Estación de Montefurado

estación de ferrocarril en Montefurado, Quiroga

7°12′02″O / 42.3946, -7.20042

Montefurado é unha estación de tren de Adif, situada en Montefurado, no concello de Quiroga, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Montefurado
Vista da estación
SituaciónQuiroga
Liñas
Media distanciaRexional Exprés

Situación ferroviaria

Está situada no punto quilométrico 318,6 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 279 metros de altitude,[1] entre as estacións de Soldón-Sequeiros e A Rúa-Petín. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación

Sitúase ao sur do núcleo de Montefurado. O seu edificio para viaxeiros é unha pequena estrutura que cumpre principalmente funcións de refuxio. Dispón de dúas vías aos que acceden dúas plataformas, unha lateral e outra central. Unha terceira vía morre nun dos laterais do recinto. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios

Media Distancia

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

LiñaTrensOrixe<>Destino
6Rexional ExprésVigo-Guixar<>León

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas