Padroeiro

santo titular ou virxe que se considera protector dunha nación, localidade, grupo de persoas etc.

Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o patrón,[1] padrón,[2] padroeiro[3] ou avogado[4] é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...[5]

Santiago o Maior (representado como Santiago Matamouros), patrón de Galiza e de varias parroquias galegas.

A veneración cara aos santos: os santos patróns

San Xosé é o santo patrón dos carpinteiros, enxeñeiros, e traballadores.

O Concilio Vaticano II expresou o vínculo de veneración cara aos santos cuxos carismas os facían recomendables á devoción e imitación dos fieis.

En España (mais sobre todo en Galiza) a maior parte das localidades teñen un patrón e unha patroa, en cuxa honra se celebran as festas maiores da localidade. Os patróns son santos ou advocacións de Cristo e as patroas santas ou advocacións da Virxe María.

En Galiza adoita ser moi importante, xa que as festas maiores honran o patrón. Por exemplo, en San Lourenzo de Belesar as festas patronais honran a San Lourenzo; o Belesar de Chantada a San Bertomeu e o Belesar de Vilalba a San Martiño.

Advocacións das parroquias

As parroquias católicas adoitan estar baixo a advocación dun santo. Non debe confundirse haxiotopónimo, pois son distintos en que:

  • unha advocación é máis inestable no tempo e no espazo, pois a igrexa católica pode mudala, modificar a parroquia (disolvela, segregala ou xuntala con outra) ou instaurar varias advocacións simultáneas (San Cosme e San Damián, por exemplo teñen certa tendencia a ir xuntos, ademais de que en moitas parroquias galegas hai un santo ou unha santa e ademais unha Virxe guardiá); pola contra, un haxiotopónimo é o nome dun lugar e non desaparece ata que alguén non lle chame así a ese sitio (lamentablemente con frecuencia crecente debido á desaparición ou emigración da xente maior e ó esquecemento da xente nova);
  • unha advocación segue sentíndose como nome de persoa, mentres que un haxiotopónimo perde esta transparencia semántica;
  • a evolución fonolóxica dunha advocación é máis conservadora pois aínda é transparente (Sanctus Facundus > San Fagundo), mentres que un haxiotopónimo tamén segue as leis fonéticas de evolución da lingua pero podendo diverxer da lingua común (Sanctus Bartolomeus > Samertolameu; Sanctus Hadrianus > Santradán (Cobres, Vilaboa), os dous na Comarca do Morrazo; Sanctus Genesius > concello de Sanxenxo na provincia de Pontevedra; Sanctus Tirsus > concello de Santiso na provincia da Coruña);
  • unha advocación sempre se refire a unha parroquia, mentres que un haxiotopónimo pode remitirse a unha leira, unha vila ou unha superficie moito maior (por exemplo, os concellos de Santa Comba ou San Sadurniño, na provincia da Coruña ou San Amaro na provincia de Ourense);
  • unha advocación pode ser composta, pero só dentro dos límites do repertorio do santoral, mentres que un haxiotopónimo ten moita maior variación (San Xoán de Río, San Cristovo de Cea ou San Cibrao das Viñas na provincia de Ourense ou Santiago de Compostela na provincia da Coruña, tamén concellos);

Algúns patróns

A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros.
San Brais, santo patrón dalgunhas parroquias galegas, tamén o é dos enfermos de gorxa.
San Cristovo, patrón dos condutores.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: