Xogos Olímpicos de Inverno de 2014

Xogos olímpicos de inverno

Os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 celebrados na cidade rusa de Sochi entre o 7 e o 23 de febreiro de 2014, son os 22º Xogos de Inverno, e están organizados polo Comité Organizador de Sochi ao igual que os Xogos Paralímpicos.

Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de Inverno de 2014
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
Nome oficialXXII. Olympesch Wanterspiller Editar o valor em Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Inverno Editar o valor em Wikidata
LemaHot. Cool. Yours Editar o valor em Wikidata
DeporteDeporte de inverno Editar o valor em Wikidata
Composto porPatinação de velocidade nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014
Snowboard nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014
Skeleton nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2014 +
../... 16 Editar o valor em Wikidata
Número de participantes88
2.780 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos98 Editar o valor em Wikidata
LocalizaciónClareira Vermelha (pt) Traducir (Resort Town of Sochi (en) Traducir)
Sochi (Resort Town of Sochi (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
PaísRusia Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo7 de febreiro de 2014 – 23 de febreiro de 2014 Editar o valor em Wikidata
Número de edición22  (2014) Editar o valor em Wikidata
Aberto oficialmente porVladimir Putin Editar o valor em Wikidata
Xuramento feito porRuslan Zakharov (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Facho acendido porVladislav Tretiak Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor em Wikidata
Facebook: sochi2014 Twitter: Sochi2014 Instagram: sochi2014 Youtube: UC5gIZK2hXl6M7ErAsB3Q97w Flickr: 43767123@N02 Editar o valor em Wikidata

2010 Editar o valor em Wikidata
2018 Editar o valor em Wikidata
Cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Sochi

Elección da sede

Sete cidades presentaron a súa candidatura ante o COI, que desbotou catro o 22 de xuño de 2006: Almati, Borjomi, Jaca e Sofía, chegando á final as localidades de Sochi, Salzburgo e Pyeongchang. Durante a 119ª sesión do COI celebrada en Guatemala elixiuse o 4 de xullo de 2007 a cidade de Sochi como a organizadora dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 tras caer Salzburgo na primeira rolda e vencer a Pyeongchang na segunda rolda.

Celebración en Sochi da elección da cidade como organizadora dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014
Resultado da votación do COI
CidadePaís1ª Rolda2ª Rolda
Sochi Rusia3451
Pyeongchang Corea do Sur3647
Salzburgo Austria25

Organización

Emblema

Emblema olímpico nunha moeda rusa

O emblema oficial creouno a axencia internacional de mercadotecnia Interbrand que o presentou o 1 de decembro de 2009 en Moscova. Por primeira vez na historia dos emblemas olímpicos presenta un enderezo electrónico, sochi.ru. Tipograficamente Sochi e 2014 son case simétricos, coma un espello, ilustrando o feito que a cidade de Sochi é o punto onde se encontra o mar Negro e as montañas do Cáucaso que se reflicten nese mar[1].

Mascotas

A cidade de Sochi realizou unha consulta popular o 2 de marzo de 2008, coincidindo coas eleccións presidenciais, para elixir unha mascota para os xogos, saíndo vencedora un golfiño esquiador da autoría de Olga Belyaeva [2]. Así e todo os organizadores decidiron pospoñer a elección e o 1 de decembro de 2010 anunciouse que se ía elixir nunha competición nacional organizada conxuntamente co xornal Izvestia, presentáronse 24.048 propostas. A elección final realizouse no programa de televisión Talismaniya Sochi 2014 o 26 de febreiro de 2011, resultando elixidos o leopardo das neves Barsik, a lebre Zaika e o oso polar Mishka, que representan respectivamente o ouro, a prata e o bronce do podio olímpico. Houbo algunha controversia na elección por unha posible fraude no voto telefónico que puxo en cabeza ao leopardo das neves, o candidato favorito de Vladimir Putin[3].

Seguridade

Os atentados de decembro de 2013 en Volgogrado que se produciron semanas antes do comezo dos Xogos, fixeron que aumentasen as medidas de seguridade en torno a celebración das Olímpiadas, mobilizando a máis de 100.000 policías e militares, no recinto olímpico desprazáronse arredor de 40.000 policías, que recibiron adestramento para conversar nun nivel básico en tres linguas (inglés, alemán e francés)[4]. Ademais de 5000 cámaras, utilización de drons, misis terra-aire, sistemas sofisticados de vixilancia aérea e submarina, incluíndo seis baterías Pantsir S-1 para intentar asegurar unha protección completa arredor da vila olímpica, mais tamén navíos de guerra e submarinos rusos, asistidos por unha fragata e un navío de mando americanos. Todas as comunicacións están baixo vixilancia do sistema SORM da FSB[5]. Todas as manifestacións, marchas, demostracións e protestas organzadas a partir do 7 de xaneiro e ata o 21 de marzo na área teñen que contar coa aprobación do servizo de intelixencia, a policía e o goberno local [6]

A xendarmería do ministerio do interior conta con 10.000 efectivos na zona[7], dedicados principalmente á previr accesos non autorizados nas instalacións deportivas e nas zonas residenciais, e algúns efectivos tamén están ao cargo do mantemento da orde pública canda a policía.[8].

Arredor de 400 cosacos chegaron a Sochi a primeiros de xaneiro para axudar as forzas de seguridade, coa misión de acompañar ás patrullas de policía vestindo o seu uniforme tradicional.[9], autorizados por lei a comprobar documentos de identidade e levar os sospeitosos ás comisarías de policía.[10] A 58º unidade do exército das Forzas Armadas Rusas, composto por uns 70.000 soldados, patrullan a achegada fronteira con Xeorxía.[11]

Instalacións deportivas

Localización do Parque Olímpico, ao sur, e do Complexo de montaña, ao norte

Os Xogos Olímpicos de 2014 celébranse en dúas áreas diferentes: o Parque Olímpico de Sochi, localizado en Adler un arrabalde de de Sochi, onde se celebran os deportes de interior e o complexo de montaña de Krasnaia Poliana situado a 60 km do centro de Sochi e a 40 de Adler

Parque Olímpico de Sochi

Disposición das instalacións do Parque Olímpico de Sochi

O Parque Olímpico de Sochi construíuse na costa do mar Negro no val de Imeretin, a uns catro quilómetros da fronteira de Rusia con Xeorxia[12][13] As instalacións sitúanse arredor dun estanque de auga que serve de marco para a Praza das Medallas, o que permite achegarse a pé desde as instalacións:

Estadio Olímpico de FishtPazo de Xeo de BolshoyArena ShaybaCentro de Patinaxe Adler Arena
40.00012.0007.0008.000
Pazo de Patinaxe Iceberg SkatingCentro de Curling Cubo de XeoVila OlímpicaCentro Internacional de Prensa
Capacidade: 12.000Capacidade: 3.000--

Krasnaia Poliana

Centro de Saltos RusSki Gorki durante a súa construción
  • Complexo de esquí e bíatlon Laura – Bíatlon, esquí de fondo e combinada nórdica
  • Extreme-Park Rosa Khutor – esquí acrobático e snowboard
  • Centro de Esquí Rosa Khutor – esquí alpino
  • Sanki – bobsleigh, luge e skeleton
  • Centro de Saltos RusSki Gorki – saltos de esquí e combinada nórdica
  • Vila olímpica Rosa Khutor

Participantes

Países participantes

A seguinte táboa amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 e o número de atletas representantes:

Lista de nacións participantes

Calendario

CACerimonia de aperturaCompeticións de eventos1Finais de eventosGEGala de exhibiciónCCCerimonia de clausura
Febreiro6
Xov
7
Ven
8
Sáb
9
Dom
10
Lun
11
Mar
12
Mér
13
Xov
14
Ven
15
Sáb
16
Dom
17
Lun
18
Mar
19
Mér
20
Xov
21
Ven
22
Sáb
23
Dom
Eventos
CerimoniasCACC
Bíatlon1111111111111
Bobsleigh1113
Combinada nórdica1113
Curling112
Esquí acrobático11111112110
Esquí alpino111111111110
Esquí de fondo112111121112
Hockey sobre xeo112
Luge11114
Patinaxe artística11111GE5
Patinaxe de velocidade1111111111212
Patinaxe de velocidade sobre pista curta112138
Salto de esquí11114
Skeleton112
Snowboard1111112210
Eventos totais585866675658677398
Total acumulado5131826323844515662677581889598
Febreiro6
Xov
7
Ven
8
Sáb
9
Dom
10
Lun
11
Mar
12
Mér
13
Xov
14
Ven
15
Sáb
16
Dom
17
Lun
18
Mar
19
Mér
20
Xov
21
Ven
22
Sáb
23
Dom
Eventos

Medalleiro

Cadro de Medallas
PosiciónPaís         Total
1 Rusia1311933
2 Noruega1151026
3 Canadá1010525
4 Estados Unidos971226
5 Países Baixos87924
6 Alemaña86519
7 Suíza63211
8 Belarús5016
9 Austria48517
10 Francia44715
11 Polonia4116
12 China3429
13 Corea do Sur3328
14 Suecia27615
15 República Checa2428
16 Eslovenia2248
17 Xapón1438
18 Finlandia1315
19 Reino Unido1124
20 Ucraína1012
21 Eslovaquia1001
22 Italia0268
23 Letonia0224
24 Australia0213
25 Croacia0101
26 Casaquistán0011

Cobertura informativa

Panasonic é o subministrador de imaxe de todas os eventos, incluíndo equipamento para a retransmisión por televisión. O COI capturara a cerimonia de inauguración en 4K-Ultra HD.[15] En moitas rexións, os dereitos de retransmisión negociáronse conxuntamente cos dos Xogos Olímpicos de 2016. Máis de 13.000 [16] xornalistas de todos os medios están acreditados para informar dos Xogos e 94 canles de televisión adquiriron os dereitos de retransmisión. Os dereitos para Rusia vendeunos Sportfive a un consorcio formado por tres emisoras: Perviy Kanal, VGTRK e NTV Plus.[17] Sportfive substituíu a Unión Europea de Radiodifusión como a distribuídora dos dereitos dos Xogos 2014 e 2016 en 40 países[18]. Nos Estados Unidos fíxose cos dereitos a NBC, así como todos os xogos olímpicos ata 2020.[19]

Críticas

A elección dunha cidade rusa foi obxecto de fortes críticas por parte de certos medios e personalidades arredor de asuntos como a liberdade de prensa, por mor de numerosas intervencións da policía nos medios rusos[20],[21], a liberdade sexual dos atletas posta en cuestión polas novas leis rusas prohibindo a difusión de mensaxes homosexuais aos menores[22], a utilización de gran número de traballadores migrantes, arredor de 60.000 obreiros empregados nas obras de construción dos complexos olímpicos, traballando en condicións difíciles cando non explotados[23][24], a denuncia de organizacións ecoloxistas que afirman que as obras non tiveron en conta o impacto ecolóxico [25], a revisión á alza dos investimentos, estimados oficialmente en 36 mil millóns de euros[26], orzamentos que serviron principalmente para construír a vila olímpica e as construcións deportivas mais tamén un aeroporto, un porto marítimo, 200 km de vías de ferrocarril, 400 km de estradas, 77 pontes, 12 tuneis e outras obras de infraestrutura. Segundo un informe de Boris Nemtsov e Leonid Martynyuk, membros do movemento de oposición Solidarnost[27], unha parte do investido serviu para o enriquecemento de Vladimir Putin e de grandes fortunas, representando a corrupción segundo diversas estimacións entre o 20% e o 50% dos gastos[28].

Notas

🔥 Top keywords: