Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas

A nomenclatura das unidades territoriais estatísticas, coñecida como NUTS (polas siglas en francés, Nomenclature d'unités territoriales statistiques) é unha forma de clasificación territorial que se utiliza na Unión Europea con fins estatísticos.

Historia e características

Foron creadas pola Oficina Europea de Estatística (Eurostat) para dar uniformidade ás estatísticas rexionais europeas e son utilizadas, entre outras cousas, para a redistribución rexional dos fondos estruturais da UE.

Foron aprobadas, pola Lexislación Comunitaria, en 1988, pero non foi até o ano 2003 cando entraron plenamente en funcionamento no regulamento do Parlamento Europeo.

A nomenclatura NUTS ten unha estrutura xerárquica de tres niveis, dos que as rexións NUTS-1 representan a xerarquía maior, e dous niveis de unidades administrativas locais (en inglés LAU) que tamén se chaman NUTS niveis 4 e 5.

Criterios de clasificación

O establecemento das unidades territoriais baséase, en principio, nas unidades administrativas xa existentes en cada un dos Estados membros.

Por unidade territorial enténdese unha rexión xeográfica cunha autoridade administrativa establecida e con competencia institucional e legal no Estado en cuestión. Os niveis de NUTS nos que se divide unha unidade administrativa son dependentes dos límites de poboación que fixa a táboa seguinte:

NivelPoboación máximaPoboación mínima
NUTS 17.000.0003.000.000
NUTS 23.000.000800.000
NUTS 3800.000150.000

Os códigos NUTS comenzan coas dúas letras do código ISO 3166-1, excepto no Reino Unido que utiliza UK no canto de GB. Engádense unha, dúas ou tres cifras para os códigos NUTS de nivel 1, 2 ou 3, respectivamente.

Espérase que a medio prazo cada un dos Estados membros teñan adecuada a súa estrutura administrativa ao modelo proposto pola UE. Nalgúns casos, como o é España, os niveis de NUTS quedaron practicamente igual á organización político-administrativa existente, con tan só unha agrupación de Comunidades Autónomas no NUTS-1. Noutros casos, como en Portugal ou no Reino Unido, tivéronse que modificar profundamente as unidades territoriais clásicas para conformar un mapa máis funcional e equiparábel ao resto dos países membros.

Modelo de división europea por NUTS

NUTS-1
NUTS-2
NUTS-3
EstadoNUTS-1NUTS-2NUTS-3
EU-27-97-271-1303
AlemañaDEEstados Federados16Rexións¹41Distritos439
AustriaATGrupos de estados*3Estados federados9Grupos de Distritos*35
BélxicaBERexións3Provincias11Distritos43
BulgariaBGRexións económicas2Rexións de planeamento6Provincias28
República ChecaCZ1Grupos de Distritos*8Distritos14
ChipreCY111
DinamarcaDK11Distritos15
EslovaquiaSK1Grupos de Distritos*4Distritos8
EsloveniaSI11Rexións12
EspañaESGrupo de Comunidades Autónomas*7Comunidades Autónomas17Provincias50
Ceuta e Melilla22
EstoniaEE11Grupos de Distritos*5
FinlandiaFIFinlandia continental1Grandes áreas*4Rexións19
Åland111
FranciaFRGrupos de Rexións*8Rexións22Departamentos96
Territorios de Ultramar1Departamentos de Ultramar4Departamentos de Ultramar4
GreciaGRRexións*4Periferias13Prefecturas51
HungríaHUGrupos de Rexións*3Rexións²7Condados + Budapest20
IrlandaIE1Rexións*2Grupos de Condados*8
ItaliaITGrupos de rexións*5Rexións20Provincias110
LetoniaLV11Grupos de Distritos*6
LituaniaLT11Distritos10
LuxemburgoLU111
MaltaMT11Illas2
Países BaixosNLRexións*4Provincias12Grupos de municipios*40
PoloniaPLGrupos de Voivodatos*6Voivodatos16Grupos de Distritos*45
PortugalPTPortugal Continental1Rexións5Grupos de Municipios*30
Azores e Madeira222
Reino UnidoUKRexións de Inglaterra9Grupos de Condados*30Grupos de Distritos*93
Gales1Rexións*2Grupos de condados*12
Escocia1Rexións*4Grupos de Condados*23
Irlanda do Norte11Grupos de Distritos*5
RomaníaROMacrorrexións4Rexións8Condados + Bucarest42
SueciaSE1Rexións*8Provincias21
Candidatos-15-31-112
CroaciaHR1Rexións3Condados21
IslandiaIS112
Macedonia do NorteMK118
TurquíaTRRexións12Subrexións26Provincias81
EFTA-3-15-46
LiechtensteinLI111
NoruegaNO1Rexións7Condados19
SuízaCH1Rexións7Cantóns26

(*) Unidade que non corresponde con ningunha división oficial actual no país en cuestión, pero que se acepta con fins estatísticos.

(¹) NUTS-2 en Alemaña = 41 unidades

(²) Desde 1999 aprobadas polo goberno húngaro para axustarse aos criterios europeos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: