Matteo Renzi

político italiano

Matteo Renzi, nado en Florencia o 11 de xaneiro de 1975, é un político italiano, primeiro ministro desde o 22 de febreiro de 2014, foi alcalde de Florencia desde 2009 ata 2014 e mais é o líder do Partido Democrático tras vencer as primarias do 8 de decembro de 2013.

Infotaula de personaMatteo Renzi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1975 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Florencia, Italia Editar o valor em Wikidata
Membro do consello directivo Delimobil (en) Traducir
agosto de 2021 – 24 de febreiro de 2022
Senador de Italia
9 de marzo de 2018 – 12 de outubro de 2022
Lexislatura: 18th Legislature of Italy (en) Traducir
Secretary of the Democratic Party (en) Traducir
7 de maio de 2017 – 12 de marzo de 2018
← Matteo OrfiniMaurizio Martina (pt) Traducir →
Italian Minister of Economic Development (en) Traducir
5 de abril de 2016 – 10 de maio de 2016
← Federica Guidi (pt) TraducirCarlo Calenda (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Governo Renzi (pt) Traducir
Italian Minister of Transports and Infrastructures (en) Traducir
20 de marzo de 2015 – 2 de abril de 2015
← Maurizio Lupi (pt) TraducirGraziano Delrio (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Governo Renzi (pt) Traducir
Presidente do Conselho da União Europeia (pt) Traducir
1 de xullo de 2014 – 31 de decembro de 2014
← Antónis Samarás (pt) TraducirLaimdota Straujuma (pt) Traducir →
56º Presidente do Consello de Ministros de Italia
22 de febreiro de 2014 – 12 de decembro de 2016
← Enrico Letta (pt) TraducirPaolo Gentiloni →
Gabinete ministerial: Governo Renzi (pt) Traducir

Nomeado por: Giorgio Napolitano
Secretary of the Democratic Party (en) Traducir
15 de decembro de 2013 – 19 de febreiro de 2017
← Guglielmo EpifaniMatteo Orfini →
Alcalde de Florencia
22 de xuño de 2009 – 24 de marzo de 2014
← Leonardo Domenici (en) TraducirDario Nardella (pt) Traducir →
President of the Province of Florence (en) Traducir
13 de xuño de 2004 – 8 de xuño de 2009
← Michele Gesualdi (pt) TraducirAndrea Barducci → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia - xurisprudencia (–1999)
Lc Dante (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Florencia
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico (1996–) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoItalia Viva (pt) Traducir (2019–)
Partido Democrático (2007–2019)
A Margarida (2002–2007)
Partido Popular Italiano (pt) Traducir (1996–2002) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Participou en
30 de marzo de 2023FII PRIORITY In Miami, USA (en) Traducir
25 de outubro de 2022FII 6th Edition in Riyadh (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
FII 4th Edition in Riyadh (en) Traducir
FII 5th Edition in Riyadh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAgnese Landini (1999–)
PaisTiziano Renzi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Laura Bovoli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSamuele Renzi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webmatteorenzi.it Editar o valor em Wikidata
Facebook: matteorenziufficiale Twitter: matteorenzi Instagram: matteorenzi Telegram: matteorenziufficiale Youtube: UCzovlWQBDtQCpYWZl1ly4jg Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Laura Bovoli e Tiziano Renzi,[1][2] antigo concelleiro na localidade de Rignano sull'Arno entre 1985 e 1990 pola Democracia Cristiá,[3]. Estudou dereito na Universidade de Florencia rematando estudos en 1999 [4] coa tese Amministrazione e cultura politica: Giorgio La Pira Sindaco del Comune di Firenze 1951-1956. Membro dos scout dirixiu a revista Camminiamo insieme,[5] e traballou para a firma CHIL Srl,[4] sociedade de servizos de mercadotecnia propiedade da súa familia[6] sobre todo coordinando o servizo de venda de La Nazione na área florentina.

Carreira política

Primeiros anos

Renzi entrou en política cando estudaba no instituto[7]. En 1996 contribuíu no nacemento do Comité de apoio a Romano Prodi na Toscana entrando no Partido Popular Italiano, converténdose no seu secretario provincial en 1999 [8]. No ano 2001 era o coodinador de La Margherita en Florencia e secretario provincial en 2003[9].

Presidente da provincia de Florencia

Entre os anos 2004 e 2009 foi o presidente da provincia de Florencia[4]; nas eleccións do 12 e 13 de xuño de 2004 logrou o 58,8% dos votos, á cabeza dunha coalición de centro-esquerda[10], durante o seu mandato diminuíu as taxas provinciais, o persoal e os cargos do ente florentino[11], aínda que en 2012 o tribunal de contas da Toscana condenouno por un desfase contable nos gastos de representación de 50.000 euros, que Renzi atribuíu a cuestións técnicas[12]

Alcalde de Florencia

Matteo Renzi durante unha inauguración no ano 2009

O 29 de setembro de 2008 presentou a súa candidatura ás primarias do centro-esquerda á alcaldía de Florencia, logrando o 40,52% dos sufraxios e vencendo ao candidato oficial, deputado e responsable de relacións internacionais do PD Lapo Pistelli que quedou co 26,91% dos votos.[13].

Nas eleccións municipais do 9 de xuño de 2009 Renzi obtivo o 47,57% contra o 32% do candidato do centro-dereita Giovanni Galli, con quen vai á segunda volta, gañando as eleccións do 22 de xuño [4] co 59,96% dos votos[14]. Pouco despois entrou a formar parte da dirección do PD[15], alcalde popular algunhas sondaxes amósano no ano 2010 como o alcalde máis querido de Italia [16][17].

O 6 de decembro de 2010 Matteo Renzi reuniuse na vila privada do entón primeiro ministro Silvio Berlusconi, para "discutir algúns termos legais da administración de Florencia"[18], tras coñecerse a noticia provocou polémica entre os seus seguidores[19].

So a súa dirección, Florencia foi a primeira gran cidade italiana en aprobar un plano de ordenación urbana de volume cero, que só permite construír edificios novos demolendo igual volume de edificios vetustos[20], e a peonalización de coñecidos lugares da cidade como a Piazza de' Pitti.

O movemento dos "rottamatori"

Matteo Renzi co parlamentario do PD Matteo Richetti en 2012

O 29 de agosto de 2010 lanzou a idea coñecida como «rottamazione» (reciclaxe) dos dirixentes tradicionais do PD[21], e do 5 ao 7 de novembro seguinte organizou con Giuseppe Civati e Debora Serracchiani unha asemblea en Florencia baixo o lema Prossima Fermata: Italia (Próxima parada: Italia)[22], que contou con 800 intervenientes e 6800 partipantes[23], e da que saíu o manifesto do "renzismo": a Carta di Firenze[24].

Entre os principais apoio do grupo dos "rottamatori" salientan o presidente da asemblea lexislativa de Emilia-Romagna Matteo Richetti, o deputado da asemblea de Sicilia Davide Faraone, o conselleiro rexional lombardo Giuseppe Civati, os senadores Andrea Marcucci, Roberto Della Seta, Francesco Ferrante, Pietro Ichino, Luigi Lusi e os deputados Luigi Bobba, Giuseppe Civati, Roberto Giachetti, Maria Paola Merloni, Ermete Realacci e Giuseppina Servodio[25].

Primarias de 2012

Matteo Renzi no European University Institute en 2012

O 13 de setembro de 2012 presentou oficialmente a súa candidatura ás eleccións primarias do centro-esquerda[26], en pugna co secretario do PD Pier Luigi Bersani, o presidente de Puglia e de Esquerda Ecoloxía Liberdade Nichi Vendola, a conselleira da rexión do Véneto Laura Puppato (PD) e o concelleiro de Milán Bruno Tabacci (Alianza por Italia)[27].

Na primeira volta das primarias o 25 de novembro de 2012 Renzi logrou o 35,5% dos sufraxios, o segundo logo de Bersani que tivo o 44,9% [28]. Na segunda volta, o 2 de decembro, quedou co 39,1% contra o 60,9% do secretario do PD[29].

Críticas

Matteo Renzi durante a campaña das primarias en 2012

A candidatura de Renzi foi obxecto de polémica no seo do PD, e contestada por varios dirixentes, como Rosy Bindi e Massimo D'Alema, e do presidente de Esquerda, Ecoloxía e Liberdade Nichi Vendola[30][31].

Pero a contestación máis forte veu de Stefano Fassina, responsable de economía do PD, que acusou a Renzi de copiar algúns puntos do programa de Bersani, o que Renzi replicou que o seu programa era anterior ao do secretario do PD[32].

Primarias de 2013

Nunha entrevista publicada o 9 de xullo de 2013 a La Repubblica anunciou a súa intención de presentar a súa candidatura a secretario nacional do PD[33].

Ademais dos apoios que tivera nas primarias de 2012 recibiu os de Dario Franceschini e da súa corrente Area Democratica[34] (Marina Sereni[35], Piero Fassino[36] e David Sassoli, mais tamén asinaron a presentación da súa candidatura algunhas figuras consideradas próximas ao primeiro ministro Enrico Letta, como Gianni Dal Moro, Francesco Sanna, Francesco Boccia, Lorenzo Basso e Enrico Borghi.[37]

Os contrincantes de Renzi foron Gianni Cuperlo, deputado e exsecretario da Federación Xuvenil Comunista Italiana[38] e Giuseppe Civati, deputado e exconselleiro rexional na Lombardía[39][40].

O 8 de decembro de 2013 resultou elixido secretario do Partito Democrático co 67,5% des votos, proclamándose oficialmente o 15 de decembro no decurso da nova asemblea electa do PD.[41]

Presidente do Consello de Ministros (febreiro de 2014- decembro de 2016)

A raíz destas primarias, o partido pediu o seu nomeamento como presidente do Consello de Ministros, en substitución de Enrico Letta, membro tamén do PD. Dimitido Letta, Renzi xurou o seu cargo o 22 de febreiro de 2014. Con 39 converteuse no presidente do Consello máis novo da Italia republicana. Renzi lanzou un goberno especialmente preocupado por reformar o funcionamento da estrutura política do país. Propuxo a revisión das atribucións das rexións, a abolición do bicameralismo para reforzar o papel do parlamento e, sobre todo, propuxo unha reforma da lei electoral. Para estes fins, buscou o apoio do centrodereita, en particular de Silvio Berlusconi.

Como a proposta de reforma da lei electoral non acadaba a maioría suficiente na Cámara, Renzi impulsou un referendo. Celebrouse o 4 de decembro de 2016 cunha participación do 65% do electorado. O Si acadou nada máis o 41% dos sufraxios. Como resultado desta clara derrota, Renzi presentou a súa dimisión, sendo relevado o 12 de decembro por Paolo Gentiloni.

Abandono do Partito Democrático e fundación de Italia Viva

Despois de abandonar o cargo de primeiro ministro, Renzi abandonou tamén a secretaria do PD. Con todo volveu ser reelixido en primarias. Tralos desastrosos resultados do PD nas eleccións de marzo de 2018 presentou novamente a súa dimisión. En setembro de 2019 lanzou un novo proxecto político, Italia Viva, que se integrou con dúas ministras no goberno de Giuseppe Conte. Foi precisamente a retirada destas dúas ministras do goberno a que provocou a caída de Conte en febreiro de 2021. A impresión de que Renzi actuou unicamente movido por intereses de partido pon en dúbida o seu futuro político.

Posicións políticas

Matteo Renzi nunha conferencia en 2010

Renzi tense declarado favorable ao recambio xeracional da clase dirixente, por medio de eleccións primarias, e amósase partidario de reducir o custo da política, con algunhas medidas como a eliminación dunha das dúas cámaras, a abolición do financiamento público dos partidos, a elección directa dos políticos polos cidadáns, a abolición dos postos vitalicios e a cancelación da contribución estatal aos xornais dos partidos[42].

É partidario das unións civís seguindo o modelo británico e declarou que un político non debe ver o matrimonio como un sacramento [43]. Votou contra das nucleares no referendo de 2011. Partidario de modificar a lei electoral italiana para o Parlaento europeo, reuniuse con Silvio Berlusconi para propoñeren unha nova lei electoral baseada nun colexio plurinominal con eventual dobre quenda e premio á maioría[44].

Obra

Notas

🔥 Top keywords: