Gran Premio de Mónaco de 1994

O Gran Premio de Mónaco de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 15 de maio de 1994 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1994, e gañouna Michael Schumacher foi a primeira carreira logo da morte de Ayrton Senna e Roland Ratzenberger en San Marino.

Gran Premio de Mónaco de 1994
Detalles da carreira
Carreira 4 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data15 de maio de 1994
Nome oficialLII Gran Premio de Mónaco
LocalizaciónCircuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
PercorridoCircuíto urbano
3´328 km
Distancia78 voltas, 259´584 km
ClimaSolleiro
Pole position
PilotoAlemaña Michael SchumacherBenetton-Ford
Tempo1:18.560
Volta rápida
PilotoAlemaña Michael SchumacherBenetton-Ford
Tempo1:21.076 na volta 35
Podio
PrimeiroAlemaña Michael SchumacherBenetton-Ford
Segundo Martin BrundleMcLaren-Peugeot
TerceiroAustria Gerhard BergerFerrari

Informe

Antecedentes

Logo da morte de Ayrton Senna e Roland Ratzenberger na carreira anterior, a FIA anunciou grandes cambios nás normas e regulamentos da Fórmula Un, nun intento por mellorar a seguridade. A maioría estaban programados para entrar en vigor despois do Gran Premio de Mónaco, pero o límite de velocidade no pit-lane entrou en vigor xa nesta carreira.

Tanto Williams como Simtek, os equipos para os que Senna e Ratzenberger pilotaban, correron con só un coche cada un durante a fin de semana.

Probas e cualificación

Durante a primeira sesión de adestramentos libre na mañá do xoves o piloto austríaco Karl Wendlinger tivo un grave accidente na chicane Nouvelle, logo de golpear a parede a case 280 km/h., Wendlinger quedou un par de semanas en coma o que e ameazou a súa carreira na F1. O equipo Mercedes Sauber, decidiu retirarse da carreira logo deste incidente.

Michael Schumacher, logrou a primeira pole position da súa carreira neste Gran Premio. Mika Häkkinen clasificou segundo, que era tamén a máis alta posición de partida, ata o momento, na súa carreira.

Carreira

Como sinal de respecto polos dous pilotos caídos, a FIA decidiu deixar as dúas primeiras posicións da grella baleiras para a carreira e pintar coas cores das bandeiras brasileira e de Austria, por Senna e Ratzenberger respectivamente. Por primeira vez desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1959, non houbo campión do mundo en vigor que competise na carreira e tampouco ex gañador do Gran Premio de Mónaco. Ademais a carreira só contou con catro anteriores gañadores da carreira, Schumacher, Hill, Berger e Alboreto.

No inicio da carreira Damon Hill estrelouse contra a parte posterior do McLaren de Mika Häkkinen xusto antes da curva de Santa Devota. Häkkinen retirouse de inmediato, pero Hill continuou durante unhas cantas curvas antes de retirarse coa suspensión dianteira rota. Gianni Morbidelli e Pierluigi Martini tamén chocaron antes de Santa Devota retirándose ambos pilotos.

Christian Fittipaldi no seu Footwork - Ford mantívose preto dos Ferrari de Berger e Alesi na cuarta posición ata a súa primeira parada para recargar combustible. Fittipaldi continuou con forza en posición de puntos ata a volta 47, cando a caixa de cambios fallou.

A carreira foi liderada de principio a fin por Michael Schumacher, que continuou o seu comezo perfecto da tempada de 1994 con catro vitorias nas catro primeiras carreiras. Como Schumacher tamén realizou a volta rápida, isto significou que anotou a primeira Grand Chelem da súa carreira, e foi o primeiro piloto que non era Alain Prost ou Ayrton Senna en gañar o Gran Premio de Mónaco desde 1983.

Michele Alboreto terminou sexto no seu Minardi conseguindo un punto. Este foi o último punto que Alboreto anotaría na súa carreira na Fórmula Un.

Clasificación

Cualificación

PosPilotoConstrutorTempo Q1Tempo Q2Diferenza
15 Michael SchumacherBenetton-Ford1:20.2301:18.560
27 Mika HäkkinenMcLaren-Peugeot1:21.8811:19.488+0.928
328 Gerhard BergerFerrari1:22.0381:19.958+1.398
40 Damon HillWilliams-Renault1:22.6051:20.079+1.519
527 Jean AlesiFerrari1:22.5211:20.452+1.892
69 Christian FittipaldiFootwork-Ford1:23.5881:21.053+2.493
710 Gianni MorbidelliFootwork-Ford1:23.5801:21.189+2.629
88 Martin BrundleMcLaren-Peugeot1:21.5801:21.222+2.662
923 Pierluigi MartiniMinardi-Ford1:23.1621:21.288+2.728
104 Mark BlundellTyrrell-Yamaha1:23.5221:21.614+3.054
113 Ukyo KatayamaTyrrell-Yamaha1:24.4881:21.731+3.171
1224 Michele AlboretoMinardi-Ford1:25.4211:21.793+3.233
1320 Érik ComasLarrousse-Ford1:23.5141:22.211+3.651
1415 Andrea de CesarisJordan-Hart1:24.5191:22.265+3.701
1514 Rubens BarrichelloJordan-Hart1:24.7311:22.359+3.799
1612 Johnny HerbertLotus-Mugen-Honda1:24.1031:22.375+3.815
176 Jyrki JärvilehtoBenetton-Ford1:23.8851:22.679+4.119
1819 Olivier BerettaLarrousse-Ford1:24.1261:23.025+4.465
1911 Pedro LamyLotus-Mugen-Honda1:25.8591:23.858+5.298
2026 Olivier PanisLigier-Renault1:25.1151:24.131+5.571
2125 Éric BernardLigier-Renault1:27.6941:24.377+5.817
2231 David BrabhamSimtek-Ford1:26.6901:24.656+6.096
2334 Bertrand GachotPacific-Ilmor1:48.1731:26.082+7.522
2433 Paul BelmondoPacific-Ilmor1:29.9848:36.897+11.424
NTS30 Heinz-Harald FrentzenSauber-Mercedes
NTS29 Karl WendlingerSauber-Mercedes

Carreira

PosPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos
15 Michael SchumacherBenetton-Ford781:49:55.372110
28 Martin BrundleMcLaren-Peugeot78+37.27886
328 Gerhard BergerFerrari78+1:16.82434
415 Andrea de CesarisJordan-Hart77+1 volta143
527 Jean AlesiFerrari77+1 volta52
624 Michele AlboretoMinardi-Ford77+1 volta121
76 Jyrki JärvilehtoBenetton-Ford77+1 volta17
819 Olivier BerettaLarrousse-Ford76+2 voltas18
926 Olivier PanisLigier-Renault76+2 voltas20
1020 Érik ComasLarrousse-Ford75+3 voltas13
1111 Pedro LamyLotus-Mugen-Honda73+5 voltas19
Ret12 Johnny HerbertLotus-Mugen-Honda68Caixa de cambios16
Ret33 Paul BelmondoPacific-Ilmor53Problemas físicos24
Ret34 Bertrand GachotPacific-Ilmor49Caixa de cambios23
Ret9 Christian FittipaldiFootwork-Ford47Caixa de cambios6
Ret31 David BrabhamSimtek-Ford45Motor22
Ret4 Mark BlundellTyrrell-Yamaha40Motor10
Ret3 Ukyo KatayamaTyrrell-Yamaha38Caixa de cambios11
Ret25 Éric BernardLigier-Renault34Trompo21
Ret14 Rubens BarrichelloJordan-Hart27Eléctrico15
Ret7 Mika HäkkinenMcLaren-Peugeot0Colisión2
Ret0 Damon HillWilliams-Renault0Colisión4
Ret10 Gianni MorbidelliFootwork-Ford0Colisión7
Ret23 Pierluigi MartiniMinardi-Ford0Colisión9
Ret30 Heinz-Harald FrentzenSauber-MercedesRetirado
NTS29 Karl WendlingerSauber-MercedesLesión

Posicións logo da carreira

Clasificación do campionato de construtores
PosConstrutorPuntos
1 Benetton-Ford40
2 Ferrari22
3 McLaren-Peugeot10
4 Jordan-Hart10
5 Williams-Renault7
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1994
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1994
Carreira seguinte:
Gran Premio de España de 1994
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1993
Gran Premio de MónacoCarreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1995

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas