Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

A República Popular da China presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1979. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Zhang Yimou dirixiu o primeiro filme da China nomeado ó premio, Ju Dou.

Dous filmes foron candidatos representando á China, ambos dirixidos por Zhang Yimou, director de seis filmes propostos. Zhang tamén foi candidato por outro filme, que representaba á colonia británica de Hong Kong. O outro director chinés proposto en máis dunha ocasión é Chen Kaige, que tamén obtivo unha candidatura representando a Hong Kong. A China, Hong Kong e Taiwán están recoñecidas pola Academia como entidades separadas e envían cadanseu filme á competición. Aínda que adoitaban ter industrias cinematográficas moi separadas, dende principios do século XXI comezou a desenvolverse unha industria máis común, con directores, actores e técnicos traballando habitualmente fóra do seu territorio.

Propostas

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou a China para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
TítuloTítulo chinésDirectorResultado
1979
(52ª)
Afanti阿凡提Lang XiaoNon nomeado
1983
(56ª)
Chéng nán Jiùshì [6]城南旧事Wu YigongNon nomeado
1984
(57ª)
Ren sheng人生Wu TianmingNon nomeado
1986
(59ª)
Sun Zhongshan孙中山Ding YinnanNon nomeado
1987
(60ª)
Fu rong zhen芙蓉镇Xie JinNon nomeado
1988
(61ª)
Hong gao liang红高粱Zhang YimouNon nomeado
1989
(62ª)
Kaiguo dadian开国大典Li QiankuanNon nomeado
1990
(63ª)
Ju Dou菊豆Zhang Yimou, Yang Fengliang
Nomeado[7]
1991
(64ª)
Guo nian过年Huang JianzhongNon nomeado
1992
(65ª)
Qiu Ju da guan si秋菊打官司Zhang YimouNon nomeado
1993
(66ª)
Feng huang qin凤凰琴He QunNon nomeado
1995
(68ª)
Hóng yīng táo红樱桃Ye DayingNon nomeado
1998
(71ª)
Genghis Khan一代天骄成吉思汗Sai Fu e Lisi MaiNon nomeado
1999
(72ª)
Huanghe juelian黄河绝恋Feng XiaoningNon nomeado
2000
(73ª)
Piàoliang māma漂亮妈妈Sun ZhouNon nomeado
2002
(75ª)
Heroe英雄Zhang Yimou
Nomeado[8]
2003
(76ª)
Tiāndì Yīngxíong天地英雄He PingNon nomeado
2004
(77ª)
A casa das dagas voadoras十面埋伏Zhang YimouNon nomeado
2005
(78ª)
Wu ji无极Chen KaigeNon nomeado
2006
(79ª)
Man cheng jin dai huang jin jia满城尽带黄金甲Zhang YimouNon nomeado
2007
(80ª)
Yún shǔi yáo云水谣Yin LiNon nomeado
2008
(81ª)
Dream Weavers: Beijing 2008[9]筑梦2008Yu GunNon nomeado
2009
(82ª)
Mei Lanfang[10]梅兰芳Chen KaigeNon nomeado
2010
(83ª)
Tángshān Dà Dìzhèn[11]唐山大地震Feng XiaogangNon nomeado[12]
2011
(84ª)
The Flowers of War[13][14]金陵十三釵Zhang YimouNon nomeado
2012
(85ª)
Sou suo[15]搜索Chen KaigeNon nomeado
2013
(86ª)
Yi jiu si er[16]一九四二Feng XiaogangNon nomeado
2014
(87ª)
Yèyīng[17]夜莺Philippe MuylNon nomeado
2015
(88ª)
Gun dan ba! Zhong liu jun[18]滚蛋吧!肿瘤君Han YanNon nomeado
2016
(89ª)
Xuanzang[19]大唐玄奘Huo JianqiNon nomeado
2017
(90ª)
Zhan lang II[20]战狼2Wu JingNon nomeado
2018
(91ª)
Hidden Man[21]邪不压正Jiang WenNon nomeado
2019
(92ª)
Ne Zha[22]哪吒之魔童降世JiaoziNon nomeado
2020
(93ª)
Duóguàn[23]夺冠Peter ChanNon nomeado
2021
(94ª)
Xuan ya zhi shang[24]悬崖之上Zhang YimouNon nomeado
2022
(95ª)
Qi ji ben xiao hai[25]奇迹·笨小孩Wen MuyeNon nomeado
2023
(96ª)
Liú Làng Dì Qiú Èr[26]流浪地球2Frant GwoNon nomeado

Notas