha familia da clase obreira, Biondetti correu as motocicletas antes de pasar aos automóbiles onde tivo máis éxito.

Infotaula de personaClemente Biondetti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Provincia de Sassari, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Florencia, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTrespiano Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1955)
Reino de Italia (1898–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8913234 Editar o valor em Wikidata

Biografía

Nado en Buddusò, Sardeña, nunha familia de clase traballadora, Biondetti comezou a súa andaina nas carreiras en motocicletas en 1923, pero en 1927 decidiuse polos automóbiles. En 1931 a súa actuación valeulle un punto de Gran Premio correndo co equipo de fábrica deMaserati.

Os seus éxitos en circuítos foron mínimos, pero foi un dos mellores nas carreiras de resistencia. Pilotando un Alfa Romeo 8C 2900b, Clemente Biondetti gañou a Mille Miglia de 1938 para o coches deportivos e na Coppa Ciano terminou segundo na clase voiturette e terceiro na clasificación xeral. En 1939, gañou a Coppa Acerbo na clase voiturette e logrou o segundo lugar no Gran Premio de Suíza. A súa participación nas carreiras detívose despois do estalido da segunda guerra mundial en 1940. No momento en que retomou a súa participación nas carreiras logo da guerra, xa tiña 49 anos. Con todo, dominou as carreiras de resistencia italianas, logrando á vitoria na Mille Miglia durante tres anos consecutivos de 1947 a 1949 e a Targa Florio en 1948 e 1949. Gañou máis Mille Miglias que calquera outro piloto na historia.

Clemente Biondetti participou nun Gran Premio do Campionato Mundial de Fórmula 1, o Gran Premio de Italia de 1950. Conducindo un automóbil híbrido auto-construído, os problemas do motor obrigárono a retirarse da carreira polo que non puido anotar ningún punto do campionato. A Biondetti encantábanlle os coches de carreiras e seguiu competindo en autos deportivos e carreiras de resistencia, obtendo un segundo lugar nun Ferrari nas 12 Horas de Pescara en 1952 contra pilotos moito máis novos. Logo de sufrir de cancro durante varios anos, viuse obrigado a retirarse en 1954. Sucumbiu ao cancro o 24 de febreiro de 1955 en Florencia.[2]

Grandes vitorias

Rexistro de carreiras

Resultados completos no Campionato de Europa

(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

AnoEquipoChasisMotor12345pos.Pts
1931Officine A. MaseratiMaserati 26MMaserati 2.5 L8ITAFRA
3
BEL23º19
1936Scuderia MaremmanaMaserati 6C-34Maserati 3.7 L6MONALESUI
Ret
ITA
Ret
25º29
1937Scuderia MaremmanaMaserati 6C-34Maserati 3.7 L6BELALEMON
Ret
SUI15º34
Scuderia FerrariAlfa Romeo 12C-36Alfa Romeo 4.1 V12ITA
Ret
1938Alfa CorseAlfa Romeo Tipo 312Alfa Romeo 3.0 V12FRAALE
Ret
SUI13th27
Alfa Romeo Tipo 316Alfa Romeo 3.0 V16ITA
4
1939Alfa CorseAlfa Romeo 158Alfa Romeo no automobilismo 1.5 L8BELFRAALESUI
9
16º28
Fonte:[3]

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

AnoEquipoChasisMotor1234567Pos.Pts
1950Scuderia MilanoMaserati 4CLT/50Maserati 4 CL 1.5 L4sGBRMON
NCG
500SUIBELFRANC0
Clemente BiondettiFerrari 166TJaguar XK 3.4 L6ITA
Ret
Fonte:[4]

Complete 24 Hours of Le Mans results

AnoEquipoCo-PilotosCocheClaseVoltasPos.Clase
Pos.
1938 Raymond Sommer Raymond SommerAlfa Romeo 8C 2900B Touring5.0219RetRet
1951 Jaguar Cars Ltd Leslie JohnsonJaguar XK-120CS 5.050RetRet
1953 Scuderia Lancia José Froilán GonzálezLancia D20S 8.0213RetRet

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas