Estados Confederados de América

Os Estados Confederados de América (en inglés: Confederate States of America (C.S.A.)), tamén chamados a Confederación e Estados Confederados, foi un Estado formado polos once estados meridionais dos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Como a súa existencia nunca foi recoñecida no plano internacional, a súa fronteira setentrional é incerta, pero ao leste limitaba co océano Atlántico e ao sur tiña fronteira con México e o golfo homónimo. O goberno confederado reclamaba un territorio de 1 995 392 km² e unha poboación de 9 103 332 habitantes, dos cales 3 521 110 eran escravos, segundo o censo de 1860.[1]

Modelo:Xeografía políticaEstados Confederados de América
Confederate States (en) Editar o valor em Wikidata

HimnoDixie Editar o valor em Wikidata

Lema«Deo vindice (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialGeorge Washington Editar o valor em Wikidata
AlcumeConfederacy Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aAmérica Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata
CapitalDanville (pt) Traducir
Montgomery (1861–1861)
Richmond (1861–1865) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Alabama (1861–1865)
Arcansas (1861–1865)
Carolina do Norte (1861–)
Carolina do Sur (1861–1865)
Florida (1861–)
Kentucky (1861–)
Luisiana - Louisiana (1861–1865)
Mississippi (1861–)
Misuri (1861–)
Tennessee (1861–)
Território Confederado do Arizona (pt) Traducir (1862–)
Texas (1861–)
Virxinia (1861–)
Xeorxia (1861–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación9.103.332 (1860) Editar o valor em Wikidata (4,56 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa (De facto) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.995.392 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación8 de febreiro de 1861 Editar o valor em Wikidata
Disoluciónmaio de 1865 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal
presidencialismo Editar o valor em Wikidata
• President of the Confederate States (en) Traducir Editar o valor em WikidataJefferson Davis (1861–1865) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoConfederate States Congress (en) Traducir , (Escano: 135) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar Confederado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Sete estados proclamaron a súa secesión dos Estados Unidos antes de que Abraham Lincoln fose investido presidente, catro máis fixeron o mesmo despois de que a guerra civil dos Estados Unidos comezase coa batalla de Fort Sumter. Os Estados Unidos de América ("a Unión") sostivo que a secesión era ilegal e negou o recoñecemento á Confederación. Aínda que os gobernos europeos non recoñeceron oficialmente a creación desta Confederación, o Reino Unido vendeu buques de guerra e abasteceunos de subministracións por intereses comerciais.

Cando Robert E. Lee e outros xenerais confederados se renderon na primavera de 1865, a Confederación colapsouse, finalizando a guerra sen unha posterior guerra de guerrillas. Seguidamente, produciuse un proceso, bautizado como a Reconstrución, que durou máis dunha década, e que dotou os escravos liberados de dereitos civís e dereito ao voto, expulsando os líderes da derrotada Confederación dos seus cargos, e readmitindo aos estados a súa representación no Congreso de forma permanente.

Historia

Causas da secesión

Segundo a opinión xeneralizada dos historiadores, dúas foron as causas fundamentais da secesión [2] Por unha banda, a intención dos republicanos de restrinxir, ata eliminar, o escravismo. Doutra banda, as grandes limitacións de poder político que tiñan os estados da Unión, sobre todo en relación á propiedade dos escravos. Estas foron as causas fundamentais que alentaron aos estados do Sur a separarse da Unión.

Algúns líderes relixiosos do sur enarboraban nos seus sermóns as causas da secesión. Benjamin M. Palmer (1818-1902), pastor da principal Igrexa Presbiteriana de Nova Orleáns, exclamaba o seu apoio á secesión nun sermón do Día de Acción de Grazas en 1860, argumentando que os brancos do Sur tiñan o dereito e a obrigación de manter a escravitude en prol dunha autoprotección económica e social. Tamén, para actuar como "gardiáns" dos "afectuosos e leais" aínda que "desamparados" negros, para salvagardar os seus intereses económicos, e para actuar como defensores da relixión contra o "ateísmo" abolicionista.[3] Este sermón foi amplamente difundido a través dos templos relixiosos.

No que máis tarde veu ser coñecido como o "discurso da pedra angular", o vicepresidente da Confederación Alexander Stephens, declarou que a "pedra angular" do novo goberno, e no que se apoiaba, "era a gran verdade de que o negro non é igual ao home branco, esta escravitude, subordinación a unha raza superior, é a súa natural e normal condición. O noso novo goberno, é o primeiro, na historia do mundo, baseado sobre esta gran verdade física, filosófica e moral".[4] Catro dos estados separados, os estados do Deep South (Sur profundo), Carolina do Sur,[5] Mississippi,[6] Xeorxia,[7] e Texas,[8] fixeron declaracións formais das súas motivacións onde identificaron a ameaza sobre os dereitos dos posuidores de escravos como a causa maior da secesión. Xeorxia, adicionalmente, denunciou unha política federal que favorecía os intereses económicos do norte fronte aos do sur.

En contraste a isto, o Presidente dos Estados Confederados Jefferson Davis non fixo referencia explícita ningunha á escravitude no seu discurso de investidura, no seu lugar acentuou a importancia dos dereitos dos estados para implantaren as súas propias políticas, en detrimento dun goberno federal, como a razón fundamental da secesión.[9]

O Vicepresidente da Confederación, Alexander Stephens, declarou que a nova Constitución eliminaba as tarifas e a cláusula de comercio (Commerce Clause, artigo da Constitución que outorgaba a exclusividade ao Goberno federal de comerciar con Estados estranxeiros), quitando, deste xeito, poder ao Congreso para regular calquera aspecto comercial. Stephens cría que un novo país tería unha clara delimitación entre as responsabilidades federais e estatais, e levou a unha posición similar a esta a Carolina do Sur durante a "Crise da Anulación" (Nullification Crise) onde mantiña que o Goberno federal non debía pagar as construcións e infraestruturas internas dos estados.

Estados secesionados

Mapa político dos Estados Confederados de América

Sete estados separáronse antes de febreiro de 1861:

Despois de que Lincoln chamara a tropas, catro estados máis secesionáronse:

Dous estados máis estaban controlados por gobernos que apoiaban a Unión, pero existiron grupos a favor da Confederación que proclamaron a secesión. A Conferederación admitiunos como estados membros aínda que nunca foron controlados pola mesma. Estes dous estados foron os seguintes:

  • Missouri, un grupo reclamou a escisión o 31 de outubro de 1861, pero esta non se realizou de forma efectiva.[22][23]
  • Kentucky, tampouco chegou a producirse unha secesión efectiva, aínda que un grupo non electo proclamouna o 20 de novembro de 1861.[24]

Ambos os dous estados permitiron a escravitude e tiñan condados onde tiña moita influencia o pensamento unionista e o confederado, ata existían varios escravistas que eran favorables á Unión.

Alzamento e caída da Confederación

A guerra civil estadounidense estalou en abril de 1861 coa batalla de Fort Sumter en Charleston, Carolina do Sur. As tropas federais dos Estados Unidos retiráronse a Fort Sumter pouco despois de que Carolina do Sur declarase a súa secesión. O presidente en funcións da Unión, James Buchanan, tentara aprovisionar as forzas de Sumter, enviando a Estrela do Oeste, pero as forzas confederadas abriron fogo sobre a nave, afastándoa do seu destino. Cando Abraham Lincoln chegou á presidencia tamén intentou enviar subministracións a Sumter. Lincoln notificou ao gobernador de Carolina do Sur, Francis W. Pickens, que "se realizará un intento para abastecer Fort Sumter exclusivamente con provisións, e se non hai resistencia, non se fará ningún intento para levar homes, armas, ou munición sen aviso previo, [excepto] no caso dun ataque ao forte". En resposta, o gabinete da Confederación decide nunha reunión en Montgomery abrir fogo contra Fort Sumter nun intento de forzalo a renderse antes de que chegase a frota. O 12 de abril de 1861, as tropas confederadas, seguindo ordes de Davis e a súa Secretaría de Guerra, abriron fogo sobre as tropas federais forzando a entrega do forte para ocupalo.

Logo da Batalla de Fort Sumter, Lincoln insta aos restantes estados da Unión a que enviasen tropas para recuperar Sumter, ademais doutros fortes e establecementos aduaneiros no sur e que os confederados reclamaran, algúns deles pola forza.[25] Esta petición foi realizada antes de que o Congreso tivese competencias acerca desta materia e o requirimento foi realizado polo Departamento de Guerra. Os voluntarios foron chamados unicamente para un período de tres meses.[25] A esixencia de tropas de Lincoln deu lugar a que catro estados máis votasen a súa secesión, preferindo isto antes que achegar tropas á Unión. Virxinia, Arcansas, Tennessee e Carolina do Norte separáronse facendo un total de once estados na Confederación. Unha vez que Virxinia se integrase nos Estados Confederados, a capital foi trasladada desde Montgomery (Alabama) a Richmond (Virxinia). Se exceptuamos unhas poucas batallas, tódalas demais tiveron lugar no territorio confederado. Alexander H. Stephens asegurou que a tentativa de Lincoln de reabastecer Sumter provocara a guerra.[26]

Kentucky foi un estado fronteirizo durante a guerra civil e, durante un tempo, tivo dous gobernos, un que defendía a causa da Confederación e outro que defendía a da Unión. O goberno orixinal permaneceu apoiando á Unión, tras un curto período de tempo na neutralidade, pero unha facción rival ao goberno dese estado proclamou a integración nos Estados Confederados de América. A pesar de todo isto, os confederados non chegaron a controlar o estado de Kentucky de forma efectiva. Unha situación máis complexa é a que acompaña a secesión de Missouri, en calquera caso, a Confederación consideraba a Missouri membro dos Estados Confederados a pesar de non controlar o territorio de devandito estado. Desta forma, o número de estados confederados poderían ser trece se contamos Kentucky e Missouri. Unha versión da bandeira confederada posterior amosaría trece estrelas, reflectindo a reclamación sobre estes dous estados.

Os gobernos das cinco tribos do Territorio Indio, que se convertería en Oklahoma en 1907, apoiaron principalmente ós Confederados, fornecendo tropas e un oficial xeral. Foi representado no Congreso dos Estados Confederados a partir de 1863 por Elias Cornelius Boudinot, por parte dos cherokees, e Samuel Benton Callahn por parte dos pobos seminole e muskoge.

Os cidadáns de La Mesilla e Tucson na parte sur do Territorio de Novo México formaron unha convención para a secesión, votaron a integración na Confederación o 16 de marzo de 1861 e designaron a Lewis Owings como novo gobernador territorial. En xullo, Mesilla requiriu ás tropas confederadas a que se desprazasen a El Paso, Texas. Estas acudiron baixo o mando do tenente coronel John Baylor e o seu obxectivo era axudar a eliminar unha división do exército da Unión que, baixo as ordes do maior Isaac Lynde, foron localizados moi preto dese lugar. Os confederados derrotaron a Linde na Batalla de Mesilla o 27 de xullo. Tras a batalla, Baylor estableceu un goberno territorial para o Territorio de Arizona controlado polos confederados e nomeouse a si mesmo gobernador. En 1862, foi lanzada unha campaña sobre Novo México baixo as ordes do xeneral Henry Hopkins Sibley para tomar a metade norte de Novo México. Aínda que os confederados ocuparon brevemente a capital territorial de Santa Fe, foron derrotados no paso de Glorietta en marzo. As tropas retiráronse e non volveron tomar Santa Fe.

Os estados escravistas situados no norte da Confederación (Missouri, Kentucky, Maryland, Delaware e Virxinia Occidental) eran territorio en disputa, pero a Unión gañou o seu control antes de 1862. En 1861, a lei marcial foi declarada en Maryland (estado que limita coa capital dos Estados Unidos, Washington, DC, na maioría do seu perímetro) para bloquear calquera tentativa de secesión. Delaware, tamén un estado escravista, nunca considerou a secesión, tampouco Washington, DC. En 1861, o poder lexislativo unionista de Wheeling, escindido de Virxinia, reivindicou 48 condados deste estado, e integrouse nos Estados Unidos en 1863 como o estado de Virxinia Occidental e cunha constitución que suprimiu de forma gradual a escravitude.

As tentativas de separación dos Estados Confederados de América dalgúns condados no leste de Tennessee foron abortados de forma inmediata cando a Confederación declarou a lei marcial.[27][28] A rendición do exército do norte de Virxinia polo xeneral Robert E. Lee no Palacio de Xustiza de Appomattox o 9 de abril de 1865, está considerada, de forma xeral, o final dos Estados Confederados. O presidente Davis foi capturado en Irwinville, Xeorxia, o 10 de maio, e o resto de forzas confederadas rendéronse en xuño de 1865. A última bandeira da Confederación foi arriada de Shenandoah o 6 de novembro de 1865.

Goberno e política

Constitución

Jefferson Davis, presidente da Confederación.

A análise da Constitución dos Estados Confederados revela moito sobre as motivacións para a escisión da Unión. Aínda que gran parte da mesma foi copiada exactamente da Constitución dos Estados Unidos, contiña varias proteccións que de forma explícita garantían a permanencia da escravitude, aínda que o comercio internacional de escravos foi prohibido. Tamén reflectiu unha forte filosofía sobre a preservación dos dereitos dos estados a autogobernarse, acoutando o poder do Goberno central. Prohibiuse que o Goberno confederado establecese tarifas proteccionistas internas e que usasen os impostos recadados para financiar as melloras propias doutro estado. En contraposición da linguaxe secular da Constitución dos Estados Unidos, a constitución confederada pedía abertamente a bendición de Deus, nela pódese ler "Invoking the favor of Almighty God" (invocando o favor de Deus todopoderoso).

Proposta de moeda de medio dólar dos Estados Confederados (1861). US Mint (Casa da Moeda de Nova Orleáns).

A Constitución dos Estados Confederados non incluíu de forma específica unha disposición que permitise aos estados a separarse. Aínda que o preámbulo di que cada estado "actúa co seu carácter soberano e independente", tamén fala da formación dun "goberno federal permanente".

Os líderes do sur reuníronse en Montgomery para redactaren a súa constitución, que foi aprobada o 11 de marzo de 1861 e permaneceu en vigor ata 1865. Estableceron que o Presidente dos Estados Confederados de América debía ser elixido para un mandato de seis anos, pero non podía presentarse a unha reelección (aínda que o único presidente foi Jefferson Davis xa que a Confederación foi derrotada antes de que terminase o seu mandato). Ao presidente outorgábase un único poder, a capacidade de exercer o veto a leis; esta posibilidade tamén era compartida por algúns gobernadores nos seus estados. O Congreso Confederado podía derrubar o veto, que podía ser a unha lei en xeral ou a algúns dos seus artigos, cunha maioría de polo menos dous terzos e á semellanza do Congreso dos Estados Unidos. Doutra banda, as aprobacións de leis non solicitadas de forma específica polo poder executivo requirían para ser aprobadas dous terzos de votos de ambas as cámaras do Congreso (Senado e Cámara de Representantes).

A impresión de papel moeda e selos foi autorizada e posta en circulación, aínda que foi realizada polos estados de forma individual en nome da Confederación. O Goberno considerou realizar unha emisión de moedas, pero a carencia de lingotes frustrou os plans respecto diso.

Líderes políticos

Executivo

Gabinete de Davis en 1861 en Montgomery.
CargoNomePeríodo
PresidenteJefferson Davis1861-1865
VicepresidenteAlexander Stephens1861-1865
Secretario de EstadoRobert Toombs1861
Robert M.T. Hunter1861-1862
Judah P. Benjamin1862-1865
Secretario do TesouroChristopher Memminger1861-1864
George Trenholm1864-1865
John H. Reagan1865
Secretario de GuerraLeroy Pope Walker1861
Judah P. Benjamin1861-1862
George W. Randolph1862
James Seddon1862-1865
John C. Breckinridge1865
Secretario da ArmadaStephen Mallory1861-1865
Presidente postalJohn H. Reagan1861-1865
Presidente do
Poder Xudicial
Judah P. Benjamin1861
Thomas Bragg1861-1862
Thomas H. Watts1862-1863
George Davis1864-1865

Lexislativo

Congreso provisional

O poder lexislativo dos Estados Confederados de América estaba centralizado no Congreso. Do mesmo xeito que o Congreso dos Estados Unidos, o Congreso Confederado constaba de dúas cámaras: o Senado, que se compuña pola elección directa de cada lexislativo estatal de dous senadores, e a Cámara de Representantes, que se compuña pola elección por sufraxio polos residentes de cada un dos estados.

Para afrontar o seu primeiro ano de vida, o Congreso confederado estableceuse provisionalmente cun formato unicameral. A presidencia da cámara recaeu sobre Howell Cobb Sr., do estado de Xeorxia, entre o 4 de febreiro de 1861 e o 17 de febreiro de 1862.

O Congreso Confederado tivo a seguinte representación das tribos indíxenas da rexión:

Xudicial

O poder xudicial da Confederación foi esbozado na Constitución, pero como consecuencia da guerra o Tribunal Supremo dos Estados Confederados nunca foi instituído. De forma xeral, os tribunais estatais e locais seguían funcionando como o fixeron ata o momento, simplemente realizaban un recoñecemento dos Estados Confederados de América como goberno nacional, no canto de recoñecer os Estados Unidos de América.[29] Algúns tribunais de distrito na zona confederada, con todo, facían recoñecementos aos estados individuais. Isto ocorreu en tribunais nos estados de Carolina do Sur, Arcansas, Alabama, Florida, Xeorxia, Luisiana, Carolina do Norte, Tennessee, Texas e Virxinia, e posiblemente nalgún máis. No final da guerra, os tribunais de distrito recuperaron a xurisprudencia dos Estados Unidos.[30]

Liberdades civís

A Confederación utilizou de forma activa o exército para arrestar as persoas sospeitosas de ser leais aos Estados Unidos. O historiador Mark Neely, nas súas investigacións, atopou ata 2.700 nomes de persoas que foron arrestados e estimou que a lista completa era moito máis longa. A proporción de arrestados é similar á dos arrestados no territorio federal por ser sospeitosos de colaborar cos confederados. Neely conclúe:

"Os cidadáns confederados non foron de xeito ningún máis libres que os cidadáns da Unión e, quizais, non tiñan menos probabilidades de ser arrestados polas autoridades militares. De feito, o cidadán confederado puido ser nalgúns asuntos menos libre que as súas contrapartes do norte. Por exemplo, a liberdade de viaxar dentro dos propios Estados Confederados estaba seriamente limitada por un sistema de pasaporte interno."[31]

Capital

Capitolio do estado de Virxinia, que serviu como edificio do Capitolio Confederado

A capital dos Estados Confederados de América era Montgomery (Alabama), a partir do 4 de febreiro de 1861, e ata o 29 de maio de 1861. Richmond (Virxinia), foi nomeada a nova capital o 6 de maio de 1861. Pouco antes do final da guerra, o goberno confederado evacuou Richmond, coa intención de volver localizar a capital máis cara ao sur. Pero estes plans non se levaron a cabo, xa que Lee se rendía no Palacio de Xustiza de Appomattox. Danville (Virxinia) servía como efémera capital dos últimos días da Confederación, entre o 3 e o 10 de abril de 1865.

Diplomacia internacional

Unha vez comezada a guerra cos Estados Unidos, as posibilidades de supervivencia da Confederación pasaban polo apoio e intervención militar de Francia e o Reino Unido.

Os Estados Unidos tiveron esta posibilidade bastante clara, e manifestaron que o recoñecemento da Confederación significaría entrar en guerra con eles tamén. Tamén ameazaron respecto ao abastecemento do Reino Unido de alimentos á Confederación. Os confederados pensaban que o Reino Unido os apoiaría para obter algodón, e ata utilizaban unha frase feita que pregoaban cuxa tradución é "o algodón é o rei". Máis tarde demostraríase que estaban equivocados, os británicos na realidade, en 1861, tiñan grandes almacéns de algodón e dependían moito máis do gran dos Estados Unidos.

Durante a súa existencia, o goberno confederado enviou repetidas delegacións a Europa, pero os historiadores non conceden a estes representantes de que conseguisen moitos logros diplomáticos. James M. Mason foi enviado a Londres como ministro confederado da raíña Vitoria, e John Slidell a París como ministro de Napoleón III. Ambos podían ter reunións privadas cos altos funcionarios británicos e franceses, pero non conseguiron un recoñecemento oficial para a Confederación.

Gran Bretaña e os Estados Unidos estiveron a piques de entrar en guerra durante o asunto de Trent, no final de 1861. Un buque de guerra estadounidense apresou de forma ilegal a Mason e Slidell, que se atopaban nunha nave británica. O príncipe Alberte, marido da raíña Vitoria, axudou a acougar a situación, e Lincoln liberou a Mason e Slidell. Así que finalmente este suceso non foi de moita axuda para os intereses confederados.

Durante uns cantos anos e mentres transcorría a guerra de secesión, o Secretario de Asuntos Exteriores Británico Lord Russel e Napoleón III, e en menor medida o Primeiro Ministro Británico Lord Palmerston, consideraron a posibilidade de outorgar o recoñecemento oficial á Confederación, ou cando menos ofrecer a posibilidade de ser mediadores no conflito. Pero decatáronse que este recoñecemento significaría moitas consecuencias graves e poucas vantaxes. Suporía entrar en hostilidades cos Estados Unidos, perder toda posibilidade de comprar o gran que este exportaba, a perda dos beneficios derivados das exportacións facían aos Estados Unidos, a perda dos enormes fondos de seguridade que tiñan nos Estados Unidos, entrar nunha posible guerra no Canadá e outras colonias en Norteamérica, perderíanse moitas vidas, suporía unha ameaza constante para a mariña mercante británica, ademais de ter que subir os impostos aos seus cidadáns para manter estes posibles conflitos. Todo isto a cambio da posibilidade de obter maior cantidade de algodón. Moitos líderes de partidos políticos británicos e a poboación en xeral non desexaban unha guerra con tan altos custos e tan escasos beneficios.

As maiores posibilidades de que se producise o recoñecemento oficial da Confederación por parte do Reino Unido déronse tras a Segunda Batalla de Manassas, cando o goberno británico se preparou para mediar no conflito, pero a vitoria dos federais na Batalla de Antietam e a proclamación de emancipación de Lincoln, xunto coa oposición interna, causou que o goberno se mantivese apartado do conflito.

En novembro de 1863, o diplomático confederado A. Dudley Mann reuniuse co Papa Pío IX, tras a cal a Confederación recibiu unha carta co tratamento "ao ilustre e honorable Jefferson Davis, presidente dos Estados Confederados de América". Mann, quixo interpretar neste encabezamento da misiva un "recoñecemento positivo do noso goberno", e asemellalo a un recoñecemento de facto dos Estados Confederados de América. O Secretario de Estado dos confederados, Judah P. Benjamín, con todo, interpreta esta carta como "un mero recoñecemento referencial, non relacionado coa cuestión política, nin co establecemento regular de relacións diplomáticas" e así non se lle atribuíu a importancia dun recoñecemento formal.[32] Polo tempo que quedaba de guerra, os comisionarios confederados continuaron reuníndose co cardeal Antonelli, Secretario de Estado do Vaticano. En 1864, antes da creación da Santa Sé, o bispo católico Patrick N. Lynch viaxou ao Vaticano coa autorización de Jefferson Davis para representar á Confederación.

Ningún país designou oficialmente a diplomáticos na Confederación, pero varios mantiveron os seus cónsules no sur que foran designados antes de que comezasen as escisións e a posterior guerra. En 1861, Ernst Raven solicitou a súa aprobación como cónsul nos Estados Confederados de América polo ducado de Saxonia-Coburgo-Gotha, pero el era cidadán de Texas e non había evidencias de que os dirixentes de Saxonia soubesen da existencia desta solicitude.

En 1863, a Confederación expulsou a todos os cónsules estranxeiros (todos eran británicos e franceses) por negarse a promocionar o combate contra os Estados Unidos. A maioría das potencias europeas adoptaron unha política de neutralidade, reuníndose de xeito informal cos diplomáticos confederados pero negando calquera recoñecemento formal. Ningún país enviou nunca un embaixador ou unha delegación de funcionariado a Richmond. Con todo, aplicaron os principios de dereito internacional para recoñecer á Unión e a Confederación como bandos belixerantes na guerra. Canadá permitiu que representantes da Confederación e da Unión traballarán libremente dentro das súas fronteiras, e algúns Gobernos de estados do norte de México negociaron acordos locais para cubrir as necesidades de comercio coa fronteira de Texas.

O fracaso dos dereitos dos estados para o seu autogoberno

Bandeira da armada confederada. Debido á súa popularidade durante o século XX asóciase como a bandeira dos Estados Confederados.

O historiador Frank Lawrence Owsley argumentou que a Confederación "morreu pola ambición de poderes políticos de autogoberno dos diferentes estados".[33][34] De acordo con Owsley, os poderes lexislativos dos estados do Sur e os seus gobernadores, de fortes conviccións, rexeitaron ceder ao goberno confederal os soldados e recursos necesarios para a guerra porque temían que Richmond usurpase poderes estatais.

O gobernador de Xeorxia, Joseph Brown sospeitaba que Jefferson Davis era un conspirador coa intención de eliminar poder e liberdade de autonomía aos estados que formaban a Confederación. Brown declarou: "case cada acto que se fai para nos desposuír do poder, está concibido, de mala fe, elaborado e afianzado nunha sesión secreta".[35]

En 1863 o gobernador de Texas, Pendleton Murrah, insistía en que as tropas de Texas eran necesarias para a súa autodefensa, para protexerse de ataques de indios ou dun posible intento de invasión por parte da Unión. Rexeitou, xa que logo, envialas ao Leste como lles pediu o goberno confederado.[36]

Zebulon Vance, gobernador de Carolina do Norte era notoriamente hostil a Davis e ás súas esixencias. A oposición ao recrutamento en Carolina do Norte foi moi intensa e o resultado de tropas recrutadas foi desastroso. A forte crenza de Vance nos dereitos políticos de autogoberno dos estados conduciuno a exercer unha obstinada oposición ao goberno confederado.[37]

O vicepresidente Stephens opúxose publicamente ao presidente Davis, declarando que calquera forma de satisfacer as esixencias deste, soamente debilitaría á Confederación, e el xa que logo non tiña outra opción senón enfrontarse publicamente coa administración confederada e co seu presidente. Stephens acusou a Davis de permitir realizar "detencións arbitrarias" e de eliminar a estrutura estatal, e que isto lle conferiu máis poder que o parlamento inglés outorgara ao seu rei". Tamén agregou que Davis interveu para eliminar as reunións de paz en Carolina do Norte e "colocou un bozo a algúns xornalistas", especialmente ao xornal contrario á guerra Raleigh Standard, coa intención de controlar as eleccións dese estado.

Facéndose eco de Patrick Henry cando dixo "dáme liberdade ou dáme morte", Stephens alertou aos do sur que nunca deben ver a liberdade como un dereito "subordinado á independencia" porque o berro de "independencia primeiro e liberdade despois" terminaría finalmente nunha "desilusión fatal". O historiador George Rable conclúe que "para Stephens, a esencia do patriotismo, o corazón da causa confederada, sostíñase sobre un compromiso inflexible á dereita tradicional. Na súa visión idealista da política, as necesidades militares, o pragmatismo, e o compromiso non significaron nada".[35]

A supervivencia da Confederación dependía en gran medida de ter unha forte base de civís comprometidos e soldados empeñados na vitoria. Os soldados desenvolvéronse ben, aínda que se produciu un notable aumento de desertores no último ano da guerra. Os civís, aínda que se mostraron moi entusiastas nos anos 1861 e 1862, parecían perder a esperanza no futuro da nación antes de 1864, e a cambio dedicáronse a protexer os seus propios fogares e comunidades. Como Rable explica, "como a confederación contraeuse, os cidadáns sensibilizados coa causa limitáronse fundamentalmente aos seus propios estados e comunidades. Esta contracción da visión civil representou un retroceso na liberdade dos estados e unha desilusión cada vez máis extensa cara ao experimento confederado".[35]

Relacións cos Estados Unidos

Durante os catro anos de existencia, os Estados Confederados de América quixeron demostrar a súa independencia designando decenas de representantes diplomáticos no exterior. O Goberno dos Estados Unidos, pola contra, afirmaba que os estados do Sur eran soamente rexións que se declararon en rebeldía e negáballe calquera recoñecemento formal como país. Desta forma, o Secretario de Estado dos Estado Unidos, William H. Seward enviou instrucións formais a Charles Francis Adams, novo Ministro Plenipotenciario no Reino Unido:

"Non permita ningunha expresión severa ou irrespectuosa, ou ata preocupada, referente aos estados escindidos, os seus representantes, ou a súa xente. Pola contra, recorde constantemente que eses estados son agora, pois foron sempre ata agora e, a pesar do seu temporal autoengano, deberán continuar sendo sempre, iguais e honrados membros da Unión Federal, e que os seus cidadáns a través de tódolos malentendidos e alleamentos políticos, seguen sendo e sempre seguirán sendo os nosos parentes e compatriotas." [38]

Con todo, se os británicos parecesen inclinados a recoñecer a Confederación, ou dubidar neste sentido, debían ser advertidos de forma directa e explícita:

"(Gran Bretaña) tolerando o recoñecemento dos estados escindidos, ou se tivese indicios de dúbida, non deixará que supoñan nin por un momento que poden realizar este recoñecemento e seguir sendo aliados dos Estados Unidos. Pode ata asegurarlles de forma inmediata, de ser o caso, se se determinan a realizar o recoñecemento, que se poden preparar, da mesma forma, a entrar en alianza cos inimigos da nosa república." [38]

O Congreso Confederado respondeu ás hostilidades declarando formalmente a guerra aos Estados Unidos en maio de 1861, chamándolle "A Guerra entre os Estados Confederados de América e os Estados Unidos de América". O goberno da Unión nunca declarou formalmente a guerra, pero xustificou a súa entrada nas batallas como actos de bloqueo e contención de accións de rebelión. As negociacións que se produciron a mediados da guerra establecéronse sen recoñecemento político formal, aínda que si se recoñeceron relacións militares.

Catro anos despois da guerra, en 1869, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos declarou inconstitucional, e legalmente nulo, o decreto de secesión de Texas. A opinión do tribunal foi autorizada polo presidente do tribunal Salmon P. Chase. Jefferson Davis, presidente da xa extinta Confederación, e Alexander Stephens, vicepresidente, apuntaron argumentos a favor da legalidade da secesión, de forma notable na obra de Davis "The Rise and Fall of the Confederate Goverment" (O Ascenso e Caída do Goberno Confederado).

Bandeiras Confederadas

Artigo principal: Bandeiras dos Estados Confederados de América.

A bandeira oficial dos Estados Confederados de América, e a denominada "Barras e estrelas", ten sete estrelas, unha por cada un dos sete estados que inicialmente formaron a Confederación. Esta bandeira era difícil de diferenciar en condicións de pouca visibilidade e durante as batallas, da bandeira da Unión, así que a bandeira de batalla confederada, a "Cruz do Sur", converteuse na usada comunmente nas operacións militares. A "Cruz do sur" ten trece estrelas, engadindo catro polos estados que se engadiron á Confederación despois da Batalla de Fort Sumter e outras dúas polos estados en disputa de Kentucky e Missouri.

Como resultado da súa difusión popular ao longo do século XX, a "Cruz do sur" é na actualidade a bandeira comunmente asociada coa Confederación. A "Cruz do sur" actual é unha bandeira con forma cadrada, pero a máis frecuentemente vista foi a bandeira rectangular do Exército de Tennessee, tamén era coñecida como bandeira naval porque foi a primeira usada na Armada Confederada.

Xeografía

Os Estados Confederados de América tiñan un total de 4.698 km de costa. Os estados que a conformaban na súa gran maioría tiñan saída para o mar e posuían costas con areais. No interior existían rexións montañosas e no seu extremo occidental desertos. A zona baixa do río Mississippi dividía a Confederación en dúas, a metade occidental frecuentemente era denominada Trans-Mississippi. O punto máis alto (excluíndo os Territorios de Arizona e de Novo México) era o Pico Guadalupe en Texas con 2.667 metros.

Clima

Gran parte dos Estados Confederados de América tiñan un clima subtropical húmido con invernos suaves e longos, con veráns húmidos e calorosos. O clima varía de estepa semiárida a clima desértico árido ao oeste na lonxitude de 96 graos.

Os invernos suaves xunto aos veráns calorosos, propios do clima subtropical, provocaron que aflorasen enfermidades infecciosas que acabaron con gran cantidade de soldados confederados.

Hidrografía

Os ríos da Confederación eran, de forma xeral, navegables. Isto permitía un transporte fácil e barato dos produtos agrícolas nos tempos de paz. Tendo en conta a proximidade das grandes plantacións aos ríos e aos portos marítimos, o sistema ferroviario foi construído como un medio de locomoción complementaria.

Durante a guerra, a vasta xeografía da rexión volveuse un problema para a loxística das tropas federais. Os soldados da Unión usaban os cuarteis inimigos capturados para se protexer e as liñas de ferrocarril dos territorios recuperados para o transporte. No entanto, a armada da Unión aproveitaba os ríos navegables, os cales empezaron a usar desde 1862, facendo os seus labores loxísticos máis fáciles e complicando de paso os das tropas confederadas. Logo da caída de Vicksburg en xullo de 1863, volveuse imposible para as unidades Confederadas cruzar o Mississippi, por estar constantemente patrullada por barcos federais armados con canóns. O Sur, xa que logo, perdeu o control que exercía sobre as rexións occidentais.

Áreas rurais

Os Estados Confederados de América comprendían unha zona maioritariamente rural. As poboacións maiores de 1.000 habitantes eran escasas e habitualmente os condados tiñan unha poboación menor de 500 persoas. As cidades do territorio confederado eran moi escasas. Nova Orleáns era a única gran cidade no sur que se atopaba entre as dez máis grandes dos Estados Unidos no censo de 1860, e a Unión recuperou axiña o seu control, en 1862. Tan só 13 das cidades confederadas se atopaban entre as 100 principais dos Estados Unidos no mencionado censo de 1860.[1] A maioría destas cidades sufriron o bloqueo da Unión nos seus portos e resentíronse as súas actividades económicas.

A poboación de Richmond aumentou de modo moi significativo a súa poboación tras converterse en capital confederada, alcanzando unha poboación estimada de 128.000 habitantes en 1864.[39] As cidades máis destacadas en poboación do sur non estiveron nunca baixo o control efectivo do goberno confederado. As maiores cidades encadradas nesta área eran Baltimore (Maryland), St. Louis (Missouri), Louisville (Kentucky) e Washington, DC, ningunha delas baixo control confederado. Tampouco eran controladas de forma efectiva outras cidades importantes como Wheeling (Virxinia Occidental), e Alexandría (Virxinia).

Pos.CidadeEstadoPoboación
en 1860
Posto no
censo de 1860
Regreso ó control
dos Estados Unidos
1Nova OrleánsLuisiana168.67561862
2CharlestonCarolina do Sur40.522221865
3RichmondVirxinia37.910251865
4MobileAlabama29.258271865
5MenphisTennessee22.623381862
6SavannahXeorxia22.292411864
7PetersburgVirxinia18.266501865
8NashvilleTennessee16.988541862
9NorfolkVirxinia14.620611862
10AugustaXeorxia12.493771865
11ColumbusXeorxia9.621971865
12AtlantaXeorxia9.554991864
13WilmingtonCarolina do Norte9.5531001865
Billete de 100 dólares de 1862.

Economía

Artigo principal: Economía dos Estados Confederados de América.

A Confederación tiña unha economía agraria que exportaba para o mercado internacional, era un gran produtor de algodón e, en menor medida, tabaco e cana de azucre. A produción de alimentos era maioritariamente de gran, porcos, gando e hortalizas. Os once estados producían 155 millóns de dólares en bens manufacturados en 1860, principalmente derivados da moída de gran en muíños locais, madeira, tabaco procesado, bens realizados con algodón e produtos destinados ao sector naval como a trementina.

A Confederación adoptou unha baixa tarifa proteccionista do 15%, pero impúxoa a tódalas importacións, incluíndo os Estados Unidos.[40] Esta tarifa na práctica tivo moi pouca relevancia, os portos confederados foron bloqueados ao tráfico comercial pola Unión, e moi poucas persoas pagaban dita taxa tendo en conta o contrabando desde os Estados Unidos. O goberno recadou ao redor de 3,5 millóns de dólares en ingresos aduaneiros desde o comezo da guerra ata 1864. A falta de ingresos provocou que a Confederación financiase os recursos para manter a guerra mediante a emisión de diñeiro, isto deu a lugar a unha elevada inflación.

Forzas armadas

Exército

Robert E. Lee, o rostro do exército confederado.

Entre os dirixentes militares da Confederación atopábanse moitos veteranos do exército e da mariña dos Estados Unidos que renunciaran aos seus cargos federais para ocupar cargos dirixentes nas forzas armadas da Confederación. Moitos deles participaran na guerra México-Americana (entre os que se atopaban Robert E. Lee e Jefferson Davis), mentres que outros tiñan pouca ou ningunha experiencia militar (como Leonidas Polk, que asistira á academia militar estadounidense de West Point, aínda que non se chegou a graduar). O corpo de oficiais confederado estaba composto na súa maioría por homes que non eran propietarios de escravos, aínda que existía unha parte destes oficiais que eran mozos enviados por familias que si eran propietarias de escravos. Os Confederados eran nomeados ao grao de oficiais de campo e auxiliares a través de eleccións dos alistados a filas. Aínda que non se estableceu ningunha academia confederada en servizo, moitos colexios do Sur (como o de Citadel e o Instituto Militar de Virxinia) adestraba aos cadetes e considerábanse como campos de adestramento e academias de instrución de líderes militares. Unha academia naval logrou establecerse en 1863, aínda que non chegou a graduar ningún mando naval antes da derrota confederada.

A maioría das filas e os rangos militares da forzas armadas da Confederación estaba composto por homes brancos, cunha media de idade entre os 16 e 28 anos. Miles de escravos servían como obreiros, cociñeiros, exploradores e outras funcións non relacionadas directamente co combate. A confederación adoptou o servizo militar obrigatorio en 1862; con todo, as forzas armadas confederadas estaban moi minguadas polas baixas; deste xeito os militares sufriron escaseza crónica de efectivos.

Tras producirse inquietude e malestar no exército, seguido de certo grao de axitación, o xeneral Lee reclamaba máis efectivos, e os escravos foron alistados en novas unidades na primavera de 1865 coa promesa da emancipación. Na realidade, cando terminou a guerra, atopábanse aínda na súa fase de formación, e non chegaron a entrar en batalla de forma efectiva.[41]

Armada

Selo da mariña confederada
Artigo principal: Armada dos Estados Confederados.

A Armada dos Estados Confederados (CSN) foi a división naval dos Estados Confederados de América, creada por decreto do Congreso confederado o 21 de febreiro de 1861. Foi responsable das operacións navais dos confederados durante a guerra de secesión. As dúas tarefas principais da Armada confederada durante a totalidade da súa existencia foi a protección dos portos e costas da invasión exterior, e captúraa de buques de guerra da Unión durante a guerra civil estadounidense.

A Mariña confederada nunca igualar en capacidades á mariña da Unión e o seu grao de innovación tecnolóxica, por exemplo, acoirazados, submarinos, torpedeiros e minas navais. Vendo a desigualdade de forzas, o 17 de abril de 1861, o Presidente dos Estados Confederados Jefferson Davis puxo á venda patentes de corso e represalia concedidas baixo o selo dos Estados Confederados, contra os buques e os bens dos Estados Unidos e os seus cidadáns. Os corsarios confederados acosaron aos buques mercantes da Unión e afundíronse varios buques de guerra, aínda que foron incapaces de aliviar o bloqueo aos portos do Sur e a súa economía.

Líderes militares

Seguidamente móstrase unha táboa que mostra os militares da Confederación, xunto ao seu estado de nacemento e co rango máis alto que alcanzaron.

NomeEstado
de nacemento
Rango
Robert E. LeeVirxiniaXeneral e xeneral en xefe
Albert Sidney JohnstonKentuckyXeneral
Joseph E. JohnstonVirxiniaXeneral
Braxton BraggCarolina do NorteXeneral
P.G.T. BeauregardLuisianaXeneral
Richard Stoddert EwellVirxiniaTenente xeneral
Samuel CooperNova YorkXeneral, non entrou en combate
James LongstreetCarolina do SurTenente xeneral
Thomas J. Jackson
(alcume "Muro de pedra")
VirxiniaTenente xeneral
John Hunt MorganKentuckyXeneral de brigada
A. P. HillVirxiniaTenente xeneral
John Bell HoodTexasTenente xeneral
Wade Hampton IIITexasTenente xeneral
Nathan Bedford ForrestTennesseeTenente xeneral
John Singleton Mosby
(alcume "A pantasma gris da Confederación")
VirxiniaCoronel
J.E.B. StuartVirxiniaXeneral de división
Edward Porter AlexanderXeorxiaXeneral de brigada
Franklin BuchananMarylandAlmirante
Raphael SemmesMarylandAlmirante
Josiah TattnallXeorxiaComodoro
Stand WatieXeorxiaXeneral de brigada
(foi o último en renderse)
Leonidas PolkCarolina do NorteTenente xeneral
Sterling PriceVirxiniaXeneral de división
Jubal Anderson EarlyVirxiniaTenente xeneral
Richard Taylor
(Fillo do presidente dos Estados Unidos Zachary Taylor)
KentuckyTenente xeneral
Lloyd J. BeallCarolina do SurCoronel e comandante de mariña
Stephen Ramseur DodsonCarolina do NorteXeneral de división
Camille Armand Marie Jules
O Príncipe de Polignac
FranciaXeneral de división
John Austin WhartonTennesseeXeneral de división
Thomas L. RosserVirxiniaXeneral de división
Patrick CleburneIrlandaXeneral de división

Datas significativas

EstadoBandeiraOrdenanza de secesiónIntegración na ConfederaciónBaixo control da UniónReintegración na Unión
Carolina do Sur
20 de decembro de 18608 de febreiro de 186118659 de xullo de 1868
Mississippi
9 de xaneiro de 18618 de febreiro de 1861186323 de febreiro de 1870
Florida
10 de xaneiro de 18618 de febreiro de 1861186525 de xuño de 1868
Alabama
11 de xaneiro de 18618 de febreiro de 1861186513 de xullo de 1868
Xeorxia
19 de xaneiro de 18618 de febreiro de 186118651ª integración, 21 de xullo de 1868; 2ª integración, 15 de xullo de 1870
Luisiana
26 de xaneiro de 18618 de febreiro de 186118639 de xullo de 1868
Texas
1 de febreiro de 18612 de marzo de 1861186530 de marzo de 1870
Virxinia
17 de abril de 18617 de maio de 18611865 (Virxinia Occidental en 1861)26 de xaneiro de 1870
Arcansas
6 de maio de 186118 de maio de 1861186422 de xuño de 1868
Carolina do Norte
20 de maio de 186121 de maio de 186118654 de xullo de 1868
Tennessee
8 de xuño de 18612 de xullo de 1861186324 de xullo de 1866
Missouri
31 de outubro de 186128 de novembro de 18611861Goberno Pro-Unión non electo desde 1861
Kentucky (Convención de Russellville)
20 de novembro de 186110 de decembro de 18611861Goberno Pro-Unión desde 1861
Territorio de Arizona (Goberno de Mesilla (Novo México))
6 de marzo de 186114 de febreiro de 18621862Convértese en estado en 1912

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Xeral

Historia económica e social

Historia política

Outros artigos

🔥 Top keywords: