Gennaro Gattuso

futbolista italiano

Gennaro "Rino" Ivan Gattuso, nado en Corigliano Calabro (Cosenza) o 9 de xaneiro de 1978, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol italiano. Xogou de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección italiana.

Gennaro Gattuso
Gattuso no Milan en 2008.
Información persoal
NomeGennaro Ivan Gattuso
Nacemento9 de xaneiro de 1978 (46 anos)
Lugar de nacementoCorigliano Calabro
Altura1,77 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualMilan (adestrador)
Carreira xuvenil
1990–1995Perugia
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1995–1997Perugia10(0)
1997–1998Rangers34(3)
1998–1999Salernitana25(0)
1999–2012Milan387(10)
2012–2013Sion27(1)
Total483(14)
Selección nacional
1995–1996Italia sub-1814(3)
1998–2000Italia sub-2121(1)
2000–2012Italia73(1)
Adestrador
2013Sion (xogador-adestrador)
2013–2014Palermo
2014–2015Creta
2015–2017Pisa
2017Milan Primavera
2017–2019Milan
2019–2021Napoli
2022–2023Valencia
Na rede
http://gennarogattuso.sport.tiscali.it
IMDB: nm2311662 FIFA: 177845 UEFA: 30014 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Clubs

Gattuso comezou a súa carreira na escuadra italiana do Perugia, pero foi transferido en 1997 ao Glasgow Rangers F.C. cando tan tó contaba con 19 anos. Da súa etapa en Escocia destaca a grande influencia que tivo un dos adestradores do equipo, Walter Smith, ao que se refire coma 'un segundo pai'.

O sucesor de Smith, Dick Advocaat, non contaba moito con el así que foi transferido á Salernitana en outubro de 1998 por 3 millóns de Libras.

O A.C. Milan pagou 8 millóns de libras en 1999 polo seu traspaso. O seu estilo de xogo permitía liberar o mediocampista Andrea Pirlo de bastantes tarefas defensivas e dedicarse a participar na creación do xogo. Gattuso, que ás veces xogaba de interior dereito, non facía o típico traballo de subi-la banda e centrar cara a área rival, senón que se deixaba caer ó medio para participar nos traballos de defensa.

Xogou o seu encontro 300 co Milan o 26 de setembro de 2006 nun empate a 0 contra o Lille, na Liga de Campións.

A Selección

Gattuso foi unha peza clave no mediocampo da selección italiana xunto con Andrea Pirlo compañeiro seu tamén no A.C. Milan.

Participou en dous mundiais, no 2002 e no Mundial de Fútbol Alemaña 2006, onde fixo unha grandísima actuación, e contribuíu de xeito decisivo á vitoria italiana no torneo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: