Lingua sindhi

A lingua sindhi[4] (سنڌي, सिन्धी, Sindhi) é unha lingua indoaria da histórica rexión de Sind, falada polo pobo sindhi. É a lingua oficial da provincia de Sind, Paquistán.[5][6][7] Na India, o sindhi é unha das linguas oficialmente recoñecidas polo goberno federal. Ten influencias da lingua baluchi e da lingua kutchi faladas nas provincias adxacentes de Baluchistán e Kachchh.

Sindhi
सिन्धी ਸਿੰਧੀ سنڌي
Falado en:Sind, Paquistán
Rexións: Asia Meridional
Total de falantes:75 millóns (2015)[1]
Familia:Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Zona noroeste
    Linguas sindhi
     Sindhi
Escrita: Alfabeto árabe, devanágari, escrita khudabadi, escrita laṇḍā e gurmukhi[2]
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Paquistán (Sind)
India India
Regulado por: Autoridade da Lingua Sindhi (Paquistán),
Consello Nacional para a Promoción da Lingua Sindhi (India)
Códigos de lingua
ISO 639-1:sd
ISO 639-2:sdn
ISO 639-3: sdn
Mapa
Status

O sindhi está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A maioría dos falantes de sindhi concéntranse en Paquistán, na provincia de Sind, e na India, na rexión Kachchh do estado de Gujarat e na rexión de Ulhasnagar do estado de Maharashtra. Os falantes da India compóñense por sindhis hindús que migraron dende Sind e se asentaron na India despois da independencia de Paquistán en 1947, e tamén pola diáspora sindhi en todo o mundo. A lingua sindhi tamén é falada por comunidades sindhi de Hong Kong, Omán, Indonesia, Singapur, os Emiratos Árabes Unidos, o Reino Unido e os Estados Unidos de América.[8]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

🔥 Top keywords: