Pardal do deserto

O pardal do deserto (Passer simplex) é unha especie de ave paseriforme da familia dos paséridos pertencente ao xénero Passer.

Pardal do deserto
Passer simplex
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Clase:Aves
Orde:Passeriformes
Suborde:Passeri
Infraorde:Passerida
Superfamilia:Passeroidea
Familia:Passeridae
Xénero:Passer
Especie:P. simplex
Nome binomial
Passer simplex
(Lichtenstein, 1823)
Distribución das subespecies
Distribución das subespecies

Distribución das subespecies

Características

É un pequeno paseriforme, que habita en zonas desérticas. Está perfectamente adaptado ás condicións do hábitat. Prefire criar en oasis ou en ríos secos con algo de vexetación[2][3] En lugares habitados polo home sofre a competencia de especies invasoras como a pomba, a rula común ou o pardal común.[3]

Distribución

É unha ave moi característica do Sáhara, todo o norte de África e as zonas desérticas de Asia Central.[2][3] En África localízanse dúas subespecies: a Passer simplex simplex e a Passer simplex saharae.[2][3] Existe unha terceira subespecie localizada en Irán, Turkmenistán e Uzbekistán. Esta subespecie coñécese como pardal de Zarudny (Passer simplex zarudnyi), sendo considerada por algúns expertos coma especie propia, debido a súa falta de dimorfismo sexual, que é moi marcado nas outras dúas subespecies.[2][3] (Ver taxonomía).

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1823 polo médico, explorador e zoólogo alemán Martin Lichtenstein, nun traballo publicado en Verzeichnis der Doubletten des Zoologischen Museums der Koeniglichen Universität zu Berlin, 1823: 21, baixo o nome de Frigilla simplex.[4]

En 2009, Kirwan et al. consideraron a subespecie Passer simplex zarudnyi como especie inependente, Passer zarudnyi.[5][6]
O Congreso Ornitolóxico International aceptou este cambio na súa clasificación de referencia, versión 3.5 (2013).

Subespecies

Segundo a clasificación de referencia aludida, este paxaro comprende só 2 subespecies:

  • Passer simplex simplex (Lichtenstein, 1823)
  • Passer simplex saharae Erlanger, 1899

Porén, o ITIS segue a considerar a día de hoxe as tres subespecies antecitadas:[7]

  • Passer simplex saharae Erlanger, 1899
  • Passer simplex simplex (Lichtenstein, 1823)
  • Passer simplex zarudnyi Pleske, 1896

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International.
  • Kirwan, G. M.; M. Schweizer, R. Ayé & A. Grieve (2009): "Taxonomy, identification and status of Desert Sparrows", Dutch Birding, 39: 139-158.
  • Sangster, G.; J. M. Collinson, P.-A. Crochet, A. G. Knox, G. T. Parkin & S. C. Votier (2013): "Taxonomic recommendations for Western Palearctic birds: ninth report", Ibis, 155 (4): 898-907.

Outros artigos

Ligazóns externas