Eurovision: Europe Shine a Light

Eurovision: Europe Shine a Light, foi un programa de televisión que se emitiu en directo, organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (UER) e polos entes de radiodifusión dos Países Baixos: AVROTROS, Nederlandse Omroep Stichting (NOS) e Nederlandse Publieke Omroep (NPO). Este espazo foi o encargado de substituír a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020, que estaba prevista para que se celebrase na cidade de Rotterdam (Países Baixos), pero foi cancelada por mor da pandemia de COVID-19.

Eurovision: Europe Shine a Light
Datas
Final16 de maio de 2020
Anfitrión
Presentador(es)Chantal Janzen
Edsilia Rombley
Jan Smit
NikkieTutorials
Televisión anfitrioa

O evento foi emitido desde a cidade neerlandesa de Hilversum o día 16 de maio de 2020. A súa duración foi de aproximadamente dúas horas.[1][2] Ademais, foi presentado por Chantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan Smit, que xa foran elixidos anteriormente para presentar a edición do Festival de Eurovisión 2020, antes de que este fora cancelado.[3]


Antecedentes

Véxase tamén: Pandemia de COVID-19.

Como a LXV edición do Festival de Eurovisión 2020 non se ía a poder celebrar debido ao brote de enfermidade por coronavirus 2019 (COVID-19), a UER decidiu organizar o programa de televisión Eurovision: Europe Shine a Light como alternativa. O nome deste programa foi inspirado pola canción «Love Shine a Light» da banda anglo-estadounidense Katrina & the Waves, a cal gañou o Festival de Eurovisión 1997 (XLII edición).

Esta foi a cuarta vez que a UER organizou un programa especial no formato de Eurovisión, logo dos especiais preparados para o 25°, 50º e 60º aniversario do festival: Songs of Europe (celebrado o 22 de agosto de 1981 en Mysen, Noruega), Congratulations: 50 years of the Eurovision Song Contest (celebrado o 22 de outubro de 2005 en Copenhague, Dinamarca) e Eurovision Song Contest's Greatest Hits (celebrado o 31 de marzo de 2015 en Londres, Reino Unido). Cabe destacar que, do mesmo xeito que este último, o especial de 2020 foi un certame non competitivo.

Formato

Os presentadores previstos para o Festival de Eurovisión 2020, Chantal Janzen, Jan Smit e Edsilia Rombley.

Durante o programa, as 41 cancións que foran elixidas para participar no Festival de Eurovisión 2020 foron homenaxeadas nun formato non competitivo. Xuntos, todos os artistas interpretaron a canción "Love Shine a Light" desde os seus respectivos países de orixe.[4] Tamén foron invitados varios participantes de edicións anteriores e os fans enviaron fragmentos de vídeo cantando "What's Another Year?" de Johnny Logan, vencedor do Festival de Eurovisión 1980 na Haia.[5]

Localización

O 1 de abril de 2020, Hilversum foi confirmada como cidade anfitrioa do evento, co Studio 21 en Media Park como sede do espectáculo.[1] Foi a segunda vez que Hilversum organizou un evento de Eurovisión, xa que previamente albergou o Festival de Eurovisión 1958.[6]

Contidos

Actuacións

O programa contou con actuacións dos seguintes artistas de Eurovisión:[7]

OrdePaísArtistaCanciónLinguaLocalización
01 IrlandaJohnny Logan«What's Another Year?»InglésDublín
Países BaixosChantal Janzen, Edsilia Rombley e Jan SmitStudio 21, Hilversum
Varios paísesSeguidores do Festival de EurovisiónVarias localizacións
02 SueciaMåns Zelmerlöw«Heroes»InglésLondres
03 IsraelGali Atari (de Milk & Honey)«Hallelujah»Hebreo, inglés e neerlandésXerusalén
Países BaixosMannes Bakker, 6Times, Remix, Max & Anne, Moves, Kiya van Rossum, Matheu Hinzen e Anna Grigorian (finalistas de Junior Songfestival 2018 e 2019)Varias localizacións
04 ItaliaDiodato«Nel blu dipinto di blu»ItalianoMilán
05 SerbiaMarija Šerifović«Molitva»SerbioBelgrado
06 Países BaixosOrquestra Filharmónica de Rotterdam«Love Shine a Light»
(instrumental)
Varias localizacións
07 AlemañaMichael Schulte«Ein bißchen Frieden»AlemánPalacio da Paz, A Haia
Países BaixosIlse DeLange(de The Common Linnets)
08 IsraelNetta«Cuckoo»InglésTel Aviv
09 Países BaixosDuncan Laurence«Someone Else»InglésStudio 21, Hilversum
10Todos os países participantes
(excepto Bélxica)
Artistas de Eurovisión 2020 (excepto Hooverphonic)«Love Shine a Light»InglésVarias localizacións
Katrina Leskanich (de Katrina & The Waves)

Mostra das cancións de 2020

O programa tamén mostrou aos artistas e as cancións que previstas para o Festival de Eurovisión 2020 con breves extractos dos vídeos musicais ou representacións das cancións, xunto con mensaxes dos propios artistas sobre a situación excepcional causada pola pandemia. A orde foi a seguinte:

#PaísIntérprete(s)Canción
Primeiro bloque
01 IsraelEden Alene«Feker Libi»
02 NoruegaUlrikke«Attention»
03 RusiaLittle Big«Uno»
04 XeorxiaTornike Kipiani«Take Me As I Am»
05 FranciaTom Leeb«Mon Alliée (The Best In Me)»
06 AcerbaixánEfendi«Cleopatra»
07 PortugalElisa Silva«Medo de Sentir»
08 LituaniaThe Roop«On Fire»
09 SueciaThe Mamas«Move»
Segundo bloque
01 LetoniaSamanta Tīna«Still Breathing»
02 BélxicaHooverphonic«Release Me»
03 Reino UnidoJames Newman«My Last Breath»
04 BelarúsVAL«Da Vidna»
05 FinlandiaAksel Kankaanranta«Looking Back»
06 Macedonia do NorteVasil«You»
07 SuízaGjon's Tears«Répondez-moi»
08 SerbiaHurricane«Hasta La Vista»
Terceiro bloque
01 EspañaBlas Cantó«Universo»
02 AlbaniaArilena Ara«Fall From The Sky»
03 IrlandaLesley Roy«Story Of My Life»
04 EsloveniaAna Soklič«Voda»
05 AustriaVincent Bueno«Alive»
06 BulgariaVictoria Georgieva«Tears Getting Sober»
07 San MarinoSenhit«Freaky!»
08 IslandiaDaði & Gagnamagnið«Think About Things»
Cuarto bloque
01 GreciaStefania Liberakakis«Superg!rl»
02 República ChecaBenny Cristo«Kemama»
03 PoloniaAlicja Szemplińska«Empires»
04 MoldaviaNatalia Gordienko«Prison»
05 ChipreSandro«Running»
06 RomaníaRoxen«Alcohol You»
07 CroaciaDamir Kedžo«Divlji vjetre»
08 AlemañaBen Dolic«Violent Thing»
Quinto bloque
01 MaltaDestiny«All Of My Love»
02 EstoniaUku Suviste«What Love Is»
03 AustraliaMontaigne«Don't Break Me»
04 UcraínaGo_A«Solovey»
05 DinamarcaBen & Tan«Yes»
06 ItaliaDiodato«Fai Rumore»
07 ArmeniaAthena Manoukian«Chains On You»
08 Países BaixosJeangu Macrooy«Grow»

Notas

Véxase tamén

Outros artigos