P. K. Subban

xogador de hóckey sobre xeo canadense

Pernell Karl "P. K." Subban,[1] nado o 13 de maio de 1989 en Toronto (Ontario, Canadá) é un xogador profesional de hóckey sobre xeo canadense. Subban foi seleccionado na segunda rolda do draft de 2007 no posto 43 polos Montreal Canadiens, equipo do que foi capitán. Xoga na posición de defensa e o seu equipo na tempada 2016-17 eran os Nashville Predators. En 2013, gañou o James Norris Memorial Trophy, e foi xunto con Kris Letang como máximo anotador entre todos os defensas.

Infotaula de personaP. K. Subban

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Pernell Karl Subban Editar o valor em Wikidata
13 de maio de 1989 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Toronto, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónRunnymede Collegiate Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Peso93 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaCanadá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
LigaNational Hockey League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefenseman (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mano para tirarright-handed shot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Convocado porCanadiens de Montréal, 43º (2007) Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
 Equipoenllaç=enllaç=
2005-2009 Belleville Bulls (en) Traducir
2009-2010 Hamilton Bulldogs (en) Traducir
2010-2016 Canadiens de Montréal
2016- Nashville Predators Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 2014Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 (1º) (medalla de ouro olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaLindsey Vonn (2018–2020) Editar o valor em Wikidata
IrmánsMalcolm Subban (pt) Traducir e Jordan Subban (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpksubban.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: PKSubban1 Editar o valor em Wikidata

Internacionalmente, Subban gañou a medalla de ouro coa selección canadense nos Xogos Olímpicos de 2014 celebrados en Sochi (Rusia).

Vida persoal

Subban asinando autógrafos en 2013.

Os pais de Subban emigraron a Ontario dende o Caribe nos anos 1970s. O seu pai Karl trasladouse de Xamaica a Sudbury, e súa nai, Maria, dende Montserrat a Hamilton. Karl é un director de escola retirado.[2] P. K. naceu en Toronto, e tivo catro irmáns: Nastassia, Natasha, Jordan e Malcolm.[3] P. K., Malcolm e Jordan xogaron nos Belleville Bulls durante a súa etapa júnior. Ao medrar, Subban e o número un do draft da NHL en 2009 John Tavares fixéronse bos amidos.[4] Malcolm é porteiro e foi elixido polos Boston Bruins na primeira rolda do draft de 2012, mentres que Jordan foi elixido na cuarta rolda do draft de 2013 polos Vancouver Canucks.[5]

Traxectoria

Subban pasou a súa carreira júnior nos Belleville Bulls da Ontario Hockey League (OHL). Na tempada 2005–06 conseguiu un rexistro de 12 puntos nunha campaña como novato na que xogou 52 partidos. Na Tempada 2006–07 conseguiu 56 puntos en 68 partidos. Subban foi seleccionado polos Canadiens na post-tempada. Na tempada seguinte conseguiu 48 puntos en 58 partidos, antes de engadir 23 puntos e igualar o total de goles na tempada regular nos play-offs. Axudou a Belleville a alcanzar as finais da J. Ross Robertson Cup Fronte aos Kitchener Rangers, contra os que perderían en sete partidos. Logo dunha tempada júnior na que conseguiu 76 puntos en 56 partidos na tempada 2008-09, Subban asinou un contrato por tres anos cos Canadiens.[6]

Subban foi asignado aos Hamilton Bulldogs da American Hockey League (AHL) para comezar a tempada 2009–10. Foi elixido para xogar o 2010 AHL All-Star Game en Portland. pouco despois, foi chamado por primeira vez polos Canadiens o 11 de febreiro de 2010. Ao día seguinte anotou o seu primeiro punto na NHL, unha asistencia, no seu debut fronte aos Philadelphia Flyers o 12 de febreiro.

O 26 de abril de 2010, Subban foi chamado polos Canadiens durante a primeira rolda dos play-offs fronte aos Washington Capitals,[7] anotando o seu primeiro punto nos play-offs da NHL, unha asistencia, o 26 de abril de 2010.[8] O seu primeiro gol chegou no primeiro partido da segunda rolda das series polo título dos Canadiens fronte aos Pittsburgh Penguins o 30 de abril de 2010.[9] No terceiro partido da final de conferencia de 2010 fronte aos Philadelphia Flyers, Subban converteuse no primeiro defensa rookie en conseguir tres asistencias nun partido.[10] En total, Subban rexistrou un gol e oito puntos en 14 partidos de play-off cos Canadiens.

Despois de que os Canadiens foran eliminados polos Flyers, Subban regresou aos Bulldogs, que aínda mantiñan opcións nos play-offs da Calder Cup.[11] Subban recibiu o President's Award da AHL como recoñecemento aos seus logros na tempada 2009–10.[12]

Subban no 2010 AHL All-Star Game.

O 20 de marzo de 2011 converteuse no primeiro defensa novato dos Canadiens en anotar un hat-trick nun partido. Este feito tivo lugar na vitoria por 8-1 do equipo de Montreal fronte aos Minnesota Wild.[13]

Xogando 81 partidos na tempada 2011–12, Subban anotou sete goles e 29 asistencias. Subban perdeuse os catro primeiros partidos da tempada 2012-13 ao ser axente libre logo da tempada 2011-12 mentres as dúas partes negociaban o contrato. O 28 de xaneiro de 2013 asinou un acordo por dous anos coa franquía de Montreal por 5,75 millóns de dólares.[14]

Subban rexistrou 11 goles e 27 asistencias, conseguindo o seu récord persoal con 38 puntos malia ter xogado só 42 partidos nunha tempada reducida a causa do lockout. Ao final da tempada 2012–13, Subban gañou o James Norris Memorial Trophy, entregado ao mellor defensa da NHL.[15]O 3 de xullo de 2013, Subban foi nomeado para o Primeiro Equipo All-Star da NHL.

Subban xogou 82 partidos na liga regular da tempada 2013–14, na que conseguiu 53 puntos, con 10 dos puntos en goles, e foi un dos asistentes máis importantes de Montreal nos play-offs, conseguindo 14 puntos en 17 partidos.

Subban converteuse en axente libre ao final da tempada 2013-14, cando finalizou o seu contrato. De acordo co Convenio Colectivo da NHL (NHL CBA), Subban gañou o dereito á arbitraxe salarial, tendo asinado o seu primeiro contrato entre os 18 e os 20 anos e tendo acumulado catro anos de experiencia profesional ou máis.[16] Solicitou a arbitraxe antes da data límite de 5 de xullo.[17] A audiencia tivo lugar o 1 de agosto, con Subban pedindo un acordo dun ano por 8,5 millóns de dólares e os Canadiens 5,5 millóns.[18]

Baixo as regras do Convenio Colectivo, as partes poden seguir negociando ata que o árbitro anuncie a súa decisión, emitida 48 horas despois da audiencia. Como a arbitraxe foi solicitada polo xogador, unha vez que o árbitro emitiu a súa decisión, o equipo tivo 48 horas para poñerse de acordo nos termos ou deixalo, convertendo a Subban en axente libre sen restricións.[19] O día despois da audiencia, o 2 de agosto de 2014, anunciouse que Subban e os Habsacordaran os termos dun contrato de oito anos por 72 millóns de dólares, ampliándose ata a tempada 2021-22.[20] Este contrato o converteu no defensa mellor pagado e o terceiro xogador mellor pagado da liga no momento.[21]

O 15 de setembro de 2014, Subban foi nomeado capitán dos Canadiens xunto con Max Pacioretty, Tomáš Plekanec e Andrei Markov.[22]

Carreira internacional

Cadro de medallas
Hóckey sobre xeo
Xogos Olímpicos de Inverno
OuroSochi 2014{{{2}}}
Campionato do mundo
OuroCanadá 2007{{{2}}}
OuroRepública Checa 2009{{{2}}}

Subban debutou internacionalmente coa selección do Canadá no campionato do mundo júnior de hóckey sobre xeo 2008, celebrado na República Checa. Tivo un tempo limitado no xeo como sétimo defensa do Canadá, mais foi capaz de axudar ao equipo a conseguir a súa cuarta medalla de ouro consecutiva no torneo, derrotando a Suecia na prórroga da final. Subban representou de novo ao Canadá no campionato do mundo júnior de hóckey sobre xeo 2009 celebrado en Otava, tendo un papel máis importante no equipo. Anotou tres goles e nove puntos, e un diferencial de +12 no torneo, axudando ao Canadá a conseguir a súa quinta medalla de ouro consecutiva tras derrotar de novo a Suecia na final. Subban formou parte do Equipo All-Star do torneo xunto co MVP e amigo achegado seu John Tavares.

Subban foi invitado a participar no Campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2012, mais lesionouse durante a preparación do campionato. Subban foi posteriormente chamado para xogar coa selección canadense no Campionato do mundo de hóckey sobre xeo 2013. Uniuse ao equipo no partido de cuartos de final, no que os canadenses perderon fronte a Suecia. Subban formou parte do equipo do Canadá durante o Xogos Olímpicos de 2014, conseguindo a medalla de ouro.[23]

Estatísticas

Subban cos Montreal Canadiens en 2012.

Liga regular e play-offs

  Liga regular Play-offs
TempadaEquipoLigaPXGAPtsPIMPXGAPtsPIM
2005–06Belleville BullsOHL5257127030002
2006–07Belleville BullsOHL681541568915581326
2007–08Belleville BullsOHL5883846100218152328
2008–09Belleville BullsOHL5614627694173121522
2009–10Hamilton BulldogsAHL7718355382737106
2009–10Montreal CanadiensNHL20222141786
2010–11Montreal CanadiensNHL7714243812472242
2011–12Montreal CanadiensNHL8172936119 — — — — —
2012–13Montreal CanadiensNHL4211273857522431
2013–14Montreal CanadiensNHL821043538117591424
Totais na NHL284421231673834310203063

Internacionais

AnoEquipoEventoResultado PXGAPtsPIM
2006Canadá OntarioWHC175th50110
2008CanadáWJC 70002
2009CanadáWJC 63696
2013CanadáCM5th10000
2014CanadáOli 10000
Totais júnior1837108
Totais sénior20000

Premios e recoñecementos

LigaPremioAno
OHLPrimeiro Equipo All-Star2009
AHLAll-Rookie Team2010
AHLPresident's Award2010
NHLAll-Rookie Team2011
NHLJames Norris Memorial Trophy2013
NHLPrimeiro Equipo All-Star da NHL2013

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Erik Karlsson
Gañador do James Norris Memorial Trophy
2013
Sucesor:
Duncan Keith